ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 4. Pronome persoal: TE/CHE


  1. Lembro que te ollou fixamente.

    Lembro que ... ollou... fixamente.

  2. Esa luz non é boa para che proxectar a imaxe ou Esa luz non é boa para proxectarche a imaxe

    Esa luz non é boa para ... proxectar... a imaxe.

  3. Cando ías polo carreiro, a silva rachouche a camisa.

    Cando ías polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa.

  4. Aquel barbeiro non te rapou a xeito.

    Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito.

  5. Nunca te convencerá de marchar.

    Nunca ... convencerá... de marchar.

  6. Non confíes máis nese amigo, vendeute na primeira ocasión.

    Non confíes máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión.

  7. E eu que te coidaba máis esperto!

    E eu que ... coidaba... máis esperto!

  8. Cibrán rexeitouche os argumentos aquel día.

    Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día.

  9. Non sei se che salientei ben o que me interesaba.

    Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba.

  10. Esa desgraza marcoute para o resto da vida.

    Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida.

  11. Moito che/te quere aínda que non o recoñezas.

    Moito ... quere... aínda que non o recoñezas.

  12. Non fagas caso cando che sorría así.

    Non fagas caso cando ... sorría... así.

  13. Coidado coa praia, pódete torrar o sol ou Coidado coa praia, pode torrarte o sol.

    Coidado coa praia, ... pode... torrar... o sol.

  14. Foi un veciño quen te/che axudou a subir á maceira.

    Foi un veciño quen ... axudou... a subir á maceira.

  15. Hoxe gañouche o Pedro, tes que xogar mellor.

    Hoxe ... gañou... o Pedro, tes que xogar mellor.

  16. Bateu tan forte que che fendeu a porta.

    Bateu tan forte que ... fendeu... a porta.

  17. A cámara enfocoute perfectamente esta vez.

    A cámara ... enfocou... perfectamente esta vez.

  18. Non traio nada para ti, este ano esqueceute o xefe.

    Non traio nada para ti, este ano ... esqueceu... o xefe.

  19. Ese viño embebedoute sen te dares conta ou Ese viño embebedoute sen dáreste conta.

    Ese viño ... embebedou... sen ... dares... conta.

  20. Onde te colocaches para saíres tan ben na fotografía?

    Onde ... colocaches... para saíres tan ben na fotografía?

  21. Repítoche o que xa che contara na festa.

    ... repito... o que xa ... contara... na festa.

  22. Tal labazada che deu que te chantou no chan.

    Tal labazada ... deu... que ... chantou... no chan.

  23. Estabas tan doente que te tiñan que espir ou Estabas tan doente que tiñan que te espir ou Estabas tan doente que tiñan que espirte e todo.

    Estabas tan doente que ... tiñan... que ... espir... e todo.

  24. Xa ao entrares, recoñecinte pola voz.Estabas tan doente que ... tiñan... que ... espir... e todo.

    Xa ao entrares, ... recoñecín... pola voz.

  25. Xa estou cansa de che dicir (ou dicirche) que ese guindastre te pode esmagar (ou esmagarte) se te pos aí.

    Xa estou cansa de ... dicir... que ese guindastre ... pode... esmagar... se ... pos... aí.

  26. Seica che dixo o bispo que te podías retirar cando che parecese mellor ou Seica che dixo o bispo que podías retirarte cando che parecese mellor.

    Seica ... dixo... o bispo que ... podías... retirar... cando ... parecese... mellor.

  27. Como che latexa o corazón, non te asustes, que non é para tanto!

    Como ... latexa... o corazón, non ... asustes..., que non é para tanto!

  28. Non te quixen magoar, perdoa ou Non quixen magoarte, perdoa.

    Non ... quixen... magoar..., perdoa.

  29. Non fas máis que te illar (ou illarte) dos compañeiros, teste que sentir (ou tes que te sentir ou tes que sentirte) cómodo e deixarte levar polo bo humor.

    Non fas máis que ... illar... dos compañeiros, tes que ... sentir... cómodo e ... deixar... levar... polo bo humor.

  30. Vouche quentar (ou quentarche) a auga para que te poidas bañar (ou bañarte) axiña.

    ... vou... quentar... a auga para que ... poidas... bañar... axiña.

  31. Canto te amou mentres non o consumiu a enfermidade!

    Canto ... amou... mentres non o consumiu a enfermidade!

  32. Penseiche arranxar o cuarto canto antes ou Pensei arranxarche o cuarto canto antes.

    Pensei ... arranxar... o cuarto canto antes.

  33. Xa escampou, déixoche o paraugas onde estaba.

    Xa escampou, ...deixo... o paraugas onde estaba.

  34. En canto che vendeu a dorna o señor Pedro?

    En canto ... vendeu... a dorna o señor Pedro?

  35. Si, home, botoute fóra por che soar o móbil ou Si, home, botoute fóra por soarche o móbil.

    Si, home, ... botou... fóra por ... soar... o móbil.

  36. Ben me lembro de cando che bateu cun croio na cabeza.

    Ben me lembro de cando ... bateu... cun croio na cabeza.

  37. Esas cores tan fortes pódenche producir molestias na vista ou Esas cores tan fortes poden producirche molestias na vista.

    Esas cores tan fortes ... poden... producir... molestias na vista.

