ogalego.eu
Vilar Ponte, homenaxe de ogalego.eu
Adverbio
Verbo 1
qr
Foto: Vilar Ponte, galeguista das Irmandades da Fala

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

VERBO 2


1.- Copretérito de indicativo

2.- Antepretérito de indicativo

3.- Pretérito de subxuntivo

4.- FACER, OÍR, DICIR, QUERER

5.- VIR, VER, TER, SER

6.- Formas verbais varias

7.- Futuro de subxuntivo

8.- Participio

9.- Infinitivo persoal I

10.- Infinitivo persoal II

11.- Infinitivo persoal III

12.- Perífrases verbais

Verbo 1:

1.-Analizar formas verbais 

2.- Analizar abertura 

3.- Valor dos tempos 

4.- Poñer en presente 

5.- Poñer en pasado 

6.- Poñer en presente 

7.- Transformar con quizais 

8.- Cambiar de persoa 

9.- Copretérito para pretérito 

10.- Futuro para presente 

11.- Cambiar para pasado 

12.- Poñer en presente



VERBO REGULAR (conxugación)

TAMÉN SE PODE ACUDIR AO CONXUGADOR EN LIÑA CELENIS


1.-Poñer o verbo que vai entre parénteses no copretérito de indicativo

1. Aquel día (VIR)... algo bébedo o rapaz.

2. Vós ben (VER)... que vos sería imposíbel.

3. Grazas que (TRAER)... connosco un fachón!

4. Entón vós (SER)... uns picariños.

5. Aquela tarde ela (PÓR)... unhas cintas moi lindas.

6. Encontreino cando (IR)... camiño do instituto.

7. Ti sempre (COMPOR)... os desarranxos sen cobrares un can.

8. (IR)... tan contentos que caestes na trampa.

9. E despois (VIR)... queixándose de que non os tratades ben.

10. Cando (DETERSE)... ante un monumento non había quen o movese.

Corrección do exercicio 1 completo


2.- Poñer o verbo que vai entre parénteses no antepretérito de indicativo

1. (HABER)... aquela catástrofe ecolóxica antes de vivirmos na Coruña.

2. Xa (ESTAR)... na casa antes de reformala.

3. (FACELO)... tan ben que non me decatei.

4. Xa o (SABER)... el antes de que eu llo lese en Sermos Galiza.

5. Daquela vez (DETERME)... para evitaren riscos.

6. Díxome que o (QUERER)... rachar onte.

7. Parecíalle que cando (VIR)... a outra vez estaba máis rexo.

8. Nunca (IR)... á Arxentina, mais co aquel do centenario do Centro Galego cumpriu o soño.

9. Antes daquela xa (TER)... outras doenzas similares.

10. Rexeitou o cargo porque xa (SER)... presidente outra vez.

Corrección do exercicio 2 completo

3.- Poñer o verbo que vai entre paréntese no antepretérito de indicativo ou pretérito de subxuntivo, segundo corresponda

1. Se o (SABER)... antes, xa non viriamos.

2. Non chegaba aínda que se (PÓR)... de pé.

3. Dixo que (IR)... xa alí varias veces.

4. Contáronme que (DICIR)... cousas moi interesantes.

5. Cando os colleron xa se (INTRODUCIR)... na fraga.

6. Por moitos cartos que (TER)... non o poderían pagar.

7. Antes de chegaren xa os outros (DESAPARECER)...

8. Gustaríame que me (TOCAR)... a lotería.

9. Aínda non (VIR)... cando nos puxemos a comer.

10. Díxome que (FACER)... varios recados.

11. É fácil que xa (EXISTIR)... eses inventos en 1930.

12. Se mo (DAR)...a min non se perdería.

13. Quen (PODER)... convosco voar!

14. Xa lle (DAR)... o premio Blanco Amor no ano 1983.

15. Eles evitaban que se (FALAR)... do asunto.

16. Dubidaba de que lle (TRAER)... alguén un presente.

17. Nunca (ESTAR)... tan canso como aquel día.

18. Marchou antes de que (COMEZAR)... a conferencia.

19. Pensaba que o discurso lle (SAÍR)... algo frouxo.

20. Negaban que a culpa (SER)... do Uxío.

21. Negábanse a que o xuízo (SER)...a porta pechada.

22. Gastou todo o que (COBRAR)...o día anterior.

23. Aínda non se (FACER)... da sociedade, e xa o querían botar.

24. Oxalá se (PÓR)... bo tempo!

25. Xa lle (TELEFONAR)... cando recibín a carta.

Corrección do exercicio 3 completo


4.- Encher os ocos usando os verbos facer, oír, dicir, querer

1. “Que saia, quen ...”, ... o profesor.

