ogalego.eu
Francisco Castro, homenaxe de ogalego.eu

Indefinido

Posesivo

qr

PRONOME PERSOAL

1.- Sinalar os pronomes persoais e a súa función
2.-
Frases co pronome de cortesía
3.-
SE
4.-
TE-CHE
5.-
Pronomes átonos de 3ª persoa
6.-
Colocación dos pronomes átonos
7.-
LLO... -LLELO...
8.-
Varias posibilidades de colocación
9.-
Substituír por pronomes
10.-
Pronome de solidariedade
11.-
Explicar a colocación dos pronomes
12.-
Corrixir erros de pronomes
13.- Sinalar os pronomes persoais

14.- Traducir as frases

15.- Substituír o que está entre parénteses por pronomes persoais


1.- Indicar os pronomes persoais e a súa función sintáctica

  1. Quen vos contou onte iso?
  2. Encontreivos na casa almorzando.
  3. Nunca volo ensinarei!
  4. Xa se decidira a iso cando vós chegastes.
  5. Non mas poñas aí que estorban.
  6. Ti escribe o que che pareza.
  7. Déillelas porque non me servían.
  8. Eles lavábanse sempre usando xabón do caro.
  9. Non chas quería nin regaladas.
  10. Vostede faga o que queira.
  11. Comigo aprenderás moito; logo, explicarasllo ao teu irmán.
  12. Se non te convence, únete a nós.
  13. Xa che llelo emprestei onte.
  14. Caéuchevos unha pedra grandísima.
  15. A ela recolleuna seu pai.
  16. Non lles teñas medo, que non te van comer.
  17. Vós nunca vos decatades do que pasa.
  18. Se mos deixas ver, douche un caramelo.
  19. Fanse moitas cousas ao revés.
  20. Anda a convencerse a si mesmo.
  21. Veuno traer onte cando te ías.
  22. Convosco, nós nunca chegaremos a nada.
  23. Escapouche o can? Pois déixao ir en paz.
  24. Moito lle me gusta o caldo de nabizas.
  25. O mellor será deixalos quedar así.
  26. Este can non che me come nada.

2.- Transformar as seguintes frases utilizando os pronomes de cortesía

  1. Xa me diredes vós o que teño que facer.
  2. Non volo quero contar.
  3. Voucho regalar este ano.
  4. Ti xa o sabías daquela.
  5. Púxenchas dentro do armario.
  6. A ti, María, levareite polo camiño da felicidade.
  7. A ver, Antón, déixate de andrómenas!
  8. Non te van incluír na lista de aspirantes.
  9. Sempre che tiven moito respecto.
  10. Gardareiche unhas roscas de Ribadavia.

3.- Colocar, sempre que sexa posíbel, o pronome se no lugar que lle corresponda

  1. Nunca ... arrepentiu... e anos despois ... marchou... de alí.
  2. Agora ... queixa... porque ... casou ... moi novo.
  3. Aquí ... falou... moito del cando ... morreu...
  4. Cando ... foi... da cidade non ... atreveu... a ... despedir...
  5. ...deixou... estar sentado porque xa non ... vía... o sol.
  6. ...lavou... as mans antes de ... comer... unha ameixa.
  7. Este ano ... lembrou... de min e ... puxo... a facer o roscón a tempo.
  8. ...espertou... cedo, ... ergueu... da cama, ... peiteou... e ... botou... á rúa.
  9. Como ... ri... o condenado!, ... merece... un bo premio.
  10. Con este frío ...vai... conxelar... a auga da traída.

