ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 7. Pronome persoal: uso de llo/llelo


1. Sempre deu regalos aos feiticeiros.

Sempre llelos deu.

2. Hoxe vendín o porco a uns tratantes.

Hoxe vendínllelo.

3. Teño que pór un ferrollo á porta.

Téñollo que pór ou teño que llo pór ou que pórllo.

4. Merquei unhas morcillas á tendeira.

Merqueillas.

5. Regalei a gravata a meus irmáns.

Regaléillela.

6. Escondinlles as bonecas nun recanto.

Escondínllelas nun recanto.

7. Cando lle teceu eses panos preciosos?

Cando llos teceu?

8. Deches a comida ás tartarugas?

Déchesllela?

9. Como ensinaches os sinais de tránsito ao teu fillo pequeno?

Como llos ensinaches?

10. Sinalei as tarefas aos alumnos.

Sinaléillelas.

11. Pon o funil á botella!

Ponllo!

12. Pedín lentellas ao camareiro.

Pedinllas.

13. Puxo unha flor na lapela ao Pepe.

Púxolla na lapela.

14. Despois tirou os estadullos ao carro.

Despois tiroullos.

15. Rubén colocou o roncón á gaita.

Rubén colocoullo.

16. Pon sal aos pementos de Padrón, eses que uns pican e outros non.

Pónllelo a eses que uns pican e outros non.

17. A doutora recomendoulle ao meu curmán unha dieta moi xeitosa.

A doutora recomendoulla.

18. Aínda non lle empezaron as obras ao Gumersindo na ribeira.

Aínda non llas empezaron.

19. Na rapa das bestas cóllenlles o rabo aos cabalos.

Na rapa das bestas cóllenllelo.

20. Saqueille os cartos da man cando o vin.

Saqueillos da man cando o vin.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com