2. ... bo ou mao tempo, ... ese traballo.

3. Falabas baixiño, mais ...che todo o que ...

4. Brais ... as túas palabras con respecto, como ... sempre que ti falas.

5. ... acender o coche e non puideron, ... falta procurar un mecánico.

6. A onde vaias, ... o que vexas facer e ... o que oias dicir.

7. Sempre te ... como hoxe, meu amor; ... o que ti mandes, mesmo ... só os CD que a ti che gusten.

8. Non sei se ... ben, mais ti ... a verdade.

9. Os que ... que marchen, que xa ... mañá os exercicios.

10. A Alba ... que si, ti ... que non e eu xa non lembro o que ...

11. Vós ... gañar antes e ... todo o posíbel para iso.

12. Moisés e Paulo ... a comida na casa e ... que cociñan moi ben.

13. Escoita ben, e cóntasme todo o que lles ..., ti ... como se non lles emprestases atención.

14. Aínda que el non ..., ía ser o mesmo.

15. Vós ... unhas cousas e logo ... outras.

Corrección do exercicio 4 completo


5.- Encher os ocos usando os verbos vir, ver , ter, ser

  1. Bótame unha man,non ... que ... moi cargado.

  2. Ti non ... moi rápido, ... que practicar máis.

  3. Iso ... difícil de conseguir, hai que o ... moi en conta.

  4. Onte ... a carreira de coches, que para iso ... a esta cidade.

  5. Dille que ... por aquí aínda que ... tarde.

  6. Cando o ... dille que ... moito coidado, porque está todo acabado de pintar.

  7. Daquela ... todos os días á miña casa e contábame uns contos que ... moita graza.

  8. Aínda que o ... diante, non o recoñecería, a non ser que ... contigo.

  9. Se non o ... con estes ollos, non o crería, por moi certo que ...

  10. Cando cheguei, xa el ... aquí dúas veces e antes ... que pasar pola túa casa.

  11. Xa ... cando poida, hoxe ... moito que facer.

  12. Onte non ... sorte, outra vez ...

  13. Esta mañá ... escoitar a banda todos nós e tamén ... a sesión de foguetes.

  14. ... aquí, rapaces! ... valentes!

  15. Encina e mais Carme ... á praza mercar verduras e ... a Helena.

Corrección do exercicio 5 completo


6.- Escribir a forma pedida en cada caso

a)

PRESENTE SUBXUNTIVO

PRETÉRITO SUBXUNTIVO

FUTURO SUBXUNTIVO

Eu QUERER

Eu SER

Eu CABER

Ti PODER

Ti TRAER

Ti DAR

El SABER

El CABER

El SABER

Nós VALER

Nós FACER

Nós VALER

Vós CABER

Vós DICIR

Vós QUERER

Eles IR

Eles PÓR

Eles PODER

b)

PRESENTE INDICATIVO

PRETÉRITO INDICATIVO

ANTEPRETÉRITO INDICATIVO

Eu SER

Eu DAR

Eu VIR

Ti DAR

Ti ESTAR

Ti TER

El IR

El VIR

El VER

Nós HABER

Nós TRAER

Nós HABER

Vós TER

Vós CAER

Vós SABER

Eles FACER

Eles FACER

Eles DICIR

c)