4.- Colocar te ou che (o que corresponda), no lugar conveniente

  1. Lembro que ... ollou... fixamente.
  2. Esa luz non é boa para ... proxectar... a imaxe.
  3. Cando ías polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa.
  4. Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito.
  5. Nunca ... convencerá... de marchar.
  6. Non confíes máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión.
  7. E eu que ... coidaba... máis esperto!
  8. Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día.
  9. Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba.
  10. Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida.
  11. Moito ... quere... aínda que non o recoñezas.
  12. Non fagas caso cando ... sorría... así.
  13. Coidado coa praia, ... pode... torrar... o sol.
  14. Foi un veciño quen ... axudou... a subir á maceira.
  15. Hoxe ... gañou... o Pedro, tes que xogar mellor.
  16. Bateu tan forte que ... fendeu... a porta.
  17. A cámara ... enfocou... perfectamente esta vez.
  18. Non traio nada para ti, este ano ... esqueceu... o xefe.
  19. Ese viño ... embebedou... sen ... dares... conta.
  20. Onde ... colocaches... para saíres tan ben na fotografía?
  21. ... repito... o que xa ... contara... na festa.
  22. Tal labazada ... deu... que ... chantou... no chan.
  23. Estabas tan doente que ... tiñan... que ... espir... e todo.
  24. Xa ao entrares, ... recoñecín... pola voz.
  25. Xa estou cansa de ... dicir... que ese guindastre ... pode... esmagar... se ... pos... aí.
  26. Seica ... dixo... o bispo que ... podías... retirar... cando ... parecese... mellor.
  27. Como ... latexa... o corazón, non ... asustes..., que non é para tanto!
  28. Non ... quixen... magoar..., perdoa.
  29. Non fas máis que ... illar... dos compañeiros, tes que ... sentir... cómodo e ... deixar... levar... polo bo humor.
  30. ... vou... quentar... a auga para que ... poidas... bañar... axiña.
  31. Canto ... amou... mentres non o consumiu a enfermidade!
  32. Pensei ... arranxar... o cuarto canto antes.
  33. Xa escampou, ...deixo... o paraugas onde estaba.
  34. En canto ... vendeu... a dorna o señor Pedro?
  35. Si, home, ... botou... fóra por ... soar... o móbil.
  36. Ben me lembro de cando ... bateu... cun croio na cabeza.
  37. Esas cores tan fortes ... poden... producir... molestias na vista.
  38. Se non deixas de facer trasnadas, ... vou... ter... que... pexar... como a un cabalo.
  39. Hai que ver o ben que ... agasallaron... hoxe.
  40. Que ... receitou... dona Inmaculada, esa doutora que tan ben ... cae...?
  41. Por ires ás arrasadeiras ... mallou... o pai.
  42. O luns ... caían... uns lóstregos arrepiantes.
  43. Que ben ... recende... a roupa!
  44. A nugalla non ... deixa... erguer a tempo.
  45. ... retira... de aí ou ... guindo... á auga.
  46. Case ... oín... todo.
  47. ... pon... a comer e que ... aproveite...!
  48. Que ... augurou... a túa fada madriña?
  49. Mañá ... recollerei... os libros.
  50. ... darei... un aprobado para que ... alegres...
  51. Entón ... puxarei... e ti farás como que caes.
  52. Senta aí e non ... movas..., que ... vou... procurar... un calmante.
  53. Demasiado ... sorriu... a fortuna este Nadal, non ... fagas... o parvo.
  54. Talvez ... xurdan... novas posibilidades, ... vai... preparando...
  55. Quen ... pariu..., que ... lamba...!
  56. O que ... afundiu... foi unha vaga.
  57. A crise ... afundiu... a empresa.
  58. ... atopei... a rillares no chocolate.
  59. ... andaba... un rato comendo... no queixo.
  60. Sempre ... lembrarei..., pase o que ... pase...!
  61. Ese médico ... sandou... e nada ... pediu... a cambio.
  62. Os reféns ... saíron... ilesos do banco.
  63. Xamais ... tratarei... como un escravo, non ... queixes...
  64. Por ... cantarmos... esa cantiga, puxéronnos unha multa.
  65. Se cadra, foron os toxos os que ... espiñaron...
  66. ...meteu... nun portal e ... tirou... a carteira.
  67. De seguiren así, pouco ... van... regalar...
  68. O vento ... rachou... a saia e ... deixou... toda esfarrapada.
  69. Como ... distribuíron... na aula? Que lugar ... correspondeu?
  70. ... saudei... cando ... dispuñas... a cantar.
  71. Algúns ... procuraban... para ... entregar... un presente.
  72. Se ... proe..., ... raña...
  73. Non ... deixou... falar.
  74. Ese resolio ... mellorará... a voz.
  75. Por que ... chaman... maragato?
  76. ... dixen..., ... digo... e ... direi... que ... quixen..., ... quero... e ... quererei... como nunca ninguén ... quixo... a ti.
  77. Se ... saíron... ben todas as frases, ... contenta..., que xa sabes diferenciar te de che.

