ogalego.eu
Uxío Novoneira, homenaxe de ogalego.eu
Do Courel a Compostela, Uxío Novoneyra
O medo, Celso Emilio Ferreiro
qr
Foto: Uxío Novoneyra

Poema comentado para alumnado de Literatura Galega por Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal-

Ladaíña de Galicia, Uxío Novoneyra

Poema comentado para alumnado de Literatura Galega no ensino secundario. (Para un comentario máis profundo: Carmen Blanco. Novoneyra un cantor do Courel a Compostela, Toxosoutos,2010)

-Seguimos a versión mecanografada e asinada polo autor (VER)

-15-5-2013: Alumnado do Sánchez Cantón rapea Letanía de Galicia lembrando os 30 anos da visita do autor:

- (esnovocoitar o autor recitando o poema no Sánchez Cantón en Pontevedra o 16-05-1983)

1.- Lectura do poema. Comentario do léxico descoñecido.
2.- Comentario escrito do que se ve no poema: tema, estructura, análise da forma, conclusións.
3.- Escoitar o recitado de Novoneira.
4.- Lectura coral das ladaíñas.
5.- Explicación do poema
6.- Lectura coral do poema.
7.- Novo comentario do poema.

A LETANÍA DE GALICIA /1968: Uxío Novoneyra .

DE tanto calar xa falo eu solo

 

GALICIA digo eu / un di ..............GALICIA
GALICIA decimos todos ..............GALICIA
astr´os que calan din ...................GALICIA
e saben .......................................sabemos

GALICIA da door chora ...............á forza
GALICIA da tristura triste ............á forza
GALICIA do silencio calada ..........á forza
GALICIA da fame emigrante .........á forza
GALICIA vendada cega ................á forza
GALICIA tapeada xorda ...............á forza
GALICIA atrelada queda ...............á forza

libre pra servir ....................libre pra servir
libre pra non ser .................libre pra non ser
libre pra morrer ..................libre pra morrer
libre pra fuxir .....................libre pra fuxir

GALICIA labrega ...............GALICIA nosa
GALICIA mariñeira ............GALICIA nosa
GALICIA obreira ...............GALICIA nosa
GALICIA irmandiña ...........GALICIA viva inda

recóllote da terra ................estás mui fonda
recóllote do pueblo..............estás nil toda
recóllote da HISTORIA ......estás borrosa

recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote prós novos que vein con forza
prós que inda non marcou a malla d´argolas
prós que saben que ti podes ser outra cousa
prós que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa

 

/a parte en cursiva diraa o coro /

 


COMENTARIO

De tanto calar xa falo eu só

Introdución: xa é hora de botar fóra o que me atormenta. O poeta está farto de que a xente non proteste polas inxustizas, sexa conformista e de que intente esquecer a situación, así que el protesta só e continua a protesta de outros. É unha especia de dedicatoria, unha dedicatoria a todos aqueles que calan, que non se atreven a cambiar a situación de Galicia, do galego.

20 veces aparece a palabra Galicia en maiúscula, porque é o nome que enche todo o poema, o tema único. Poema social e nacionalista. É un poema que, a modo dun rosario cristián, rez(it)amos todos os galegos unidos como unha oración de súplica e un canto de liberdade

Boa parte do poema ten unha estrutura paralelística con abundantes anáforas e epíforas (consiste en repetir a mesma palabra ao final de cada verso). Este poema foi unha novidade na súa época, aínda que é novidoso está baseado na tradicional ladaíña do rosario católico. É un poema social, prosaico estruturado en varios grupos de versos ou pseudoestrofas.

GALICIA digo eu ... un di ............GALICIA
GALICIA dicimos todos ..............GALICIA
ata os que calan .. din ..................GALICIA
e saben .......................................sabemos
Eu digo/sinto Galicia, coma calquera, como todos os galegos, mesmo os que non o din, os que non manifestan o seu sentimento pola terra e calan, como calan os galegos; eles tamén o saben e sabémolo todos, Galicia é unha tarefa común de todos os galegos e galegas. Este sentimento de amor e pertenza a Galicia vai in crescendo, primero só é o poeta, logo úneselle outro, logo todos.