Caber: 2ª,pretérito de indicativo

Estar: 4ª, infinitivo conxugado

Dar: 2ª, pretérito de indicativo

Facer: 3ª, presente de indicativo

Dicir: 5ª, antepretérito

Caber: 2ª, futuro de indicativo

Estar: 5ª, futuro de subxuntivo

Facer: 4ª, pospretérito

Dar: 4ª, presente de subxuntivo

Caer: 5ª, pretérito de subxuntivo

Caber: 1ª, presente de indicativo

Dar: 3ª, presente de indicativo

Facer: 2ª, imperativo

Facer: 6ª, antepretérito

Haber: 2ª, presente de subxuntivo

Estar: 4ª, pretérito de subxuntivo

Dar: 3ª, pretérito de indicativo

Haber: 2ª pretérito de indicativo

Dicir: 3ª. presente de indicativo

Facer: 5ª, imperativo

Corrección do exercicio 6 completo


7.- Empregar o futuro de subxuntivo sempre que se poida

  1. Cando atope o enderezo, chamareite.

  2. Teréillelo moi en conta aos que me axuden.

  3. Cando poida, ireite visitar.

  4. Cando poidan, vaian vela.

  5. Faga como queira.

  6. Regálelles algo aos que o axuden.

  7. Déixenme estes pratos ben á vista!

  8. Se quere vela, pague por adiantado.

  9. Cando teña tempo libre, irei a Polonia.

  10. Non paga a pena que te poñas así.

  11. Cando o teñades, pasádemo a min.

  12. Se decidides romper, contratade un avogado.

  13. Quero que deixes as cousas como están.

  14. Só lles recoñecerán os trienios aos que se leven ben co xefe.

  15. Cando teñas acabado o traballo, avisarémoste.

  16. Como sementes e esterques, así recollerás cando segues.

  17. Se che din dous que es burro, ornea.

  18. Corran as cousas como queira: xa pararán de correr.

  19. Por onde vaias, fai como vexas.

  20. Coza quen queira e amase quen saiba.

Corrección do exercicio 7 completo


8.- Indicar o verbo a que corresponde cada unha das formas e tamén outra forma do mesmo verbo que poida ser participio

  1. limpo

  2. canso

  3. farto

  4. comesto

  5. espertado

  6. escolleito

  7. sospeito

  8. chocado

  9. gastado

  10. suxeitado

  11. moído

  12. nado

  13. collido

  14. acendido

  15. prendido

  16. torto

  17. envolto

  18. pago

  19. murchado

  20. retorcido

  21. soltado

  22. recollido

Corrección do exercicio 8 completo


9.- Encher os ocos coas formas correspondentes do infinitivo persoal

  1. Para chegar (nós)... a tempo, cómpre bulir...

  2. Despois de saír (vós)..., fechade a porta.

  3. Ao pendurar (ti)... o xamón, rompiches a cadeira.

  4. Comprou coche para chegar (el)... antes ao traballo.

  5. Enfadeime con eles por falar (eles)... mal de min.

  6. Tireille unha foto para ter (eu)... unha lembranza del.

  7. Non pode haber dificultades para usar (nós)... o galego sempre.

  8. Non poñas tantas dificultades para me emprestar (ti)... o libro.

  9. Non é tan difícil gañar (eles)... a partida.

  10. Sen comprar (vós)... fariña, non poderedes facer o pan.

  11. Ao recoller (ela)... os cinceiros, rompeu un.

  12. Rebaixáronlles o soldo por faltar (eles)... moito ao traballo.

  13. Non se dan posto de acordo para facer (elas)... unha folga polo convenio.

  14. Xa vai sendo hora de rematar (vós)... os exercicios.

  15. Non paga a pena ir (ti)... andando ata o centro.

  16. Sería máis custoso poñer (vós)... a banda ancha.

  17. De sabelo (nós)... xa non estariamos alí.

  18. Por andar (eu)... de esmorga decote, estraguei o fígado.

  19. Sen darlle (vós)... propina, non conseguiredes un bo asunto.

  20. Tiveron que viaxar dous días con motivo de entregarche (eles)... o premio do concurso.

  21. Con andar (ti)... a facer subornos, pouca sona vas coller.

  22. Para arranxarcho (nós)... hoxe, terás que deixalo aquí.

  23. Recoñeceu ser (vós)... os primeiros en chegar (vós)... a Riazor.

  24. Para poder (el)... falar, debe pedir a palabra primeiro.

  25. Paciencia, que non é preciso pórnos (nós)... dese xeito.

Corrección do exercicio 9 completo


10.- Utilizar o infinitivo persoal sempre que sexa posible

  1. Despois de chegar, puxémonos a conversar un anaco.

  2. Por non estudar nada, vas levar un suspenso.

  3. Ao morrer nácese outra vez.

  4. Para chegar a esa conclusión cumpriría ver novas probas, e que nos puxésemos a traballar en serio.

  5. De chegar a algo, non será polos esforzos que ti mesmo fas.

  6. Ao decidir o futuro da empresa cometemos graves erros de apreciación comercial; ben nos debiamos decatar de que a realidade era outra, e pór os alicerces dunha sociedade competitiva nas novas tecnoloxías da información.