  38. Se non deixas de facer trasnadas, voute ter que pexar como a un cabalo ou Se non deixas de facer trasnadas, vou terte que pexar como a un cabalo ou Se non deixas de facer trasnadas, vou ter que te pexar como a un cabalo ou Se non deixas de facer trasnadas, vou ter que pexarte como a un cabalo.

    Se non deixas de facer trasnadas, ... vou... ter... que... pexar... como a un cabalo.

  39. Hai que ver o ben que te agasallaron hoxe.

    Hai que ver o ben que ... agasallaron... hoxe.

  40. Que che receitou dona Inmaculada, esa doutora que tan ben che cae?

    Que ... receitou... dona Inmaculada, esa doutora que tan ben ... cae...?

  41. Por ires ás arrasadeiras malloute o pai.

    Por ires ás arrasadeiras ... mallou... o pai.

  42. O luns caíanche uns lóstregos arrepiantes.

    O luns ... caían... uns lóstregos arrepiantes.

  43. Que ben che recende a roupa!

    Que ben ... recende... a roupa!

  44. A nugalla non te deixa erguer a tempo.

    A nugalla non ... deixa... erguer a tempo.

  45. Retírate de aí ou guíndote á auga.

    ... retira... de aí ou ... guindo... á auga.

  46. Case che oín todo.

    Case ... oín... todo.

  47. Ponte a comer e que che aproveite!

    ... pon... a comer e que ... aproveite...!

  48. Que che augurou a túa fada madriña?

    Que ... augurou... a túa fada madriña?

  49. Mañá recollereiche os libros.

    Mañá ... recollerei... os libros.

  50. Dareiche un aprobado para que te alegres.

    ... darei... un aprobado para que ... alegres...

  51. Entón puxareite e ti farás como que caes.

    Entón ... puxarei... e ti farás como que caes.

  52. Senta aí e non te movas, que che vou procurar un calmante ou Senta aí e non te movas, que vou procurarche un calmante.

    Senta aí e non ... movas..., que ... vou... procurar... un calmante.

  53. Demasiado che sorriu a fortuna este Nadal, non te fagas o parvo.

    Demasiado ... sorriu... a fortuna este Nadal, non ... fagas... o parvo.

  54. Tal vez che xurdan novas posibilidades, vaite preparando ou Tal vez che xurdan novas posibilidades, vai preparándote.

  55. Quen te pariu, que te lamba!

    Quen ... pariu..., que ... lamba...!

  56. O que te afundiu foi unha vaga.

    O que ... afundiu... foi unha vaga.

  57. A crise afundiuche a empresa.

    A crise ... afundiu... a empresa.

  58. Atopeite a rillares no chocolate.

    ... atopei... a rillares no chocolate.

  59. Andábache un rato comendo no queixo ou Andaba un rato coméndoche no queixo.

    ... andaba... un rato comendo... no queixo.

  60. Sempre te lembrarei, pase o que che pase!

    Sempre ... lembrarei..., pase o que ... pase...!

  61. Ese médico sandoute e nada che pediu a cambio.

    Ese médico ... sandou... e nada ... pediu... a cambio.

  62. Os reféns saíronche ilesos do banco.

    Os reféns ... saíron... ilesos do banco.

  63. Xamais te tratarei como un escravo, non te queixes.

    Xamais ... tratarei... como un escravo, non ... queixes...

  64. Por che cantarmos esa cantiga, puxéronnos unha multa ou Por cantármosche esa cantiga, puxéronnos unha multa.

    Por ... cantarmos... esa cantiga, puxéronnos unha multa.

  65. Se cadra, foron os toxos os que te espiñaron.

    Se cadra, foron os toxos os que ... espiñaron...

  66. Meteute nun portal e tirouche a carteira.

    ...meteu... nun portal e ... tirou... a carteira.

  67. De seguiren así, pouco che van regalar ou De seguiren así, pouco van regalarche.

    De seguiren así, pouco ... van... regalar...

  68. O vento rachouche a saia e deixoute toda esfarrapada.

    O vento ... rachou... a saia e ... deixou... toda esfarrapada.

  69. Como te distribuíron na aula? Que lugar che correspondeu?

    Como ... distribuíron... na aula? Que lugar ... correspondeu?

  70. Saudeite cando te dispuñas a cantar.

    ... saudei... cando ... dispuñas... a cantar.

  71. Algúns procurábante para che entregar un presente ou Algúns procurábante para entregarche un presente.

  72. Se che proe, ráñate.

    Se ... proe..., ... raña...

  73. Non te deixou falar.

    Non ... deixou... falar.

  74. Ese resolio mellorarache a voz.

    Ese resolio ... mellorará... a voz.

  75. Por que che/te chaman maragato?

    Por que ... chaman... maragato?

  76. Díxenche, dígoche e direiche que te/che quixen, quérote/che e querereite/che como nunca ninguén te/che quixo a ti.

    ... dixen..., ... digo... e ... direi... que ... quixen..., ... quero... e ... quererei... como nunca ninguén ... quixo... a ti.

  77. Que pasou nesa viaxe na que te deron por morto?

    Que pasou nesa viaxe na que ... doron... por morto? 

  78. Se che saíron ben todas as frases, conténtate, que xa sabes diferenciar te de che.

    Se ... saíron... ben todas as frases, ... contenta..., que xa sabes diferenciar te de che.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com