VERBAS

Por Espiñeira

COMO SE DI “CHAVE INGLESA” EN INGLÉS?

O galego é útil. Iso non precisa xustificación. É o noso idioma. É a lingua propia de Galicia. Agora ben, aprender galego devén tamén útil fóra da propia lingua, alén da lingua propia. Nestas páxinas achego unha escolma de termos que teñen equivalencia formal noutras linguas, parónimos cunha etimoloxía en común. Dun xeito natural, a lingua galega fai de lingua franca, de ponte entre cognados. Quen sabe galego sabe latín.

Non se trata dun novo dicionario multilingüe. Non se ten en conta a equivalencia semántica nin a tradución, senón o parentesco léxico, isto é, a formación etimolóxica común e as semellanzas morfolóxicas e ortográficas -non fonéticas-, aínda que as acepcións de uso poidan ás veces presentar diverxencias. Un exemplo: o significado do termo pobo ten tradución no francés gens e no italiano persone, mais o que aquí interesa non é iso senón a relación gráfica, léxica ou morfolóxica do noso pobo con outros termos como o francés peuple, o italiano popolo ou mesmo co inglés people.

Convén aproveitar o feito de termos unha lingua que pode ser para nós un latín do século XXI, unha chave que abre as portas doutras linguas. O que temos diante nosa é unha proposta aberta, que enceta, non pecha, por se tratar tan só dunha cativa escolma. Se che interesa saber máis da nosa chave ou mesmo da chave inglesa, tes a man estas verbas.

Nunha aldea cada día máis globalizada, nun mundo feito hoxe de moitas voces, ter bo dominio da propia facilita a aprendizaxe das demais linguas: francés, latín, catalán, italiano, inglés, romanés etc… en galego.

(ogalego.eu acolle estes máis de cen textos, estas verbas de Espiñeira)


VERBAS

Abur Estreito Muxir Serán
Agre Eu Néboa Sinatura
Áncora Face Noite Solo
Año Feble Nome Sono-Soño
Árbore Feitizo Nu Suco
Artigo Ficar Ollo Taxa
Bo Fiestra Onda Tépedo
Cadeira Fol Palla Testa
Can Furar Pálpebra Torto
Capela Fusco Paxaro Tremer
Cativo Gaiola Peixe Ulo?
Cela Golpe Pobo Vergoña
Ceo Gorxa Pranto Verme
Chaga Grade-Grella Prea Vespa
Chan Homadas Pregar Vulto
Chave Lar Premer Xeito
Conquerir Lecer Ras Xemer
Costume Lene Rella Xenxiva
Coxa Longa Rir Xeo
Culler Mágoa Rouco Xexún
Deus Marmelo Rúa Xiringa
Encher Marxe Rubio Xogo
Enxeño Mellor Saia Xornal
Ervella Mexer Xugo
Escoita, meu Mol Sebe  
Esparexer Morno Século  
Estrada Murar Seixo  

Suxestións: ogalego@galicia.com // ogalego.eu/ogalego.gal // O Portal das Palabras


Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.
Verbas