ogalego.eu
Pedro Feijoo

Posesivo

Substantivo e adxectivo

qr
Foto: Pedro Feijoo, escritor galego

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

DEMOSTRATIVO

-Encher ocos co demostrativo

-Valor dos demostrativos

-Sinalar os demostrativos no texto


1.- Encher os ocos cos demostrativos apropiados

AXUDA teórica: demostrativo

  1. Para ... tarefa non me cómpre ... trebello, senón...outro e mais...outros de alá.

  2. ... vaiche resultar moi difícil.

  3. Despois de se decataren de..., tiveron que desaparecer de... casa.

  4. Eu prefiro..., mais é algo máis caro que...

  5. ... vídeos están algo pasados de moda, ... están moito mellor.

  6. En... mesmo lugar saíuse da estrada meu pai cando tiña... deportivo vermello.

  7. Con... amplificación non se escoitan nada ben... grupos folclóricos.

  8. Todo... que ves fíxeno eu con... manciñas tan xeitosas.

  9. ...bicicleta estática custoulle á Mila moitas suores.

  10. Se o fas de... maneira conseguirás mellores resultados.

  11. Colle... pasteis e deixa... para teu curmán.

  12. ... verán moito nos divertimos; ...italianos eran do máis simpático.

  13. En... aquela casa faise o que eu mando, non vos esquezades de...

  14. Tráeme... de alá, que con... non me arranxo.

  15. O gañador non é... nin... nin...outro; son eu, así que a enfastiarse.

  16. ... ano os do Breogán gañaremos a liga ACB grazas a... dous reforzos americanos tan altos e anotadores.

  17. De... auga non beberei eu.

  18. Con... cartolinas vaiche resultar moi feitiño.

  19. ... banda deseñada é tan boa como... que me ensinaches o ano pasado.

  20. ... si que era vivir, todo o día estomballado co bandullo ao sol.

  21. Deixa... aí onde está.

  22. Que ben saben... galletas! Déixame probar unha...

  23. De ... aínda non se tiña ás mesas.

  24. Con... do aniversario chegou o módem soñado.

  25. E en... rompeu a chover.

Corrección do apartado 1

2.- Comentar o valor das formas de demostrativo que aparecen nas frases

  1. Ten un aquel que namora.

  2. Co aquel da festa non foi á clase.

  3. A túa compañeira si que ten aquel.

  4. Esa saída graciosa si que ten aquel.

  5. Sempre tratou os libros con moita aquela.

  6. Ese filme non ten aquela ningunha.

  7. Hai que ver con que aquela trata o mozo.

  8. É bo rapaz, mais ten unha aquela que o fai moi feo.

  9. Coa aquela do accidente quedaron todos apesarados.

  10. O individuo ese non me engana a min.

  11. Iso non é un mozo, é un farrapo.

  12. Daquela aínda ti eras pequena.

  13. Cando veu daquela, estábache mellor conservado.

  14. Daquela déixocho na conserxería.

  15. E con estas, esfumouse en cuestión de segundos.

  16. Nisto deixou de chover e saíu o “Lourenzo” todo esplendoroso.

  17. Nestas entra a directora de moi mal xenio.

  18. Conta o que che pasou daquela.

  19. Daquela imos hoxe ao teatro, ver unha versión de O lapis do carpinteiro.

  20. Co aquel do partido do Celta saíron antes da hora.

  21. Véxolle pouca aquela a esta programación.

  22. Con que aquel me contaba as súas aventuras en África!

  23. Non o vas conseguir nin por esas!

  24. Esa si que che foi boa, cóntalla a outro!

  25. E ti agora vésme con estas, anda, vai rañar a barriga por aí!

Corrección do apartado 2

3.- Sinalar os demostrativos no texto literario

Senta no peirao a ver os barcos  e faise unha e outra vez as mesmas preguntas. De onde virán. Onde irán. Cando poderei subir nun deses e  fuxir lonxe –nunca, Marco, sabes que nunca, contestaríanlle os barcos se tivesen a facultade de falar-. E como non sabe a resposta e os barcos non falan, só lle resta soñar: aquel vén de Constantinopla, aqueloutro de loitar contra os turcos, ese quizais parte mañá para Crimea, naquel de alí quizais suba eu para viaxar lonxe. Ás veces Marco Polo pasa o serán escoitando as historias que contan os mariñeiros que deitan o seu corpo canso en Venecia e foxen correndo para as tabernas. Alí escoita con devoción todas esas historias que contan animados polo viño. De sabelo, o pai nunca o aprobaría. De feito, nunca entendería por que gusta tanto da compaña deses homes rudos que falan, na borracheira e na emoción alentada polo viño e as mulleres, de terras onde habitan as amazonas, de homes con cabeza de can que bourean en linguas antes nunca escoitadas, de ciclopes e unicornios, de grifóns voadores con gadoupas tal aguias diañentas… Historias que seu pai lle dixo, a única vez que se atreveu a contar da súa afección por elas, que non son certas. Que son fantasías. Que non hai nada diso alén mar. (O segredo de Marco Polo, Francisco Castro)

Corrección do apartado
2005-2017