ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

O PRONOME PERSOAL


1.- Formas tónicas:

 

Singular

Plural

1ª persoa

eu

nós / nosoutros, -as

2ª persoa

ti

vós / vosoutros, -as

3ª persoa

el, ela

eles, elas

-Reflexivo: si

-Cortesía: vostede, vostedes (esixen o verbo en 3ª persoa)

-En réxime de preposición:

 

el

ela

eles

elas

de

del

dela

deles

delas

en

nel

nela

neles

nelas

 

2.- Formas átonas:

 

Singular

Plural

1ª persoa

me

nos

2ª persoa

te (complemento directo, reflexivo)

che (complemento indirecto, solidariedade)

vos

3ª persoa

o, a // lo, la (1)// no, na (2)(complemento directo)

lle (complemento Indirecto)

os, as // los, las (1)// nos, nas (2) (complemento directo)

lles (complemento indirecto)

(1) Enclítico dunha forma verbal rematada en -r ou -s, tras o adverbio u: collela, cóllelo, ula?

(2) Enclítico dunha forma verbal rematada en ditongo: comeuno, deixeina

-Reflexivo 3ª persoa : se

-Cortesía: 3ª persoa (o..., os..., lle, lles)

-Solidariedade:

 

o

a

os

as

me

mo

ma

mos

mas

che

cho

cha

chos

chas

lle

llo

lla

llos

llas

nos

nolo

nola

nolos

nolas

vos

volo

vola

volos

volas

lles

llelo

llela

llelos

llelas

 

Valores de SE (me,te,se,nos,vos,se). Resume.
- Reflexivo: é complemento directo. A acción que realiza o suxeito recae sobre el mesmo. O can lámbese.Pode ser nalgún caso complemento indirecto: preguntouse a razón diso.
- Recíproco: con suxeito múltiple. A acción que realiza cada un recae sobre os demais. Antón e Helena quérense. Irea e Sara mándanse SMS.
- Compoñente verbal: en verbos que esixen o pronome, forma parte do verbo. Raquel queixouse da cabeza.
- Na pasiva reflexa, impersoal. Aínda non se recolleu o millo.

COLOCACIÓN DO PRONOME ÁTONO NA FRASE:

1.- En oracións subordinadas: antes do verbo

2.- Non subordinadas: despois do verbo. EXCEPTO (vai antes do verbo):

3.- Cos infinitivos: se o infinitivo é suxeito, predicado nominal ou aposto, o pronome vai despois. No resto dos casos pode ir antes ou despois, mesmo se pode intercalar entre o infinitivo e unha preposición/conxunción que o rexe

4.- Cos xerundios: se é núcleo verbal, o pronome vai despois; no resto dos casos antes ou despois.

 Orde de colocación dos pronomes: Primeiro vai se, logo o pronome de solidariedade, logo complemento indirecto e o complemento directo

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com