  7. Sen realizar algunhas melloras na explotación nunca tiraredes grande rendibilidade; con facer a estabulación libre e uns silos máis amplos, xa poderiades producir a bo prezo na S.A.T. Os Parentes.

  8. Decidimos facer unha longa viaxe aos Estados Unidos para ver o sitio onde caeron as Torres Xemelgas no 2001 e apreciar as belezas da cidade; en caso de acharnos a gusto, prolongariamos a estadía.

  9. Entre saír nós e chegar ti non pasou unha hora.

  10. Perderon unha boa cantidade de diñeiro ao rexeitar o premio por diferenzas coa Xunta.

  11. Gustaríanos moito poder participar nesa competición atlética, facilmente puidésemos chegar á final.

  12. Por non estar na casa non che puidemos entregar os telegramas.

  13. Xa ía sendo tempo de acabar a obra, aínda que, certamente, se che presentaron moitos problemas.

  14. Tras exporlle a cuestión, decidimos actuar, dese o seu consentimento ou non.

  15. Sempre vos repito esta frase: estar vós atentos é moi raro.

  16. Non vos lembrades que a pouco de entrar comezou a orquestra a tocar e xa vos puxestes a bailar?

  17. Con motivo de saír as listas de aprobados demos unha pequena festa.

  18. Ao demostrarlles eu e mais ela que a solución non era esa, puxéronse furiosos, mais non tiveron outro remedio que darche a razón.

  19. Ao chover, énchense de lama as corredoiras.

  20. De encontrar petróleo nas túas terras, converteraste nunha das máis ricas da aldea.

  21. Iso é como confundir o touciño coa velocidade.

  22. Non lle contes o segredo ata marchar.

  23. Despois de reincorporarnos ao traballo teremos que revisar o feito polos substitutos.

  24. Non estaría mal dedicarnos un pouco máis ás lecturas en galego, non só para pasar mellor o tempo, senón para adquirir coñecementos novos sobre a patria.

  25. Xa albiscou algo diso ao saír todos xuntos da cafetería.

  26. Escoitaron moitas felicitacións por ir tan ben conxuntados o martes de entroido.

  27. Prometeunos montóns e moreas por conseguir uns resultados tan satisfactorios.

  28. Falásteslles de todo, desde integrarvos no seu grupo de afeccionados ata construír o desexado veleiro entre todos.

  29. Ao sentar na cadeira, partícheslle unha pata e houbeches caer.

  30. Entre entregar as armas ou morrer coas botas postas, os soldados americanos escolleron o primeiro.

  31. Con estes discursos non fas máis que aborrecernos.

  32. Dedicábase a vixiar o inimigo desde a atalaia.

  33. Con mercarche o negocio non che resolveremos a situación financeira.

  34. De sabelo os enxeñeiros, pódenche retirar o permiso.

  35. Antes que convocar eleccións, preferiron formar outra alianza de dereitas.

  36. Todos foran afacéndose á súa presenza até acabar por acollelo coma un membro máis da familia, aínda que, iso si, sempre mirando de marcar ben as distancias (Apoteose das perchas, Xesús Constela, p. 16)

Corrección do exercicio 10 completo


11.- Transformar as frases utilizando o infinitivo persoal
Por exemplo, cando saímos, chovía: ao saírmos chovía; se o soubeses, contaríalo: de o saberes, contaríalo

