VERBAS

Por Espiñeira

MELLOR

O comparativo de bonus ‘bo’ era en latín melior ‘mellor’. Desta raíz saíron tanto o noso mellor como o portugués melhor. E, ademais, o catalán millor, o italiano migliore, o provenzal melhor ou o francés meilleur. Polo tanto, o termo meliorativo que empregamos hoxe en galego e nestoutros idiomas romances é case latín puro. Meliorativo é de por parte un adxectivo da mesma raíz latina con significado positivo, ‘que mellora’.

Do verbo latino mellorare derivou a voz culta mellorar e, ademais, outra voz evoluída na forma romance medrar, que ten o valor semántico de ‘aumentar de peso, altura, nivel, volume’ e logo, por extensión semántica, ‘mellorar’. Claro que esa ecuación terminolóxica medrar = mellorar, aínda que resulta verdadeira en moitos contextos, non é sempre válida. Nun Plan de Acción de Aforro e Eficiencia Enerxética promovido polo Instituto Enerxético de Galicia empregan o lema “aforremos para mellorar, melloremos para medrar”.  Aí si que mellora quen medra, e medra quen mellora. Pero non sempre se pode dar por boa a identificación entre medrar e mellorar. Segundo fontes sindicais, “o desemprego medra en Galicia”. Medra, non mellora.

Mellor

O mellor caldo galego é sempre o da casa


Verba seguinte: MEXER // Verba anterior: MARXE // TODAS AS VERBAS


ogalego.eu
Preparación ABAU
Léxico (exercicios)
2005-2024
Letras de cantigas galegas
Suxestións: ogalego@galicia.com