LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E DA ACTUALIDADE, 2º DE BACHARELATO. TEMARIO LOMCE 2016
Actualización LOMLOE 2023
Como complemento á de Lingua galega e literatura, esta materia pretende que o alumnado galego poida ampliar o seu coñecemento da cultura da comunidade da que forman parte, aumentar o seu coñecemento do mundo, analizar de forma crítica a realidade e, así, mellorar as súas posibilidades comunicativas e estéticas.
Nesta materia de literatura galega preséntanse contidos referentes á literatura do século XX e da actualidade por estaren próximos á sensibilidade da xuventude, proximidade que facilitará a relación coa obra literaria a nivel contextual, textual e estético.
Todo o alumnado cursa Lingua galega e literatura, co cal adquire unha visión xeral da creación literaria. Por tanto, para o desenvolvemento desta materia débese partir da materia común, de forma que non se produza unha redundancia de contidos e se favoreza o afondamento na formación literaria do alumnado.
Esta materia permitiralle ao alumnado, ademais da ampliación de coñecementos literarios, a mellora na utilización de procedementos, técnicas, habilidades e estratexias que axudarán na análise, na investigación, no desenvolvemento do xuízo crítico e na reutilización da información, aplicables non só no campo literario senón tamén noutros campos do saber e en situacións da súa vida cotiá.
A lectura será actividade fundamental nesta materia, entendida como acción complexa que implica comprender, explicar, analizar, interpretar e valorar a obra literaria, de forma que se perciba como algo vivo, creativo e lúdico, que conforme lectores/as sensibles, curiosos/as, reflexivos/as e respectuosos/as cara a todas as manifestacións literarias, artísticas e de pensamento ou opinión.
É fundamental propiciar o traballo da aula que estimule as inquedanzas literarias do alumnado e no que se fomente o espírito crítico, a escoita e o respecto polas distintas ideas e opinións sobre unha obra, a autoría ou un tema. O desenvolvemento destas actitudes conseguirá non só que os alumnos e as alumnas afonden nos seus coñecementos literarios, senón tamén que completen a súa personalidade como persoas responsables, críticas e tolerantes, que sexan quen de expor as súas opinións de xeito argumentado e de captar e aceptar as opinións das outras persoas.
Os contidos desta materia preséntanse agrupados en seis bloques: o primeiro "Aspectos comúns", que estarán presentes no tratamento dos contidos dos restantes bloques; o segundo "Narrativa"; o terceiro "Poesía"; o cuarto "Teatro"; o quinto "Ensaio", e o sexto "A literatura e outras artes".
Bloque 1. Aspectos comúns
- B1.1. Lectura e interpretación de textos significativos do século XX e da actualidade, descrición neles dos aspectos formais e temáticos que os individualizan e valoración destes como expresión da sensibilidade autorial e da identidade cultural de Galicia.
- B1.2. Análise dos elementos intratextuais e extratextuais que impregnan as obras literarias, así como da estrutura e a técnica que os sustentan.
- B1.3. Estudo da relación entre a obra literaria e o contexto sociocultural en que foi creada, e recoñecemento das influencias literarias e non literarias presentes nela.
- B1.4. Valoración da pluralidade de estéticas e temáticas literarias do século XX e da actualidade a través da análise do seu tratamento por diferentes autoras e autores.
- B1.5. Análise da relación entre textos da literatura galega do século XX e da actualidade con textos doutras literaturas, e descrición das conexións formais e temáticas existentes entre eles.
- B1.6. Estudo da relación entre a obra literaria e outras artes (cine, pintura, música, etc.) e descrición de influencias e hibridacións.
- B1.7. Elaboración de traballos de investigación escritos e/ou orais sobre algunha obra ou aspecto salientable dela, empregando as fontes de documentación necesarias e cunha opinión persoal argumentada.
- B1.8. Creación de textos de intención literaria nos que se teñan presentes as técnicas e os coñecementos adquiridos no estudo e na análise das obras da literatura galega do século XX e da actualidade.
Contidos incluídos nos bloques seguintes
Bloque 2. Narrativa
- B2.1. Análise da narrativa galega do século XX e da actualidade, e descrición dos seus paradigmas, os seus contextos e as súas influencias.
- B2.2. Estudo do relato e descrición das súas principais características: estrutura, técnicas e extensión.
- B2.3. Estudo da novela e descrición dos seus trazos definitorios: tipo de narrador, deseño de personaxes e tratamento das categorías de espazo e tempo.
Acceso a documento de preparación
Bloque 3. Poesía
- B3.1. Análise da poesía galega do século XX e da actualidade determinando os seus paradigmas, os seus contextos e as súas influencias.
- B3.2. Estudo do fondo ou contido dos principais textos poéticos do período, determinando temas e motivos.
- B3.3. Estudo da forma ou expresión dos principais textos poéticos do período, determinando o nivel actancial (actores e personaxes), a enunciación (voz, perspectiva e suxeito lírico), a estrutura e a figuración (tropos, figuras de dicción e figuras de pensamento).
Acceso a documento de preparación
Bloque 4. Teatro
- B4.1. Análise do teatro galego do século XX e da actualidade determinando os seus paradigmas, os seus contextos e as súas influencias.
- B4.2. Análise do teatro desde a súa compoñente literaria e caracterización da traxedia, a comedia e o drama do período.
- B4.3. Análise do teatro como espectáculo e descrición do funcionamento dos elementos e axentes escénicos.
Acceso a documento de preparación
Bloque 5. Ensaio
- B5.1. Análise do ensaio galego do século XX e da actualidade determinando os seus paradigmas, os seus contextos e as súas influencias.
- B5.2. Análise de diferentes tipos de ensaios literarios: (auto)biografías, libros de viaxe, memorias, diarios e críticas literarias
- B5.3. Análise de diferentes tipos de ensaios xornalísticos: artigos de opinión, crónicas e entrevistas.
Acceso a documento de preparación
Bloque 6. A literatura e outras artes
- B6.1. Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e o cine.
- B6.2. Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e a música.
- B6.3. Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e as artes plásticas.
- B6.4. Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e a fotografía.
- B6.5. Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e a banda deseñada.
- B6.6. Análise das relacións, influencias e producións hibridadas da literatura e as novas tecnoloxías.
Acceso a documento de preparación