GALICIA da dor ... chora ................á forza
GALICIA da tristura ... triste ............á forza
GALICIA do silencio ... calada ..........á forza
GALICIA da fame ... emigrante .........á forza
GALICIA vendada ... cega ................á forza
GALICIA tapeada ... xorda ...............á forza
GALICIA atrelada ... queda ...............á forza
Tal e como recita o autor, hai unha pausa, chora, triste, etc. van unidas a á forza
Personificación: chora, triste, calada...

Repaso aos históricos males de Galicia: a que sofre, a que chora, sempre triste (Rosalía: triste é o cantar que cantamos), que non protesta e está calada (Castelao: os galegos non protestan, emigran), a que emigra pola fame, a que está cega, cunha venda e non pode ver a realidade, a que está rodeada por un muro (tapeada) e xorda, que non escoita as chamadas, a que está atada (atrelada), quieta por non poder moverse. E o coro repite á forza, porque non é libre, non dispón do seu destino, está forzada
Arcadio López-Casanova ve nesta estrofa
relacións de contigüidade

libre pra servir ....................libre pra servir
libre pra non ser .................libre pra non ser
libre pra morrer ..................libre pra morrer
libre pra fuxir .....................libre pra fuxir
A ironía da liberdade que non existe: é libre para seguir servindo a señores e foráneos, é libre para non ser ela mesma, para non ser un pobo, para ser alienada e asoballada, é libre para morrer como pobo, é libre para fuxir, para escapar. E o coro vaino remarcando e repetindo, como o roga por nós do rosario

GALICIA labrega ...............GALICIA nosa
GALICIA mariñeira ............GALICIA nosa
GALICIA obreira ...............GALICIA nosa
GALICIA irmandiña ...........GALICIA viva inda
Agora cántase ás tres clases máis nosas, que conforman o verdadeiro ser galego: os labregos, os mariñeiros (as máis tradicionais, as que conservaron a lingua os costumes) e os obreiros (a nova clase social do século XX). Non están os fidalgos, nin a nobreza nin a Igrexa porque eles non senten a Galicia e refugaron o seu idioma. E tamén canta ao noso pasado de loita e honra: os Irmandiños, que seguen aínda vivos nas nosas conciencias, que son exemplo de loita e rebelión
En edicións posteriores o último verso forma unha nova estrofa sen intevencíón do coro:
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda

recóllote da terra ................estás moi fonda
recóllote do pueblo ...............estás nil toda
recóllote da HISTORIA ......estás borrosa
Os tres elementos que forman a identidade dunha nación: unha terra, un pobo e unha historia comúns. A terra (nome que sempre se lle deu tamén a Galicia: A Nosa Terra) e o pobo (pueblo, como se dicía daquela, sen pobo non hai Galicia) están enraizados, claros, todo o mundo os capta e sente, pero a Historia aínda non se coñece ben, está borrosa

recóllote e érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pobo
recóllote prós novos que vein con forza
prós que inda non marcou a malla de argolas
prós que saben que ti podes ser outra cousa
prós que saben que o home pode ser outra cousa
Como na ladaíña, o que guía a oración fai unha conclusión final.
No verbo (a palabra, a lingua galega) está a esencia, na lingua do pobo; a verdadeira, a falada, mesmo cos castelanismos normais na época: letanía, solo, pueblo. Sen a fala non habería Galicia. A mocidade que vén (vein, dialectalismo courelán) con forza, porque aínda non está marcada pola escravitude (a argola dos escravos que deixaba marca), non están alienados. Os novos saben que Galicia pode ser outra cousa, que a humanidade pode ser outra cousa mellor. É unha chamada e un voto de confianza para a xente nova galega.
Remata cunha chamada á comunidade galega e á comunidade humana, nacionalismo e internacionalismo

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa
O coro (o pobo) recolle a chamada e repítea facéndoa súa
É como o amén final da ladaíña

