ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 4. O verbo 2. Facer, oír, dicir, querer


  1. “Que saia quen queira”, dixo o profesor.

    1. “Que saia, quen ...”, ... o profesor.

  2. Faga bo ou mao tempo, farei ese traballo.

    2. ... bo ou mao tempo, ... ese traballo.

  3. Falabas baixiño, mais oínche todo o que dixeches.

    3. Falabas baixiño, mais ...che todo o que ...

  4. Brais oíu as túas palabras con respecto, como fai sempre que ti falas.

    4. Brais ... as túas palabras con respecto, como ... sempre que ti falas.

  5. Quixeron acender o coche e non puideron, fixo falta procurar un mecánico.

    5. ... acender o coche e non puideron, ... falta procurar un mecánico.

  6. A onde vaias, fai o que vexas facer e di o que oias dicir.

    6. A onde vaias, ... o que vexas facer e ... o que oias dicir.

  7. Sempre te quixen como hoxe, meu amor; farei o que ti mandes, mesmo oirei só os CD que a ti che gusten.

    7. Sempre te ... como hoxe, meu amor; ... o que ti mandes, mesmo ... só os CD que a ti che gusten.

  8. Non sei se oín ben, mais ti di a verdade.

    8. Non sei se ... ben, mais ti ... a verdade.

  9. Os que queiran que marchen, que xa farán mañá os exercicios.

    9. Os que ... que marchen, que xa ... mañá os exercicios.

  10. A Alba dixo que si, ti dixeches que non e eu xa non lembro o que dixen.

    10. A Alba ... que si, ti ... que non e eu xa non lembro o que ...

  11. Vós quixestes gañar antes e fixestes todo o posíbel para iso.

    11. Vós ... gañar antes e ... todo o posíbel para iso.

  12. Moisés e Paulo fan a comida na casa e din que cociñan moi ben.

    12. Moisés e Paulo ... a comida na casa e ... que cociñan moi ben.

  13. Escoita ben, e cóntasme todo o que lles oías, ti fai como se non lles emprestases atención.

    13. Escoita ben, e cóntasme todo o que lles ..., ti ... como se non lles emprestases atención.

  14. Aínda que el non quixese, ía ser o mesmo.

    14. Aínda que el non ..., ía ser o mesmo.

  15. Vós dicides unhas cousas e logo facedes outras.

    15. Vós ... unhas cousas e logo ... outras.

»Verbo 2
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com