ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Execicio 8. Pronome persoal: posibilidades de colocación do pronome átono


1. Nunca fun ver (o).

Nunca o fun ver // nunca fun velo.

2. Meu pai pensaba destruír (a).

Meu pai pensábaa destruír // meu pai pensaba destruíla.

3. A moto podía correr máis (lle).

A moto podíalle correr // a moto podía correrlle máis.

4. Xa deixou de arranxar (os).

Xa os deixou de arranxar // xa deixou de os arranxar // xa deixou de arranxalos.

5. Aquel día tiña que deixar (mo).

Aquel día tíñamo que deixar // Aquel día tiña que mo deixar // Aquel día tiña que deixarmo.

6. Non contaba con ver nese lugar (te).

Non contaba con te ver // Non contaba con verte nese lugar.

7. É mellor deixar así (o).

É mellor deixalo así.

8. Para que colla sabor, cómpre esmagar mellor (o).

Para que colla sabor, cómpre esmagalo mellor.

9. Ía cantando unha fermosa balada (lle).

Íalle cantando unha fermosa balada // ía cantándolle unha fermosa balada.

10. Estou pensando mellor (o).

Estouno pensando mellor // estou pensándoo mellor.

11. Agora coido poder coller coa man (os).

Agora coido podelos coller // Agora coido poder collelos coa man.

12. Cantas veces intentei deixar de querer! (o).

Cantas veces intentei deixalo de querer // Cantas veces intentei deixar de o querer // Cantas veces intentei deixar de querelo!

13. Hai que deixar marchar cando queira (a).

Haina que deixar marchar cando queira // hai que a deixar marchar cando queira // hai que deixala marchar cando queira.

14. Sempre foi arranxando como podía (cho).

Sempre cho foi arranxando // sempre foi arranxándocho como podía.

15. Sería aconsellábel vender (o).

Sería aconsellábel vendelo.

16. Debía de deixar traer á casa (as).

Debíaas de deixar traer // debía de as deixar traer // debía de deixalas traer // debía de deixar traelas á casa (as).

17. Xamais andou releando (nos).

Xamais nos andou releando // xamais andou releándonos.

18. Como desexaba entón poder doar! (os).

Como desexaba entón podelos doar // desexaba entón poder doalos!

19. Cómpre recoller a tempo, vai chover (se).

Cómpre recollerse a tempo, vai chover.

20. Está a chover moito hoxe (che).

Estache a chover // está a choverche moito hoxe (che).

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com