ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 11. O verbo 2. Infinitivo persoal


  1. Despois de marchares, púxose a recitar.

  2. Ao contármosllelo, desfacíanse en gargalladas.

  3. Ao sacáreno do coche en chamas, xa era demasiado tarde.

  4. Cómpre andardes máis lixeiros para chegardes con tempo.

  5. Nesta piscina fai falta saberdes nadar.

  6. Non é necesario mergullárdesvos ata o fondo.

  7. Non estaría mal colleres o primeiro tren para Ourense.

  8. De seres un bo fillo, faríasme moitos presentes.

  9. De os indios seren sempre os bos, esas películas veríanse menos en USA.

  10. De non vendermos os electrodomésticos, non teremos nin para comer.

  11. De non te presentares a retreta, darante por desertor.

  12. Para achardes ouro, teriades que vir cen anos antes.

  13. Para melloraren as publicacións, habería que modernizar a imprenta.

  14. Despois de saíren do prelo, xa faremos a revisión da segunda edición.

  15. De contarmos con el, non estariamos agora parados.

  16. Non estaría mal recoñecerdes a nosa superioridade.

  17. De non te comportares doutro xeito, acábase a amizade.

  18. Para se conservaren eses animais salvaxes, habería que protexer máis certas paraxes.

  19. Ao darllos, xa se puxo a espallalos polo chan.

  20. De irmos ao Porto, pasariamos por Tui.

 

  1. Despois de que marchases, púxose a recitar.

  2. Así que llelo contamos, desfacíanse en gargalladas.

  3. Cando o sacaron do coche en chamas, xa era demasiado tarde.

  4. Cómpre que andedes máis lixeiros para que cheguedes con tempo.

  5. Nesta piscina fai falta que saibades nadar.

  6. Non é necesario que vos mergulledes ata o fondo.

  7. Non estaría mal que colleses o primeiro tren para Ourense.

  8. Se foses un bo fillo, faríasme moitos presentes.

  9. Se os indios fosen sempre os bos, esas películas veríanse menos en USA.

  10. Como non vendamos os electrodomésticos, non teremos nin para comer.

  11. Como non te presentes a retreta, darante por desertor.

  12. Para que achásedes ouro, teriades que vir cen anos antes.

  13. Para que mellorasen as publicacións, habería que modernizar a imprenta.

  14. Despois de que saian do prelo, xa faremos a revisión da segunda edición.

  15. Se contásemos con el, non estariamos agora parados.

  16. Non estaría mal que recoñecésedes a nosa superioridade.

  17. Como non te comportes doutro xeito, acábase a amizade.

  18. Para que se conservasen eses animais salvaxes, habería que protexer máis certas paraxes.

  19. Así que llos dei, xa se puxo a espallalos polo chan.

  20. Se fosemos ao Porto, pasariamos por Tui.

»Verbo 2
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com