  1. Despois de que marchases, púxose a recitar.

  2. Así que llelo contamos, desfacíanse en gargalladas.

  3. Cando o sacaron do coche en chamas, xa era demasiado tarde.

  4. Cómpre que andedes máis lixeiros para que cheguedes con tempo.

  5. Nesta piscina fai falta que saibades nadar.

  6. Non é necesario que vos mergulledes ata o fondo.

  7. Non estaría mal que colleses o primeiro tren para Ourense.

  8. Se foses un bo fillo, faríasme moitos presentes.

  9. Se os indios fosen sempre os bos, esas películas veríanse menos en USA.

  10. Como non vendamos os electrodomésticos, non teremos nin para comer.

  11. Como non te presentes a retreta, darante por desertor.

  12. Para que achásedes ouro, teriades que vir cen anos antes.

  13. Para que mellorasen as publicacións, habería que modernizar a imprenta.

  14. Despois de que saian do prelo, xa faremos a revisión da segunda edición.

  15. Se contásemos con el, non estariamos agora parados.

  16. Non estaría mal que recoñecésedes a nosa superioridade.

  17. Como non te comportes doutro xeito, acábase a amizade.

  18. Para que se conservasen eses animais salvaxes, habería que protexer máis certas paraxes.

  19. Así que llos dei, xa se puxo a espallalos polo chan.

  20. Se fosemos ao Porto, pasariamos por Tui.

Corrección do exercicio 11 completo


12.- Sinalar as perífrases verbais e indicar o seu valor

AXUDA teórica

1. Vou deixar o coche no aparcadoiro, que onte houbéronmo roubar; xa tiña a fechadura un pouco forzada. Cando acabe de pagar a casa, hei de mercar unha praza de garaxe porque quero durmir tranquilo e non ter que andar con preocupacións.

2. Este mes andan a recoller os pexegos. Segundo a televisión, está para mudar o tempo e hai que darse présa.

3. Debe vivir aquí un gaiteiro. Sempre está ensaiando e deberías chamarlle a atención para que non volva a tocar a esas horas da noite.

4. A miña curmá anda para ter un neno. Non ficaba embarazada desde que se puxo a traballar na tenda, e agora volverá pedir a baixa.

5. Puido morrer no accidente e desde entón deu en beber como unha esponxa. Como non deixe de visitar tanto os bares vai acabar con cirrose.

6. Cando rompa a ferver a auga, bótalle as nabizas, que xa han estar medio cocidas noutra pota; báixaslle o lume e, cando remate de ferver, tornas a botarlle máis auga.

7. Boteime a correr detrás del, xa o estaba collendo cando escorreguei e houben caer.

8. Breixo segue sendo un lacazán; leva facendo que traballa moito tempo, porque di que non dá atopado un oficio á súa medida.

9. Ti vai andando diante, que eu xa che levo camiñado moito e estou desfeito.

10. Andas dicindo por aí moitas falsidades. Estás a xogar con pólvora e vaste queimar. Xa sei que non dás controlado, mais iso non é desculpa.

11. En negocios peores me vin eu metido e sempre saín ben librado. Teño feito algún cambio con el e sempre fiquei satisfeito.

12. Anda levado do demo porque ten que facer a declaración da renda e este ano vai pagar o dobre do pasado.

13. Han ser uns vinte. A Uxía tamén quería vir mais non pode porque aínda non acabou de arranxar a horta.

14. Xa vai dito case todo o que tiña preparado. Así que non me vou pór a comezar novos capítulos.

15. Principiou a chover e non deixou de caer auga ata á noite. Debían ser as sete e aínda estaba a decembrar.

16. Houbo aprobar o exame de conducir, só lle faltaron catro preguntas: agora terá que voltar a pagar a matrícula.

17. Chegaron cantando e moi ledos, logo deron en bailar e seguiron cantando ata á alba.

18. Eu podo conseguir o que queira do Marcial, levo abusando del moito tempo e penso seguir igual.

19. Deches entendido ese texto? Eu non, e iso que o levo estudado abondo.

20. Xa lle teño dito moitas veces que hai que andar con ollo, que hai tempo que deixou de estar nos biosbardos.

21. Deben ser as sete e xa han estar no estadio.

22. Coido que es o mellor aínda que sexas castigado a diario.

23. O camiño foi percorrido en menos de tres horas.

Corrección do exercicio 12 completo

2005-2017