ogalego.eu
Miranda

Relativo

Indefinido

qr
Foto: Xosé Miranda, escritor galego

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

NUMERAL


1.- Escribir en letras estas cifras

a)

  1. 583.342 mazás.

  2. 256.118 limóns.

  3. 238.916 peras.

  4. 5.428.717 euros.

  5. 66.582.897 onzas.

  6. 7.631.921 dólares.

  7. 457.319 billetes.

  8. 342.006.555.444 habitantes.

b)

  1. 11º

  2. 12º

  3. 13º

  4. 14º

  5. 15º

  6. 16º

  7. 20º

  1. 24º

  2. 28º

  3. 30º

  4. 32º

  5. 37º

  6. 40º

  7. 41º

  8. 45º

  9. 50º

  10. 53º

  11. 59º

  1. 60º

  2. 70º

  3. 80º

  4. 90º

  5. 100º

  6. 1.000º

  7. 1.000.000º

  8. 25%

  9. 89,6%

  10. 17,34%

  11. 38,26%

Corrección do apartado 1

2.- Completar as seguintes frases usando numerais ou substantivos colectivos

  1. 16 é o ... de 8

  2. 9 é o ... de 3.

  3. Teño un ... de zapatos do trinque.

  4. Non votou o 58% por cento do censo, logo abstívose case a ... dos electores.

  5. Moitos ... de persoas asistiron á manifestación da Praza Vermella.

  6. Antes pagaba 5.000 euros, agora paga 25.000, xusto o ...

  7. Os gardas civís e as monxas antes andaban por ...

  8. Tiña un rabaño de varios ... de ovellas, preto das 7.000.

  9. Teño nove laranxas, se me dás unha terei unha ...

  10. Chámase ... a un conxunto de tres persoas, e a un grupo de catro músicos chamámoslle ...

  11. Os ovos soen venderse por ...

  12. Chámaselle ... a un período de 15 días e ... a un período de 5 anos.

  13. Un período de 10 anos denomínase ... e o de 1.000 ...

  14. Un período de 40 días recibe o nome de ...

  15. Unha área é a ... parte dunha hectárea.

  16. O metro é a ... parte do quilómetro.

  17. 90 é o ... de 9.

  18. A sociedade contribuíu con 2/3 para os gastos, o outro ... púxoo o Concello.

  19. Unha composición musical para dúas voces ou instrumentos recibe o nome de ... ou ...

  20. A cada unha das catro partes dunha mazá, chamámoslle un ...

  21. Pescaron ... de anguías.

  22. 25 é a ... parte de 100, 100 a ... de 700, e 700 a ... de 7.000.

  23. 10 é ... parte de 120 e a ... de 150.

  24. Un conxunto de 100 anos chámase ..., e un de repolos chámase...

  25. O punto equidistante dos dous extremos dunha recta, dicimos que está xusto no ... e que sinala as dúas ... da recta.

Corrección do apartado

2005-2017