ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 7. O verbo 2. Futuro de subxuntivo


  1. Cando atopar o enderezo, chamareite.

    Cando atope o enderezo, chamareite.

  2. Teréillelo moi en conta aos que me axudaren.

    Teréillelo moi en conta aos que me axuden.

  3. Cando puider, ireite visitar.

    Cando poida, ireite visitar.

  4. Cando puideren, vaian vela.

    Cando poidan, vaian vela.

  5. Faga como quixer.

    Faga como queira.

  6. Regálelles algo aos que o axudaren.

    Regálelles algo aos que o axuden.

  7. Déixenme estes pratos ben á vista!

    Déixenme estes pratos ben á vista!

  8. Se quixer vela, pague por adiantado.

    Se quere vela, pague por adiantado.

  9. Cando tiver tempo libre, irei a Polonia.

    Cando teña tempo libre, irei a Polonia.

  10. Non paga a pena que te poñas así.

    Non paga a pena que te poñas así.

  11. Cando o tiverdes, pasádemo a min.

    Cando o teñades, pasádemo a min.

  12. Se decidirdes romper, contratade un avogado.

    Se decidides romper, contratade un avogado.

  13. Quero que deixes as cousas como están.

    Quero que deixes as cousas como están.

  14. Só lles recoñecerán os trienios aos que se levaren ben co xefe.

    Só lles recoñecerán os trienios aos que se leven ben co xefe.

  15. Cando tiveres acabado o traballo, avisarémoste.

    Cando teñas acabado o traballo, avisarémoste.

  16. Como sementares e estercares, así recollerás cando segares.

    Como sementes e esterques, así recollerás cando segues.

  17. Se che dixeren dous que es burro, ornea.

    Se che din dous que es burro, ornea.

  18. Corran as cousas como quixer: xa pararán de correr.

    Corran as cousas como queira: xa pararán de correr.

  19. Por onde fores, fai como vires.

    Por onde vaias, fai como vexas.

  20. Coza quen quixer e amase quen souber.

    Coza quen queira e amase quen saiba.

»Verbo 2
»Exercicio seguinte
ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com