ogalego.eu
Xosé Luís Méndez Ferrín, homenaxe de ogalego.eu
Verbo 1
Numeral
qr
Foto: Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor galego

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

RELATIVO


1. Encher os ocos coas formas QUE, QUEN, CAL, ONDE, ULO, CANTO

  1. Eles non son ... de dicirche iso.

  2. Os ... queiran, que marchen xa.

  3. ... che inventou ese alcume?

  4. A ... lle vén tanta saña?

  5. ... hai fume, hai lume.

  6. Deixaches aí o reloxo, mais ...?

  7. ... labarada da que me falaches? Eu non vexo nada.

  8. As angueiras son as ... acaban con ela.

  9. Boteille ese resolio na mancadela, o ... produciu aínda máis proído.

  10. ... era o ... estaba axexando?

  11. Construíron un xardín ... dá xenio velo, o ... é bastante raro nesta cidade.

  12. Cando teña cartos fareille un tobo ao can, co ... xa non andará por aí de buraco en buraco.

  13. Non eran eles ... andaban roufeñando toda a noite.

  14. De ... viñas onte a aquelas horas da noite?

  15. Vendeu ... lle deixaron os pais.

  16. ... froita que mercaches?

  17. Todos os días leo un bo anaco, o ... mellora a miña formación.

  18. Estou moi nervioso, o ... non é nada bo.

  19. ... pasaxeiros van nese avión?

  20. Baixou á cociña, ... colleu a botella de auga.

  21. ... eran os xogadores ... gañaron o mundial de 2010 de fútbol? '

  22. De todos os gañadores do Tour de Francia, ... é o teu preferido? v

  23. Sempre vivín ... quixen, non ... me obrigaron v

  24. ...-los euros que che deixei onte? v

  25. Agora hai moitos chineses ... falan galego, son os ... veñen traballar aquí v

Corrección do exercicio 1

2.- Sinalar os relativos nos textos literarios seguintes:

1. Chegou das Américas un home rico e trouxo un negriño cubano, coma quen trae unha mona, un papagaio, un fonógrafo... O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores. (Castelao, Cousas).

2. Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente. E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazado a súa nai. Era un home que non se parecía ao retrato; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo... Aquel si que era o pai de Migueliño. (Castelao, Cousas).

3. De súpeto parouse e sentiu un arrepío de medo: na despensa onde se gardaba a louza, xurdira unha nota cristalina, soa, temerosa na noite, unha pinga de psalterio de dúas copas que se tocaban. O morgado pensou: “ É un aviso”. E quedou sen enerxía, disposto para a desgraza que sen dúbida aletexaba polos arredores do pazo naquela fría noite de marzal. (Otero Pedrayo, As onzas).

4. Houbo un intre no que pola face dun dos compañeiros de fúnebre carga pasou a insinuación leviá dun sobresalto, coma se el estivese a sentir tamén o velaíño buligar. Mais non foi máis que un lampo. De seguida ficou sereno. Eu non dixen nada. Houbo un intre en que case me decidín. Dirixinme ao da miña banda e, acobexando a pregunta nun sorriso de retrouso, deslicei:
– E se o Bieito fose vivo?

O outro riu picaramente coma quen di: “Que ocorrencias temos”, e eu amplifiquei o meu falso sorriso de retrouso. (Rafael Dieste, Dos arquivos do trasno).

5. Este Tristán do que conto nunca soubo por qué lle puxeran ese nome no sacramento do bautismo, nin coñecía a ninguén que se chamase coma el. Un tío seu que traballaba como camareiro nun restaurante moi famoso de Lisboa, dicíalle que en Portugal coñecía a dous ou tres cabaleiros dese nome, e que todos eles eran moi ricos. Tristán foi cumprir o servizo militar a León, e alí un día, nun quiosco, mercou por dous reás “La verdadera historia de los amantes Tristán e Isolda”, cos namorados moi abrazados na portada do folletín. Ao fin ía saber quén fora aquel Tristán cuxo nome levaba. Cando chegou ao final da historia, coa morte de delambos namorados, Tristán García verqueu unhas bágoas. (Álvaro Cunqueiro, Tristán García).

6. Vós non podedes entenderme, sodes da outra banda; dos que andan por derriba. Non me refiro soamente á cama... Hai dúas castes de xente: a dos que remangan a xostra e a dos que van diante dela. Uns mandan e outros son mandados. Eu ben sei deso. Porque eu... Ninguén leva aturado tanto. Pero vós non sodes quen de sentir mágoa por unha muller da miña caste. Somos lixos de coiro morno; preas sin cheiro. Rídesvos do noso rir. Pensades que non pensamos. E eso, derriba de todo o demais, doe de certo... Nin sei porque falo (Neira Vilas, Lucinda

Corrección do exercicio
2005-2017
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.