ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 10. O verbo 2. Infinitivo persoal


 

  1. Despois de chegarmos, puxémonos a conversar un anaco.

    Despois de chegar, puxémonos a conversar un anaco.

  2. Por non estudares nada, vas levar un suspenso.

    Por non estudar nada, vas levar un suspenso.

  3. Ao morrer nácese outra vez.

    Ao morrer nácese outra vez.

  4. Para chegarmos a esa conclusión cumpriría vermos novas probas, e que nos puxésemos a traballar en serio.

    Para chegar a esa conclusión cumpriría ver novas probas, e que nos puxésemos a traballar en serio.

  5. De chegares a algo, non será polos esforzos que ti mesmo fas.

    De chegar a algo, non será polos esforzos que ti mesmo fas.

  6. Ao decidirmos o futuro da empresa cometemos graves erros de apreciación comercial; ben nos debiamos decatar de que a realidade era outra, e pór os alicerces dunha sociedade competitiva nas novas tecnoloxías da información.

    Ao decidir o futuro da empresa cometemos graves erros de apreciación comercial; ben nos debiamos decatar de que a realidade era outra, e pór os alicerces dunha sociedade competitiva nas novas tecnoloxías da información.

  7. Sen realizardes algunhas melloras na explotación nunca tiraredes grande rendibilidade; con facerdes a estabulación libre e uns silos máis amplos, xa poderiades producir a bo prezo na S.A.T. Os Parentes.

    Sen realizar algunhas melloras na explotación nunca tiraredes grande rendibilidade; con facer a estabulación libre e uns silos máis amplos, xa poderiades producir a bo prezo na S.A.T. Os Parentes. 

  8. Decidimos facer unha longa viaxe aos Estados Unidos para vermos o sitio onde caeron as Torres Xemelgas no 2001 e apreciarmos as belezas da cidade; en caso de achármonos a gusto, prolongariamos a estadía.

  9. Entre saírmos nós e chegares ti non pasou unha hora.

    Entre saír nós e chegar ti non pasou unha hora.

  10. Perderon unha boa cantidade de diñeiro ao rexeitaren o premio por diferenzas coa Xunta.

    Perderon unha boa cantidade de diñeiro ao rexeitar o premio por diferenzas coa Xunta.

  11. Gustaríanos moito podermos participar nesa competición atlética, facilmente puidésemos chegar á final.

    Gustaríanos moito poder participar nesa competición atlética, facilmente puidésemos chegar á final.

  12. Por non estares na casa non che puidemos entregar os telegramas.

    Por non estar na casa non che puidemos entregar os telegramas.

  13. Xa ía sendo tempo de acabares a obra, aínda que, certamente, se che presentaron moitos problemas.

    Xa ía sendo tempo de acabar a obra, aínda que, certamente, se che presentaron moitos problemas.

  14. Tras expórmoslle a cuestión, decidimos actuar, dese o seu consentimento ou non.

    Tras exporlle a cuestión, decidimos actuar, dese o seu consentimento ou non.

  15. Sempre vos repito esta frase: estardes atentos é moi raro.

    Sempre vos repito esta frase: estar vós atentos é moi raro.

  16. Non vos lembrades que a pouco de entrardes comezou a orquestra a tocar e xa vos puxestes a bailar?

    Non vos lembrades que a pouco de entrar comezou a orquestra a tocar e xa vos puxestes a bailar?

  17. Con motivo de saíren as listas de aprobados demos unha pequena festa.

    Con motivo de saír as listas de aprobados demos unha pequena festa.

  18. Ao demostrármoslles eu e mais ela que a solución non era esa, puxéronse furiosos, mais non tiveron outro remedio que dárenche a razón.

    Ao demostrarlles eu e mais ela que a solución non era esa, puxéronse furiosos, mais non tiveron outro remedio que darche a razón.

  19. Ao chover, énchense de lama as corredoiras.

    Ao chover, énchense de lama as corredoiras.

  20. De encontrares petróleo nas túas terras, converteraste nunha das máis ricas da aldea.

    De encontrar petróleo nas túas terras, converteraste nunha das máis ricas da aldea.

  21. Iso é como confundir o touciño coa velocidade.

    Iso é como confundir o touciño coa velocidade.

  22. Non lle contes o segredo ata marchares/marchar.

    Non lle contes o segredo ata marchar.

  23. Despois de reincorporármonos ao traballo teremos que revisar o feito polos substitutos.

    Despois de reincorporarnos ao traballo teremos que revisar o feito polos substitutos.

  24. Non estaría mal dedicármonos un pouco máis ás lecturas en galego, non só para pasarmos mellor o tempo, senón para adquirirmos coñecementos novos sobre a patria.

    Non estaría mal dedicarnos un pouco máis ás lecturas en galego, non só para pasar mellor o tempo, senón para adquirir coñecementos novos sobre a patria.

  25. Xa albiscou algo diso ao saíren todos xuntos da cafetería.

    Xa albiscou algo diso ao saír todos xuntos da cafetería.

  26. Escoitaron moitas felicitacións por iren tan ben conxuntados o martes de entroido.

    Escoitaron moitas felicitacións por ir tan ben conxuntados o martes de entroido.

  27. Prometeunos montóns e moreas por conseguirmos uns resultados tan satisfactorios.

    Prometeunos montóns e moreas por conseguir uns resultados tan satisfactorios.

  28. Falásteslles de todo, desde integrárdesvos no seu grupo de afeccionados ata construírdes o desexado veleiro entre todos.

    Falásteslles de todo, desde integrarvos no seu grupo de afeccionados ata construír o desexado veleiro entre todos.

  29. Ao sentares na cadeira, partícheslle unha pata e houbeches caer.

    Ao sentar na cadeira, partícheslle unha pata e houbeches caer.

  30. Entre entregaren as armas ou morreren coas botas postas, os soldados americanos escolleron o primeiro.

    Entre entregar as armas ou morrer coas botas postas, os soldados americanos escolleron o primeiro.

  31. Con estes discursos non fas máis que aborrecéresnos.

    Con estes discursos non fas máis que aborrecernos.

  32. Dedicábase a vixiar o inimigo desde a atalaia.

    Dedicábase a vixiar o inimigo desde a atalaia.

  33. Con mercármosche o negocio non che resolveremos a situación financeira.

    Con mercarche o negocio non che resolveremos a situación financeira.

  34. De sabéreno os enxeñeiros, pódenche retirar o permiso.

    De sabelo os enxeñeiros, pódenche retirar o permiso.

  35. Antes que convocaren eleccións, preferiron formar outra alianza de dereitas.

    Antes que convocar eleccións, preferiron formar outra alianza de dereitas.

  36. Todos foran afacéndose á súa presenza até acabaren por acollelo coma un membro máis da familia, aínda que, iso si, sempre mirando de marcaren ben as distancias.

    Todos foran afacéndose á súa presenza até acabar por acollelo coma un membro máis da familia, aínda que, iso si, sempre mirando de marcar ben as distancias (Apoteose das perchas, Xesús Constela, p. 16) 

»Verbo 2
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com