VERBAS

Por Espiñeira

ROUCO

Rouco é o timbre de voz cavernoso, cun son áspero, roufeño. A forma do étimo latino raucus é a fonte de onde tamén proveñen o rouco portugués, o provenzal rauc, o francés rauque ou mesmo, máis aló da canle da Manga, o inglés raucous.

Doutra beira, a forma ronco, presente no español e no italiano, resulta dun cruce léxico de rouco con roncar. A proximidade formal e semántica levou á confusión entre estes dous vocábulos. Así e todo, é doado diferencialos. A persoa rouca ten rouqueira ou rouquén, unha disfonía ou perturbación da voz que se caracteriza por un ton baixo, ás veces malsoante. A persoas que roncan –din que máis os homes cás mulleres- nin se enteiran. Só quen dorme á beira de quen ronca padece esa perturbación da voz caracterizada por un ton baixo, malsoante e que ás veces chega a facerse rouco.

Rouco

Rúa pontevedresa que fai referencia ao vello camiño paralelo á muralla medieval.


Verba seguinte: RÚA // Verba anterior: RIR // TODAS AS VERBAS


ogalego.eu
Preparación ABAU
Léxico (exercicios)
2005-2024
Letras de cantigas galegas
Suxestións: ogalego@galicia.com