ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 9.1. Pronome persoal: completar con pronomes persoais


1. Se mo contas a min eu non llo vou revelar a Xan. Por que cho digo? Pois porque me apetece.

Se ... conta... a min (mo) eu non ... vou... revelar a Xan (llo). Por que ... digo... (cho)? Pois porque ...apetece... (me).

2. Díxenche, dígoche e direiche que te amo, que te amei e te amarei para o resto dos meus días, miña parruliña!

...dixen ...(te ou che), ...dígo... (te ou che) e ...direi... (te ou che) que ... amo... (te ou che), que ... amei... (te ou che) e ... amarei ... (te ou che) para o resto dos meus días, miña parruliña!

3. Contáronme que te puxeras moi leda cando che dixeron que che tocara a lotaría do Nadal, tocouche pouco, mais algo che tocou.

... contaron... (me) que ... puxeras... moi leda (te ou che) cando ... dixeron... (te ou che) que ... tocara... a lotaría do Nadal (te ou che), ... tocou... pouco (te ou che), mais algo ... tocou... (te ou che).

4. Mi madriña, saíuche a burra capada. Díxolle a nai ao fillo cando lle entregou o boletín de notas falsificado.

Mi madriña, ... saíu... a burra capada (te ou che) ... dixo...(lle) a nai ao fillo cando ... entregou... o boletín de notas falsificado (lle).

5. As redes sociais sonche moito máis bonitas se as pos na nosa lingua.

As redes sociais ... son... moito máis bonitas (te ou che) se ... pos... na nosa lingua (as).

6. Non te vaias, rianxeira, que te vas marear. Di a cantiga que tanto che gusta ou Non te vaias, rianxeira, que vas marearte. Di a cantiga que tanto che gusta.

Non ... vaias... (te ou che), rianxeira, que ... vas... marear (te ou che). Di a cantiga que tanto ... gusta ... (te ou che).

7. Voute comer a bicos, díxolle o pai ao seu bebeciño ou vou comerte a bicos, díxolle o pai ao seu bebeciño

... vou... comer... a bicos (te ou che), ... díxo... o pai ao seu bebeciño (lle).

8. A profesora mandouna saír da clase para que se calmase. Ela fíxoo e calmouse axiña.

A profesora ... mandou ... saír da clase (a) para que ... calmase... (se). Ela... fixo... (o) e ...calmou... axiña (se).

9. Véxoa moi ben de saúde, María, nótaselle ben que se coida decote.

... vexo ... moi ben de saúde (a), María, ...nóta... ben (selle) que ... coida... decote (se).

10. A nós gústannos as películas nas que non che hai malos malísimos.

A nós ... gustan... as películas (nos) nas que non ... hai ... malos malísimos (che ou te)

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com