  /a parte en cursiva diraa o coro /
A ladaíña é a oración que se recrea no poema de Novoneira. Algo que nos une aos galegos, como o rosario á familia católica. Un canto, unha oración, unha súplica na que a Virxe é a nosa terra. Unha longa lista de rogos aos que vai respondendo o coro. En certa medida é semellante a un canto góspel
Dicíase na posguerra española la familia que reza unida permanecerá unida e la familia que reza unida el Rosario reproduce un poco el clima de la casa de Nazaret. Na posguerra era habitual en moitas familias rezar o rosario xuntos. Presidían os avós (sobre todo as avoas) e un dos membros tiña que levar/dirixir a oración.

O escritor Xosé Lois García (amigo do autor) contou que a idea lle xurdira a Novoneyra da doenza de súa nai. Por culpa do alzheimer repetía obsesivamente as mesmas frases como unha ladaíña. Dicía unha e outra vez:
Non hai remedio, non hai remedio, non hai remedio pra min
Non hai remedio, non hai remedio, non hai remedio pró mundo

Así se repite tamén no poema coma no rezo do rasario.

Que é o Rosario? O Santo Rosario é unha das devocións laicas máis populares entre católicos por todo o mundo. O seu nome formal é "O Santo Rosario da Santísima Virxe María." O Santo Rosario relaciónase con Santo Domingo de Guzmán (1170-1221). Desde o século quince en diante os dominicanos foron os promovedores principais do Rosario. En 1569 o Papa San Pio V estableceu o formato de quince Misterios como a versión oficial do Santo Rosario, autorizado pola Igrexa. No ano 2002, o Papa Juan Pablo II agregou cinco Misterios adicionais, agora hai vinte Misterios en total.
Como se reza o rosario? Co rosario na man faga o Sinal da Cruz , e rece o "Credo dos Apóstolos".
2 - Rece o primeiro Nosopai  e medite o Primeiro Misterio.
3 - Rece 10  Avemarías (unha por cada doa pequena); rece o " Gloria".  
4 - Rece o Nosopai e medite o Segundo Misterio; 10 Avemarías. Rece o "Gloria".
5 - Rece o Nosopai e medite o Terceiro Misterio; 10 Avemarías. Rece o "Gloria".
6 - Rece o Nosopai e medite o Cuarto Misterio; 10 Avemarías. Rece o "Gloria".
7 - Rece o Nosopai e medite o Quinto Misterio; 10 Avemarías. Rece o "Gloria".
8 - Un Nosopai e tres Avemarías polas intencións do Santo Padre.
9 - A Salve
10 - Ladaíñas da Virxe (Lauretanas) (É tradición engadilas ao final do rosario): Vexamos a versión galega e a latina -que moita xente sabía de memoria en latín na posguerra sen nunca estudar latín- tendo en conta que a cursiva é dita polo coro:

Señor, ten piedade de nós
Cristo, ten piedade de nós
Señor, ten piedade de nós
Cristo óenos
Cristo, escóitanos

Deus, Pai Celestial, Ten piedade de nós
Deus Fillo, Redentor do Mundo -Ten piedade de nós
Deus, Espírito Santo -Ten piedade de nós
Santa Trindade, un só Deus -Ten piedade de nós