5.- Transformar as mesmas frases utilizando agora os pronomes átonos de terceira persoa

Por exemplo:

  1. Cando ías polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa.
  2. Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito.
  3. Nunca ... convencerá... de marchar.
  4. Non confíes máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión.
  5. E eu que ... coidaba... máis esperto!
  6. Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día.
  7. Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba.
  8. Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida.
  9. Moito ... quere... aínda que non o recoñezas.
  10. Non fagas caso cando ... sorría... así.
  11. Coidado coa praia, ... pode... torrar... o sol.
  12. Foi un veciño quen ... axudou... a subir á maceira.
  13. Hoxe ... gañou... o Pedro, tes que xogar mellor.
  14. Bateu tan forte que ... fendeu... a porta.
  15. A cámara ... enfocou... perfectamente esta vez.
  16. Non traio nada para ti, este ano ... esqueceu... o xefe.
  17. Ese viño ... embebedou... sen ... dares... conta.
  18. Onde ... colocaches... para saíres tan ben na fotografía?
  19. ... repito... o que xa ... contara... na festa.
  20. Tal labazada ... deu... que ... chantou... no chan.
  21. Estabas tan doente que ... tiñan... que ... espir... e todo.
  22. Xa ao entrares, ... recoñecín... pola voz.
  23. Xa estou cansa de ... dicir... que ese guindastre ... pode... esmagar... se ... pos... aí.
  24. Seica ... dixo... o bispo que ... podías... retirar... cando ... parecese... mellor.
  25. Como ... latexa... o corazón, non ... asustes..., que non é para tanto!
  26. Non ... quixen... magoar..., perdoa.
  27. Non fas máis que ... illar... dos compañeiros, tes que ... sentir... cómodo e ... deixar... levar... polo bo humor.
  28. ... vou... quentar... a auga para que ... poidas... bañar... axiña.
  29. Canto ... amou... mentres non o consumiu a enfermidade!
  30. Pensei ... arranxar... o cuarto canto antes.
  31. Xa escampou, ...deixo... o paraugas onde estaba.
  32. En canto ... vendeu... a dorna o señor Pedro?
  33. Si, home, ... botou... fóra por ... soar... o móbil.
  34. Ben me lembro de cando ... bateu... cun croio na cabeza.
  35. Esas cores tan fortes ... poden... producir... molestias na vista.
  36. Se non deixas de facer trasnadas, ... vou... ter... que... pexar... como a un cabalo.
  37. Hai que ver o ben que ... agasallaron... hoxe.
  38. Que ... receitou... dona Inmaculada, esa doutora que tan ben ... cae...?
  39. Por ires ás arrasadeiras ... mallou... o pai.
  40. luns ... caían... uns lóstregos arrepiantes.
  41. Que ben ... recende... a roupa!
  42. A nugalla non ... deixa... erguer a tempo.
  43. ... retira... de aí ou ... guindo... á auga.
  44. Case ... oín... todo.
  45. ... pon... a comer e que ... aproveite...!
  46. Que ... augurou... a túa fada madriña?
  47. Mañá ... recollerei... os libros.
  48. ... darei... un aprobado para que ... alegres...
  49. Entón ... puxarei... e ti farás como que caes.
  50. Senta aí e non ... movas..., que ... vou... procurar... un calmante.
  51. Demasiado ... sorriu... a fortuna este Nadal, non ... fagas... o parvo.
  52. Talvez ... xurdan... novas posibilidades, ... vai... preparando...
  53. Quen ... pariu..., que ... lamba...!
  54. O que ... afundiu... foi unha vaga.
  55. A crise ... afundiu... a empresa.
  56. ... atopei... a rillares no chocolate.
  57. ... andaba... un rato comendo... no queixo.
  58. Sempre ... lembrarei..., pase o que ... pase...!
  59. Ese médico ... sandou... e nada ... pediu... a cambio.
  60. Os reféns ... saíron... ilesos do banco.
  61. Xamais ... tratarei... como un escravo, non ... queixes...
  62. Por ... cantarmos... esa cantiga, puxéronnos unha multa.
  63. Se cadra, foron os toxos os que ... espiñaron...
  64. ...meteu... nun portal e ... tirou... a carteira.
  65. De seguiren así, pouco ... van... regalar...
  66. vento ... rachou... a saia e ... deixou... toda esfarrapada.
  67. Como ... distribuíron... na aula? Que lugar ... correspondeu?
  68. ... saudei... cando ... dispuñas... a cantar.
  69. Algúns ... procuraban... para ... entregar... un presente.
  70. Se ... proe..., ... raña...
  71. Non ... deixou... falar.
  72. Ese resolio ... mellorará... a voz.
  73. Por que ... chaman... maragato?
  74. ... dixen..., ... digo... e ... direi... que ... quixen..., ... quero... e ... quererei... como nunca ninguén ... quixo... a ti.
  75. Se ... saíron... ben todas as frases, ... contenta..., que xa sabes diferenciar te de che.

