POSESIVO
1.- Substituír o que vai entre parénteses por unha construción con posesivo
AXUDA teórica: formas do posesivo
-
(falcóns de ti) ... son bos cazadores.
-
(camisas del) ... están esfarrapadas.
-
(chaquetas de ti) ... son de la.
-
(medias de nós) son moi finas.
-
Non encontro ... (xerseis de min).
-
Aínda non recolleron ... (calzóns deles).
-
(saias delas) ... son vermellas.
-
Empréstame ... (abrigo de ti).
-
Podes pendurar aí ... (chapeu dela).
-
Bota na pía de lavar ... (calcetíns de ti).
-
(gravata de ti) ... é negra.
-
(suxeitadores de vós) ... xa están enxoitos.
-
(calzas de nós) ... son de boa calidade.
-
Podes pór ... (bata dela).
-
(casaca de nós) ... está raxada.
-
(mandiletas de vós) ... teñen unhas cores moi sufridas.
-
(cinto de ti) ... é de coiro.
-
Puxen unha flor ... (en lapela del).
-
Son bos cazadores eses ... (furóns de ti).
-
Aqueles (compañeiros de ti) ... estiveron por aquí.
-
Aqueles rapaces eran ... (amigos delas).
-
Onte viñeron ... (avós de min) de Montevideo.
-
(tía de ti) ... é millonaria.
-
(esposa del) ... está doente desde hai un mes.
-
Iso é ... (cousa de ti).
-
Foi ... (culpa de ti).
-
Sempre vai diante ... (de ti).
-
Estaba alí mesmo, por debaixo ... (de nós).
-
Non o ves, e iso que está detrás ... (de vós).
2.- Completar as frases coas formas do posesivo correspondentes
-
... home (de ti) anda embarcado.... e irmán (de ti) é un furafollas.
-
... sogro (de min) é moi bo home.
-
... nena (de min)! Que má sorte tiveches!
-
... xenro (de ti) mercou dous andares desa casa.
-
... curmán (dela) é afeccionado ao montañismo.
-
... cuñado (de ti) é piloto de helicópteros.
-
... xoia (de min)! Canto lle quero!
-
... madriña (del) é radioafeccionada.
-
Eses danse moi ben en ... terra (de nós).
-
Esta non é de ...banda (de vós).
-
A mosca caeu en ... redes (dela).
-
Non lle deas caramelos a ... neto (de min).
-
Mañá chega de Marrocos ... sobriño (de nós).
-
Xoán Montes puxo moito sentimento en ... obras (del).
-
Os celtas non temían ... inimigos (deles).
-
... devanceiros (de ti) eran moi ricos.
-
... barriga (de min) é un pouco grande.
-
Os animais gorécense en ... covas (deles).
-
Os humanos coidan pouco ... mundo (deles).
-
Situáronse fronte ... (del).
-
Sentareime xunto ... (de ti).
-
Non che é certo, ... amigo... (de min).
-
Andaban sempre con cada.... mozo (delas).
-
Compráronlles cada... reprodutor de DVD (seu).
-
Viñeron en cada... camioneta (súa).
3.- Indicar o valor das formas de posesivo que aparecen nestas frases
-
Sempre tiven coche de meu.
-
Este frigorífico custarache os seus cincocentos euros.
-
Xa andan os da clase do lado a facer das súas.
-
Polo que vexo, os teus nunca van ao fútbol.
-
Ese nunca chegará a ter casa de seu.
-
O Paulo xa che ten os seus vinte anos.
-
Meu queridiño, que mal o pasou!
-
Xa tomou as súas píldoras. 
-
O meu Carliños aínda non vai á escola.
-
Xesús ten de comer de seu, non pasa fame.
-
Os meus sempre van no verán á praia.
-
Aquel cativo era intelixente de seu.
-
Outra vez vén cos seus chistes baratos.
-
Temos dúas piscinas de noso.
-
E logo, como anda hoxe o noso amigo?
-
É moi de teu deixar todo esparexido polo chan.
-
Deica a Rúa hai os seus cen quilómetros.
-
Os seus non a deixan saír despois das dez da noite.
-
Non creo que volvan xa ao seu.
-
Fronte súa todas as faces sorrían.