ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 9. Pronome persoal: substituír o CD e o CI por pronomes persoais


1. Colleu as lambetadas ao irmán.

Colleullas.

2. Tampouco trouxeron o lapis para ti.

Tampouco cho trouxeron.

3. Protestei cando estragaron a guitarra (a min).

Protestei cando ma estragaron.

4. Case leu toda a novela aos fillos.

Case llela leu toda.

5. Uns cortaron as uvas, outros beberon o viño.

Uns cortáronas, outros bebérono.

6. Se dás un bico (a min), dou un euro (a ti).

Se mo dás, doucho.

7. Os veciños decotaron a amendoeira.

Os veciños decotárona.

8. Mentres vía a vostedes no meu cuarto, estaba ledo.

Mentres os vía no meu cuarto, estaba ledo.

9. Entón, tirou a pucha sobre a mesa.

Entón, tirouna sobre a mesa.

10. A meniña puxo os lentes ao can.

A meniña púxollos.

11. Aínda que traias o anel para min, non vou coller (o anel).

Aínda que mo traias, non o vou coller // Aínda que mo traias, non vou collelo.

12. Seica regalaron un cigarro cubano ao padriño o día do seu aniversario.

Seica llo regalaron o día do seu aniversario.

13. Gañaba a vida separando moscas segundo o seu sexo.

Gañábaa separándoas segundo o seu sexo.

14. Os gobernos das grandes potencias decidiron facer, desde agora, os mísiles con rosas e caraveis.

Os gobernos das grandes potencias decidíronos facer, desde agora, con rosas e caraveis ou Os gobernos das grandes potencias decidiron facelos, desde agora, con rosas e caraveis.

15. Recollín uns DVD para vostede.

Recollinllos.

16. Ningún vaqueiro atracou a dilixencia.

Ningún vaqueiro a atracou.

17. Agora vou servir uns vasos de leite para vostedes, forasteiros.

Agora vóullelos servir, forasteiros ou agora vou servírllelos, forasteiros.

18. Sempre hai espías pándegos nas súas películas.

Sempre os hai nas súas películas.

19. O doente pediu xarope ás enfermeiras.

O doente pedíullelo.

20. Moitos compañeiros tiveron un infarto.

Moitos compañeiros tivérono.

21. Veña, arranxa todo iso para min!

Veña, arránxamo!

22. Como meteron todas esas parvadas na cabeza (a ti)?

Como chas meteron na cabeza?

23. Nin comeu a sopa nin comerá as patacas.

Nin a comeu nin as comerá.

24. Saíu da casa cedo e meteu a maleta no coche.

Saía da casa cedo e meteuna no coche.

25. Antano compraban e vendían os escravos como se fosen animais.

Antano comprábanos e vendíanos como se fosen animais.

26. Nalgures teño unha calculadora para ti.

Nalgures cha teño.

27. Despois do partido deu unha masaxe aos xogadores.

Despois do partido déullela.

28. Eu prefiro ver carreiras de cabalos.

Eu prefíroas ver ou Eu prefiro velas.

29. O duque mercou un abrigo de peles para a duquesa.

O duque mercoullo.

30. Pregunta a lección a aquelas rapazas.

Pregúntallela.