6.- Colocar correctamente en cada frase o pronome que vai ao final entre parénteses

  1. Colleu moi a modiño (o).
  2. Pediu polas boas (a).
  3. Desta forma ves mellor (as).
  4. Axiña vou contar (os).
  5. Recitaba con moito aquel (as).
  6. Dixo el mesmo (o).
  7. Quixo recoller cedo (as).
  8. Pedía sempre sen azucre (as).
  9. Trouxeron en tren (o).
  10. Escoitou con moita atención (os).
  11. Traes xa acabadas? (as).
  12. Decidiu de súpeto (o).
  13. Sempre deixan igual (a).
  14. Eloxiei abondo aquel día (os).
  15. Iguais a ese hai en calquera sitio (os).
  16. Fendín coa macheta (o).
  17. Onte vin na praza (as).
  18. Ese fai moi bonitos (os).
  19. Fixo todos nunha tarde (os).
  20. Contaron moitas cousas (nos).
  21. Digo con toda a certeza (o).
  22. Botei pola fiestra (a).
  23. Os autobuses deixaban sempre alí (nos).
  24. Pediu moitos favores (nos).
  25. Faltaban os mellores do equipo (nos).
  26. Leva sempre no peto (as).
  27. Deron todo o diñeiro xunto (vos).
  28. Pillaron polos pelos (a).
  29. Recoñeceu nada máis chegarmos (nos).
  30. Gardou nun baúl (os).

7.- Substituír os complementos por llo/lla/llos/llas ou llelo/llela/llelos/llelas, segundo conveña e colocándoos no lugar axeitado

  1. Sempre deu regalos aos feiticeiros.
  2. Hoxe vendín o porco a uns tratantes.
  3. Teño que pór un ferrollo á porta.
  4. Merquei unhas morcillas á tendeira.
  5. Regalei a gravata a meus irmáns.
  6. Escondinlles as bonecas nun recanto.
  7. Cando lle teceu eses panos preciosos?
  8. Deches a comida ás tartarugas?
  9. Como ensinaches os sinais de tránsito ao teu fillo pequeno?
  10. Sinalei as tarefas aos alumnos.
  11. Pon o funil á botella!
  12. Pedín lentellas ao camareiro.
  13. Puxo unha flor na lapela ao Pepe.
  14. Despois tirou os estadullos ao carro.
  15. Rubén colocou o roncón á gaita.

8.- Indicar todas as posibilidades de colocación correctas do pronome que vai entre parénteses

  1. Nunca fun ver (o).
  2. Meu pai pensaba destruír (a).
  3. A moto podía correr máis (lle).
  4. Xa deixou de arranxar (os).
  5. Aquel día tiña que deixar (mo).
  6. Non contaba con ver nese lugar (te).
  7. É mellor deixar así (o).
  8. Para que colla sabor, cómpre esmagar mellor (o).
  9. Ía cantando unha fermosa balada (lle).
  10. Estou pensando mellor (o).
  11. Agora coido poder coller coa man (os).
  12. Cantas veces intentei deixar de querer! (o).
  13. Hai que deixar marchar cando queira (a).
  14. Sempre foi arranxando como podía (cho).
  15. Sería aconsellábel vender (o).
  16. Debía de deixar traer á casa (as).
  17. Xamais andou releando (nos).
  18. Como desexaba entón poder doar! (os).
  19. Cómpre recoller a tempo, vai chover (se).
  20. Está a chover moito hoxe (che).

