»Pronome persoal
»Exercicio seguinte

Exercicio 1. Pronome persoal: Indicar os pronomes persoais e a súa función sintáctica


1 -Vos: complemento indirecto.

Quen vos contou onte iso?

2 -Vos: complemento directo.

Encontreivos na casa almorzando.

3 -Vos: complemento indirecto; lo: complemento directo.

Nunca volo ensinarei!

4 -Se: pronominal; vós: suxeito.

Xa se decidira a iso cando vós chegastes.

5 -Me: complemento indirecto; as: complemento directo.

Non mas poñas aí que estorban.

6 -Ti: suxeito; che: complemento indirecto.

Ti escribe o que che pareza.

7 -Lles: complemento indirecto; las: complemento directo; me: complemento indirecto.

Déillelas porque non me servían.

8 -Eles: suxeito; se: reflexivo.

Eles lavábanse sempre usando xabón do caro.

9 -Che: complemento indirecto; as: complemento directo.

Non chas quería nin regaladas.

10 -Vostede: suxeito; o: complemento directo.

Vostede faga o que queira.

11 -Comigo: complemento circunstancial; lle: complemento indirecto; o: complemento directo.

Comigo aprenderás moito; logo, explicarasllo ao teu irmán.

12 -Te: complemento directo; te: reflexivo; nós: complemento circunstancial.

Se non te convence, únete a nós.

13 -Che: solidariedade; lles: complemento indirecto; lo: complemento directo.

Xa che llelo emprestei onte.

14 -Che: solidariedade; vos: solidariedade.

Caéuchevos unha pedra grandísima.

15 -Ela: complemento directo; na: complemento directo.

A ela recolleuna seu pai.

16 -Lles: complemento indirecto; te: complemento directo.

Non lles teñas medo, que non te van comer.

17 -Vós: suxeito; vos: pronominal.

Vós nunca vos decatades do que pasa.

18 -Me: complemento indirecto; os: complemento directo; che: complemento indirecto.

Se mos deixas ver, douche un caramelo.

19 -Se: pasiva reflexa.

Fanse moitas cousas ao revés.

20 -Se: reflexivo; si: reflexivo.

Anda a convencerse a si mesmo.

21 -No: complemento directo; te: pronominal.

Veuno traer onte cando te ías.

22 -Convosco: complemento circunstancial; nós: suxeito.

Convosco, nós nunca chegaremos a nada.

23 -Che: complemento indirecto; o: complemento directo.

Escapouche o can? Pois déixao ir en paz.

24 -Lle: solidariedade; me: complemento indirecto.

Moito lle me gusta o caldo de nabizas.

25 -Los: complemento directo.

O mellor será deixalos quedar así.

26 -Che: solidariedade; me: interese.

27 -Me: complemento indirecto; o: complemento directo.

Ponmo enriba da cadeira.

28 -Che: solidariedade.

Pontevedra xa che é peonil hai anos.

29 -Me: complemento directo.

Ese discurso xenófobo non me convence.

30 -Vos: complemento indirecto; o: complemento directo; nos: complemento indirecto

Xa volo contaramos mais non nos fixestes caso.

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com