ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 5. Pronome persoal: pasar a pronome de 3ª persoa


  1. Cando ía polo carreiro, a silva rachoulle a camisa.

    Cando ías polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa.

  2. Aquel barbeiro non o/a rapou a xeito.

    Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito.

  3. Nunca o/a convencerá de marchar.

    Nunca ... convencerá... de marchar.

  4. Que non confíe máis nese amigo, vendeuno/na na primeira ocasión.

    Non confíes máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión.

  5. E eu que o coidaba máis esperto!

    E eu que ... coidaba... máis esperto!

  6. Cibrán rexeitoulle os argumentos aquel día.

    Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día.

  7. Non sei se lle salientei ben o que me interesaba.

    Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba.

  8. Esa desgraza marcouno/na para o resto da vida.

    Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida.

  9. Moito lle/o/a quere aínda que non o recoñeza.

    Moito ... quere... aínda que non o recoñezas.

  10. Que non faga caso cando lle sorría así.

    Non fagas caso cando ... sorría... así.

  11. Coidado coa praia, pódeo/a torrar o sol ou Coidado coa praia, pode torralo/la o sol.

    Coidado coa praia, ... pode... torrar... o sol.

  12. Foi un veciño quen o/a/lle axudou a subir á maceira.

    Foi un veciño quen ... axudou... a subir á maceira.

  13. Hoxe gañoulle o Pedro, ten que xogar mellor.

    Hoxe ... gañou... o Pedro, tes que xogar mellor.

  14. Bateu tan forte que lle fendeu a porta.

    Bateu tan forte que ... fendeu... a porta.

  15. A cámara enfocouno/na perfectamente esta vez.

    A cámara ... enfocou... perfectamente esta vez.

  16. Non traio nada para el/ela, este ano esqueceuno/na o xefe.

    Non traio nada para ti, este ano ... esqueceu... o xefe.

  17. Ese viño embebedouno/na sen se dar/darse conta ou Ese viño embebedouno/na sen darse conta

    Ese viño ... embebedou... sen ... dares... conta.

  18. Onde se colocou para saír tan ben na fotografía?

    Onde ... colocaches... para saíres tan ben na fotografía?

  19. Repítolle o que xa lle contara na festa.

    ... repito... o que xa ... contara... na festa.

  20. Tal labazada lle deu que o/a chantou no chan.

    Tal labazada ... deu... que ... chantou... no chan.

  21. Estaba tan doente que o/a tiñan que espir e todo ou Estaba tan doente que que tiñan que espilo/la e todo ou Estaba tan doente que o/a espir e todo.

    Estabas tan doente que ... tiñan... que ... espir... e todo.

  22. Xa ao entrar, recoñecino/na pola voz.

    Xa ao entrares, ... recoñecín... pola voz.

  23. Xa estou cansa de lle dicir (ou dicirlle) que ese guindastre o/a pode esmagar (ou esmagalo/la) se se pon aí.

    Xa estou cansa de ... dicir... que ese guindastre ... pode... esmagar... se ... pos... aí.

  24. Seica lle dixo o bispo que se podía retirar cando lle parecese mellor ou Seica lle dixo o bispo que podía retirarse cando lle parecese mellor.

    Seica ... dixo... o bispo que ... podías... retirar... cando ... parecese... mellor.

  25. Como lle latexa o corazón, que non se asuste, que non é para tanto!

    Como ... latexa... o corazón, non ... asustes..., que non é para tanto!

  26. Non o/a quixen magoar, que perdoe ou Non quixen magoalo/la, que perdoe.

    Non ... quixen... magoar..., perdoa.

  27. Non fai máis que se illar (ou illarse) dos compañeiros, tense que sentir (ou ten que se sentir ou ten que sentirse) cómodo e deixarse levar polo bo humor.

    Non fas máis que ... illar... dos compañeiros, tes que ... sentir... cómodo e ... deixar... levar... polo bo humor.

  28. Voulle quentar (ou quentarlle) a auga para que se poida bañar (ou bañarse) axiña.

    ... vou... quentar... a auga para que ... poidas... bañar... axiña.

  29. Canto o/a amou mentres non o consumiu a enfermidade!

    Canto ... amou... mentres non o consumiu a enfermidade!

  30. Penseille arranxar o cuarto canto antes ou Pensei arranxarlle o cuarto canto antes.

    Pensei ... arranxar... o cuarto canto antes.

  31. Xa escampou, déixolle o paraugas onde estaba.

    Xa escampou, ...deixo... o paraugas onde estaba.

  32. En canto lle vendeu a dorna o señor Pedro?

    En canto ... vendeu... a dorna o señor Pedro?

  33. Si, home, botouno/na fóra por lle soar o móbil ou Si, home, botouno/na fóra por soarlle o móbil.

    Si, home, ... botou... fóra por ... soar... o móbil.

  34. Ben me lembro de cando lle bateu cun croio na cabeza.

    Ben me lembro de cando ... bateu... cun croio na cabeza.

  35. Esas cores tan fortes pódenlle producir molestias na vista ou Esas cores tan fortes poden producirlle molestias na vista.

    Esas cores tan fortes ... poden... producir... molestias na vista.

  36. Se non deixa de facer trasnadas, vouno/na ter que pexar (ou telo/la que pexar ou ter que pexalo/la) como a un cabalo.