9.- Substituír o complemento directo e o complemento indirecto polos pronomes persoais correspondentes, colocándoos axeitadamente

  1. Colleu as lambetadas ao irmán
  2. Tampouco trouxeron o lapis para ti.
  3. Protestei cando estragaron a guitarra (a min).
  4. Case leu toda a novela aos fillos.
  5. Uns cortaron as uvas, outros beberon o viño.
  6. Se dás un bico (a min), dou un euro (a ti).
  7. Os veciños decotaron a amendoeira.
  8. Mentres vía a vostedes no meu cuarto, estaba ledo.
  9. Entón, tirou a pucha sobre a mesa.
  10. A meniña puxo os lentes ao can.
  11. Aínda que traias o anel para min, non vou coller (o anel).
  12. Seica regalaron un cigarro cubano ao padriño o día do seu aniversario.
  13. Gañaba a vida separando moscas segundo o seu sexo.
  14. Os gobernos das grandes potencias decidiron facer, desde agora, os mísiles con rosas e caraveis.
  15. Recollín uns DVD para vostede.
  16. Ningún vaqueiro atracou a dilixencia.
  17. Agora vou servir uns vasos de leite para vostedes, forasteiros.
  18. Sempre hai espías pándegos nas súas películas.
  19. O doente pediu xarope ás enfermeiras.
  20. Moitos compañeiros tiveron un infarto.
  21. Veña, arranxa todo iso para min!
  22. Como meteron todas esas parvadas na cabeza (a ti)?
  23. Nin comeu a sopa nin comerá as patacas.
  24. Saíu da casa cedo e meteu a maleta no coche.
  25. Antano compraban e vendían os escravos como se fosen animais.
  26. Nalgures teño unha calculadora para ti.
  27. Despois do partido deu unha masaxe aos xogadores.
  28. Eu prefiro ver carreiras de cabalos.
  29. O duque mercou un abrigo de peles para a duquesa.
  30. Pregunta a lección a aquelas rapazas.

9.1.- Colocar os pronomes persoais no lugar axeitado para que o enunciado teña sentido.

1. Se ... conta... a min (mo) eu non ... vou... revelar a Xan (llo). Por que ... digo... (cho)? Pois porque ...apetece... (me).
2. ...dixen ...(te ou che), ...dígo... (te ou che) e ...direi... (te ou che) que ... amo... (te ou che), que ... amei... (te ou che) e ... amarei ... (te ou che) para o resto dos meus días, miña parruliña!
3. ... contaron... (me) que ... puxeras... moi leda (te ou che) cando ... dixeron... (te ou che) que ... tocara... a lotaría do Nadal (te ou che), ... tocou... pouco (te ou che), mais algo ... tocou... (te ou che).
4. Mi madriña, ... saíu... a burra capada (te ou che) ... dixo...(lle) a nai ao fillo cando ... entregou... o boletín de notas falsificado (lle).
5. As redes sociais ... son... moito máis bonitas (te ou che) se ... pos... na nosa lingua (as).
6. Non ... vaias... (te ou che), rianxeira, que ... vas... marear (te ou che). Di a cantiga que tanto ... gusta ... (te ou che).
7. ... vou... comer... a bicos (te ou che), ... díxo... o pai ao seu bebeciño (lle)
8. A profesora ... mandou ... saír da clase (a) para que ... calmase... (se). Ela... fixo... (o) e ...calmou... axiña (se)
9. ... vexo ... moi ben de saúde (a), María, ...nóta... ben (selle) que ... coida... decote (se).
10. A nós ... gustan... as películas (nos) nas que non ... hai ... malos malísimos (che ou te)


10.-Colocar o pronome de solidariedade

a) Tratando de ti a un interlocutor

  1. Vaia zarandón que caeu esta noite!
  2. O meu rapaz case non proba bocado.
  3. Algúns foron ao cine ver A lingua das bolboretas.
  4. Hoxe teño ganas de ver a Minia.
  5. Canto me doeu onte a barriga!

b) Tratando de vostede a un interlocutor

  1. Que si, que caían folerpas coma puños!
  2. A min pouco me gustan, tanto a caza coma a pesca.
  3. Fíxose alcohólico de tanta cervexa.
  4. “Antes había máis decencia”, dixo o Martiño.
  5. Contoume cada mentira, ese lampantín!

