VERBAS

Por Espiñeira

MARXE

No latín margo significaba ‘borde’ e tamén ‘beira’ ou ‘ribeira’. O mesmo significado que ten hoxe a nosa forma marxe. E con semellante dición á nosa pronuncia, aínda que con outra representación gráfica, ten marge o catalán, marge o provenzal e tamén marge o francés.

Esta marxe debe manterse no xénero feminino, como a margem do portugués, sen marxinar, sen que sufra violencia de xénero.

Marxe

Ribeira Sacra chantadina, marxe dereita do río Miño


Verba seguinte: MELLOR // Verba anterior: MARMELO // TODAS AS VERBAS


ogalego.eu
Preparación ABAU
Léxico (exercicios)
2005-2024
Letras de cantigas galegas
Suxestións: ogalego@galicia.com