    Se non deixas de facer trasnadas, ... vou... ter... que... pexar... como a un cabalo.

  37. Hai que ver o ben que o/a agasallaron hoxe.

    Hai que ver o ben que ... agasallaron... hoxe.

  38. Que lle receitou dona Inmaculada, esa doutora que tan ben lle cae?

    Que ... receitou... dona Inmaculada, esa doutora que tan ben ... cae...?

  39. Por ir ás arrasadeiras mallouno/na o pai.

    Por ires ás arrasadeiras ... mallou... o pai.

  40. O luns caíanlle uns lóstregos arrepiantes.

    luns ... caían... uns lóstregos arrepiantes.

  41. Que ben lle recende a roupa!

    Que ben ... recende... a roupa!

  42. A nugalla non o/a deixa erguer a tempo.

    A nugalla non ... deixa... erguer a tempo.

  43. Que se retire de aí ou guíndoo/a á auga.

    ... retira... de aí ou ... guindo... á auga.

  44. Case lle oín todo.

    Case ... oín... todo.

  45. Que se poña a comer e que lle aproveite!

    ... pon... a comer e que ... aproveite...!

  46. Que lle augurou a súa fada madriña?

    Que ... augurou... a túa fada madriña?

  47. Mañá recollereille os libros.

    Mañá ... recollerei... os libros.

  48. Dareille un aprobado para que se alegre.

    ... darei... un aprobado para que ... alegres...

  49. Entón puxareino/na e el fará como que cae.

    Entón ... puxarei... e ti farás como que caes.

  50. Que sente aí e non se mova, que lle vou procurar un calmante ou Que sente aí e non se mova, que vou procurarlle un calmante.

    Senta aí e non ... movas..., que ... vou... procurar... un calmante.

  51. Demasiado lle sorriu a fortuna este Nadal, que non se faga o parvo.

    Demasiado ... sorriu... a fortuna este Nadal, non ... fagas... o parvo.

  52. Talvez lle xurdan novas posibilidades, que se vaia preparando ou Talvez lle xurdan novas posibilidades, que vaia preparándose.

    Talvez ... xurdan... novas posibilidades, ... vai... preparando...

  53. Quen o/a pariu, que o/a lamba!

    Quen ... pariu..., que ... lamba...!

  54. O que o/a afundiu foi unha vaga.

    O que ... afundiu... foi unha vaga.

  55. A crise afundiulle a empresa.

    A crise ... afundiu... a empresa.

  56. Atopeino/na a rillar no chocolate.

    ... atopei... a rillares no chocolate.

  57. Andáballe un rato comendo no queixo ou Andáballe un rato coméndolle no queixo.

    ... andaba... un rato comendo... no queixo.

  58. Sempre o/a lembrarei, páselle o que lle pase!

    Sempre ... lembrarei..., pase o que ... pase...!

  59. Ese médico sandouno/na e nada lle pediu a cambio.

    Ese médico ... sandou... e nada ... pediu... a cambio.

  60. Os reféns saíronlle ilesos do banco.

    Os reféns ... saíron... ilesos do banco.

  61. Xamais o tratarei como un escravo, que non se queixe.

    Xamais ... tratarei... como un escravo, non ... queixes...

  62. Por lle cantarmos esa cantiga, puxéronnos unha multa ou Por cantármoslle esa cantiga, puxéronnos unha multa

    Por ... cantarmos... esa cantiga, puxéronnos unha multa.

  63. Se cadra, foron os toxos os que o/a espiñaron.

    Se cadra, foron os toxos os que ... espiñaron...

  64. Meteuno/na nun portal e tiroulle a carteira.

    ...meteu... nun portal e ... tirou... a carteira.

  65. De seguiren así, pouco lle van regalar/regalarlle ou De seguiren así, pouco van regalarlle.

    De seguiren así, pouco ... van... regalar...

  66. O vento rachoulle a saia e deixouna toda esfarrapada.

    vento ... rachou... a saia e ... deixou... toda esfarrapada.

  67. Como o/a distribuíron na aula? Que lugar lle correspondeu?

    Como ... distribuíron... na aula? Que lugar ... correspondeu?

  68. Saudeino/na cando se dispuña a cantar.

    ... saudei... cando ... dispuñas... a cantar.

  69. Algúns procurábano/a para lle entregar un presente ou Algúns procurábano/a para entregarlle un presente.

    Algúns ... procuraban... para ... entregar... un presente.

  70. Se lle proe, que se rañe.

    Se ... proe..., ... raña...

  71. Non o/a deixou falar.

    Non ... deixou... falar.

  72. Ese resolio melloraralle a voz.

    Ese resolio ... mellorará... a voz.

  73. Por que lle/o/a chaman maragato?

    Por que ... chaman... maragato?

  74. Díxenlle, dígolle e direille que o/a/lle quixen, quéroo/a/lle e querereino/na/lle como nunca ninguén o/a/lle quixo a vostede.

    ... dixen..., ... digo... e ... direi... que ... quixen..., ... quero... e ... quererei... como nunca ninguén ... quixo... a ti.

  75. Se lle saíron ben todas as frases, que se contente, que xa sabe diferenciar lle de o.

    Se ... saíron... ben todas as frases, ... contenta..., que xa sabes diferenciar lle de o.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com