ogalego.eu // ogalego.gal son Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados |
CUANTIFICADORES E IDENTIFICADORES
1. O outro equipo botou demasiado tempo antes de marcar algún gol
2. Hai algúns libros que son capaces de enganchar a moitos lectores cunha pouca intriga e bastante humor
3. Na miña clase os demais son quen de gañarme en calquera ocasión, na outra do lado non hai ninguén que se atreva
4. Eses son os mesmos que nos visitaron en ambos os casos
5. Apareceron unhas cantas gaivotas e invadiron varias das mesas do bar
6. A determinadas persoas téñolles pouca consideración e non as aturo moito tempo
7. Os tales rapaces son de coidado, eu mesma me enfadei con eles en abondas ocasións
8. Elas son tantas que non collen nese autobús, teñen que buscar outro con algúns asentos máis
9. Alguén comentou que todos os cativos teñen os mesmos dereitos aínda que a algúns non llelo pareza
10. Foron as propias xogadoras as que lle dixeron ao árbitro que errara en varias decisións
... ten que apandar coas súas obrigas, ou como din ... coa súa cruz.
Non podemos dubidar da inocencia dos dous oficiais, ... foron vistos a esa hora.
Cando atacou o inimigo, o pánico foi ... que ... ata perderon os zapatos.
... pague o que lle corresponder, que sempre hai ... que intenta librar.
2005-2022 |
![]() ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional. |