c) Tratando de ti a varios interlocutores

  1. Non fumo porque prexudica a saúde.
  2. Hai un libro que trata diso.
  3. Vaia sorte que tiveron o Paulo e o Moisés coa quiniela!
  4. O mestre nunca me colleu polas orellas.
  5. Onte case nevaba.

d) Tratando de vostede a varios interlocutores

  1. Alba estuda a lingua deste cornello da Península.
  2. Varios deles foron de vacacións a unha casa rural do Incio.
  3. Onte rin moito cos chistes de Currás.
  4. Merquei unhas cortinas moi fermosas en Camariñas.
  5. Vou mudar da casa para unha rúa peonil.

e) Nestas frases, pódese colocar o pronome de solidariedade?

  1. Sempre fuches un bo rapaz.
  2. Marco Polo si que viaxou polo mundo!
  3. Como mudaron os tempos!
  4. Xa movestes outra vez as cadeiras de sitio.
  5. Sempre te portaches ben, Elías.

11.- Explicar a colocación dos pronomes átonos nas seguintes frases

  1. Que a fortuna te acompañe o resto da vida!
  2. Penso que non che dixo a verdade.
  3. Oxalá te deixen vir á miña casa!
  4. Dixo que lle non dera o pan.
  5. Pampos quedaron ao velo daquel xeito.
  6. Deus cho pague, eu non teño cartos hoxe!
  7. O demo te leve, rapaz, mira que es trasfego!
  8. Agora te atendo, non desesperes, muller.
  9. Agora aténdote, non desesperes, muller.
  10. Logo che fago o pedido que me encargaches.
  11. Logo fágoche o pedido que me encargaches.
  12. Marchei axiña porque me doía moito a cabeza.
  13. A vida che entrego, compañeira dos meus días!
  14. Iso me contou, non mentiu.
  15. Paseino tan ben co libro que, se puidese, volvíao ler.
  16. Aí o tes, podes collelo.
  17. Aí telo máis á man, podes collelo.
  18. Comeron todas as papas? Sobras lles quedaron!
  19. Parecía que me non vira nunca.
  20. Calquera cho pode contar mellor ca min.
  21. O meu corazón che entrego, meu caravel!
  22. Antonte mandeiche un correo electrónico.
  23. Moitos fóronse porque a música era má, o local peor, e divertíanse pouco.
  24. Pensaba que me non ía coller o viño todo no bocoi.
  25. Despois pedireiche un favor.

12.- Corrixir todos os erros (referentes ao pronome persoal) que haxa

  1. Veu con nos á feira e despois foi coeles á discoteca.
  2. Canto lle quere aos seus pícaros! Todo son lambetadas para eles.
  3. Casouse moi novo e máis tarde marchouse para Suíza.
  4. Onte morréuselle un curmán. Moito queríalle, mais non hai que facerlle, a vida éche así.
  5. Nos deron os presentes onte e mañá irémoslles comer a merenda.
  6. Deses bichos haios a moreas na miña aldea, como me divirto cazando en eles!
  7. Esa idea partiu de el, que eu ben coñézoo.
  8. Ía conmigo de paseo cando déronlle a má nova de que perdera o Pontevedra.
  9. Colleua pola man e díxolle unhas cantas palabras bonitas.
  10. Xa sei que aliouse con vos para afundirme a empresa de vendas na Rede.
  11. Púxose en paz consigo mesmo, que era o que máis cumpríalle.
  12. Nunca os lo darei, os lo xuro polo máis sagrado.
  13. É certo que lles presentou o amigo ás irmás? Si, presentoullo.
  14. Comeuse el só unha cunca de fabas e despois che parecía unha fábrica de foguetes.
  15. Introduciulle na casa con todos os honores e che acabou saíndo pola porta de atrás.
  16. Tomoulle da man con toda a cortesía posíbel.
  17. “Como che recoñeceu ese día?”, díxome o inspector.
  18. Ben se che ve que es un pacifista e un ecoloxista.
  19. Abraiados deixouos con tanta desgraza como contaba!
  20. Sen querer, manqueille nun pé, e se puxo como unha fera.
  21. Tales pensamentos xa estaban en elas, aínda que nono parecese.
  22. Ou déixaste de parvadas, ou me enfado!
  23. Trouxeron este ano os Reis unha bicicleta para as nenas? Aínda non lla trouxeron.
  24. Vaia bicho! Sempre lle temeron pola súa bravura.
  25. Déixaslo fóra e cólleslo cando te pareza.
  26. A miña vida entrégoche como proba do meu amor!
  27. Iso saíu de elas, do seu maxín, que sempre andan a matinar en que se divertiren.
  28. Ustedes farán o que queiran, mais eu non móvome de aquí.
  29. Todos puxéronse de acordo para che faceren a figa.
  30. Se o miras ben, verás que algunha frase non che ten erros; así que déixaa como está.

13.- Sinalar todos os pronomes persoais que haxa

Conto popular en Lituania:

Contan que unha vez se reuniron nun lugar da Terra todos os sentimentos e calidades dos homes. Cando o Aburrimento boquexara por terceira vez, a Loucura, coma sempre tan tola, propúxolles xogaren ás agachadas. A Intriga levantou a cella intrigada, e a Curiosidade, sen poder conterse, preguntou: Ás agachadas? Como é iso? “É un xogo –explicou a Loucura-, no que eu tapo a cara e comezo a contar desde un ata un millón. Mentres tanto vós agachádesvos e cando eu remate de contar, ao  primeiro que atope ocupará o meu lugar para continuar así o xogo”. O Entusiasmo bailou,  secundado pola Euforia; a Alegría deu tantos saltos que terminou por convencer á Dúbida, mesmo á Apatía, á que nunca lle interesaba nada. Pero non todos quixeron participar: a Verdade preferiu non esconderse (Para que?-dixo-. Se ao final sempre me atopan ). A Soberbia opinou que era un xogo moi parvo (no fondo o que a amolaba era que a idea non fose dela) e a Covardía preferiu non arriscarse. “Un, dous, tres …”, comezou a contar a Loucura. A primeira en agocharse foi a Preguiza, que coma sempre se deixou caer tras a primeira pedra do camiño. A Fe subiu ao ceo e a Envexa agachouse tras a  sombra do Triunfo, que co seu propio esforzo lograra subir á copa da árbore máis alta. A Xenerosidade case non conseguía agocharse porque cada sitio que atopaba parecíalle marabilloso para algún dos seus amigos e cedíallo: que se un lago transparente, ideal para a Beleza; que se o voo dunha bolboreta, o mellor para a Voluptuosidade, que se unha fenda dunha árbore, moi apropiado para a Timidez; que se unha racha de vento, magnífico para a Liberdade. Así que rematou por agocharse nunha raiola de sol. O Egoísmo atopou un sitio moi bo desde o principio, un lugar ventilado e moi cómodo…, pero só para el. A Mentira agochouse no fondo dos océanos, mentres a Realidade se ocultou detrás do arco da vella e a Paixón e o Desexo, xuntos, dentro dos volcáns. O Esquecemento …, non lembro onde se agochou, pero iso non importa. Cando a Loucura contaba 999.999, o Amor non atopara aínda un lugar para agocharse, porque todo estaba ocupado, ata que de súpeto albiscou unha roseira e, conmovido, decidiu agocharse entre as súas flores. ”Un millón!”, contou a Loucura, e entón comezou a buscar. A primeira en aparecer, claro, foi a Preguiza, tras unha pedra a tres pasos dela. Despois escoitou a Fe, discutindo con Deus no ceo sobre teoloxía; e a Paixón e o Desexo sentiunos axitarse no vibrar dos volcáns. Nun descoido atopou á Envexa e, claro, puido deducir onde estaba o Triunfo. Ao Egoísmo non tivo nin que buscalo, saíu disparado do seu tobo el só porque resultara ser un niño de avespas. De tanto camiñar, a Loucura sentiu sede, e ao achegarse ao lago descubriu á Beleza, e á Dúbida atopouna sentada nun valado sen decidir de que lado agocharse. E así, un a un, foi atopando a todos os sentimentos e calidades humanas: ao Talento entre a herba fresca, á Angustia nunca cova, á Mentira detrás do arco da vella  (”Mentira!”: ela estaba no fondo do océano)  e ata ao Esquecemento, que se esquecera de que estaban xogando ás agachadas. Pero o Amor non aparecía por ningunha parte. A Loucura buscouno detrás de cada árbore, en cada regato do planeta, no cume das montañas … E cando estaba a piques de darse por vencida, albiscou unha roseira acugulada de rosas. Emocionada tomou unha forquita e comezou a mover as pólas, ata  que de súpeto, oíuse un doloroso berro: as espiñas dunha rosa feriran gravemente os ollos do Amor, cegándoo. A Loucura, desconcertada, non sabía que facer para desculparse. Chorou, implorou, pediu perdón e ata prometeu ser o seu guía. E así é como desde entón, desde que se xogou por primeira vez ás agachadas na Terra, O Amor é cego e a Loucura sempre o acompaña.


14.- Traducir, coidando especialmente o pronome persoal

1. Bueno, me lo dices tú y me lo creo, pero si me lo cuenta Pepe no se lo creo, que no me fío de él.
2. Ponte en mi lugar, si se lo cuento a mis amigos no voy a quedar muy bien con ella, no le gusta nada que se cuenten sus secretos.
3. Ayer no le vi en Balaídos, no sé por dónde anda estos días, le echamos de menos en el trabajo.
4. Le conozco bien, se mueve en ambientes especiales y se ríe de los que no  le entienden sus mensajes.
5. Yo no te veo trabajando ahí, como te conozco desde hace mucho puedo saber cómo te van a tratar y creo que te vas a enfadar muy pronto.
6. Déjaselo a mis compañeras, que ellas lo sabrán apreciar mejor que yo, te lo aseguro.
7. Ponla sobre la mesa, la colocas con cuidado e después la limpias bien.
8. Los medios nos dicen lo que debemos pensar, qué debemos callar o cómo lo debemos decir.
9. Siéntate bien, no me lo pongas difícil que no te quiero castigar otra vez.
10. Aunque se lo regale a mi tía no me van a poner mejor cara, ellas siempre lo ven todo al revés.


15.- Substituír o que está entre parénteses por pronomes persoais

Merquei (o reloxo) pero el non quixo que mandase (o reloxo a el), tamén as da Sección Feminina dicían que era mellor que dese eu (o reloxo a el) cando viñese. Mercara (o reloxo a el) en Ourense, na reloxaría dos Valcárcel, en San Domingos, era un reloxo bo, suízo e de boa marca, supoño que andará pola casa, perdido nalgún caixón. Certina, que é marca suíza e moi boa, dixeron (eles a min) cando merquei (o reloxo), pero eu xa sabía (iso), desa marca sempre escoitou falar (se)… Tamén como es ti, Filomena, non merquei (o reloxo para eles) só para que contase as horas da guerra, senón as da volta e tamén para que tivese algo noso alá, algo meu tocando a pel (a el), sempre lle buscas as voltas a todo. Quería que lembrase (a nós) a cada hora, xa dixen (iso). Merquei (o reloxo) cos cartos que pagaban (a nós) dos alemáns, cincuenta pesos ao mes, pero non tocabamos (os cartos). Eu dicía (a el) ao Manuel que prefería pasar fame a botar man daqueles cartos para comer, eran os cartos do inimigo, por moito que con eles pelexase o noso fillo. Eran cartos manchados co sangue dos nosos, así que acordamos aforrar (os cartos a eles) para cando volvese, que boa falta farían (a el) e a el estas cousas das ideas tanto tiñan (a el), parece (a min) a min. Merquei o reloxo (a el) pero non mandei (o reloxo) e, cando veu e demos (o reloxo a el), pouco caso fixo (ao reloxo) … Agora que dis (iso), hai ben tempo que non vexo (o reloxo), iso de que andará por un caixón foi algo que dixen por dicir, pero igual non, se cadra vendeu (o reloxo), vou buscar (o reloxo) … Que sei eu, vou buscar (o reloxo) e se dou con el xa baixo (o reloxo a vós) e regalo (o reloxo a el)  ao voso Pepe… (páx. 635.) Francisco X. Fernández Naval, A noite branca, Xerais, 2012, 415 páxs.

Consello: pegar o texto nun procesador, facer as substtitucións e comprobar co orixinal

Ver orixinal

 

2005-2014