Santa María Roga por nós
Santa Nai de Deus Roga por nós
Santa Virxe das Virxes Roga por nós
Nai de Cristo Roga por nós
Nai da Divina Graza Roga por nós
Nai Purísima. Roga por nós
Nai Castísima. Roga por nós
Nai sen mancha. Roga por nós
Nai Inmaculada Roga por nós
Nai amable Roga por nós
Nai admirable Roga por nós
Nai do bo consello Roga por nós
Nai do Creador Roga por nós
Nai do Salvador Roga por nós
Virxe prudentísima Roga por nós
Virxe venerada Roga por nós
Virxe laudable Roga por nós
Virxe poderosa Roga por nós
Virxe clemente Roga por nós
Virxe fiel Roga por nós
Espello de xustiza Roga por nós
Sé de sabedoría Roga por nós
Causa da nosa alegría Roga por nós
Vaso espiritual Roga por nós
Vaso honorable Roga por nós
Vaso insigne de devoción Roga por nós.
Rosa Mística Roga por nós
Torre de David Roga por nós
Torre de Marfil Roga por nós
Casa de ouro Roga por nós
Arca da Alianza Roga por nós
Porta do Ceo Roga por nós
Estrela da mañá Roga por nós
Saúde dos enfermos Roga por nós
Refuxio dos pecadores Roga por nós
Consolo dos Aflixidos Roga por nós
Auxilio dos cristiáns Roga por nós
Raíña dos Anxos Roga por nós
Raíña dos Patriarcas Roga por nós
Raíña dos Profetas Roga por nós
Raíña dos Apóstolos Roga por nós
Raíña dos Mártires Roga por nós
Raíña dos Confesores Roga por nós
Raíña das Virxes Roga por nós
Raíña de todos os santos Roga por nós
Raíña concibida sen pecado orixinal Roga por nós
Raíña levada ao ceo Roga por nós
Raíña do Sacratísimo Rosario Roga por nós
Raíña da paz Roga por nós

Año de Deus, que tiras o pecado do mundo, Perdóanos Señor
Año de Deus, que tiras o pecado do mundo, Escóitanos Señor
Año de Deus, que tiras o pecado do mundo, Ten piedade de nós
Roga por nós, Santa Nai de Deus Para que sexamos dignos de alcanzar as promesas do noso Señor Xesucristo

Oremos, Señor, concede aos teus servos gozar sempre de completa saúde de alma e corpo, e pola intercesión la gloriosa sempre Virxe María, líbranos das tristezas desta vida e concédenos gozar das alegrías eternas. Por Cristo Noso Señor. Amén.

Kýrie, eléison.
Christe, eléison.
Kýrie, eléison.
Christe, audi nos.
Christe, exáudi nos .

Pater de cælis, Deus, miserére nobis.
Fili, Redémptor mundi, Deus, miserére nobis.
Spíritus Sancte, Deus, miserére nobis.
Santa Trínitas, unus Deus, miserére nobis.

Sancta María, ora pro nobis
Sancta Dei Génitrix, ora pro nobis
Sancta Virgo vírginum, ora pro nobis
Mater Christi, ora pro nobis
Mater divínæ grátiæ, ora pro nobis
Mater puríssima, ora pro nobis
Mater castíssima, ora pro nobis
Mater invioláta, ora pro nobis
Mater intemeráta, ora pro nobis
Mater amábilis, ora pro nobis
Mater admirábilis, ora pro nobis
Mater boni consílii, ora pro nobis
Mater Creatóris, ora pro nobis
Mater Salvatóris, ora pro nobis
Virgo prudentíssima, ora pro nobis
Virgo veneránda, ora pro nobis
Virgo prædicánda, ora pro nobis
Virgo potens, ora pro nobis
Virgo clemens, ora pro nobis
Virgo fidélis, ora pro nobis
Spéculum justítiæ, ora pro nobis
Sedes sapiéntiæ, ora pro nobis
Causa nostræ lætítiæ, ora pro nobis
Vas spirituále, ora pro nobis
Vas honorábile, ora pro nobis
Vas insígne devotiónis, ora pro nobis
Rosa mýstica, ora pro nobis
Turris Davídica, ora pro nobis
Turris ebúrnea, ora pro nobis
Domus áurea, ora pro nobis
Foderis arca, ora pro nobis
Jánua cæli, ora pro nobis
Stella matutína, ora pro nobis
Salus infirmórum, ora pro nobis
Refúgium peccatórum, ora pro nobis
Consolátrix afflictórum, ora pro nobis
Auxílium Christianórum, ora pro nobis
Regína Angelórum, ora pro nobis
Regína Patriarchárum, ora pro nobis
Regína Prophetárum, ora pro nobis
Regína Apostolórum, ora pro nobis
Regína Mártirum, ora pro nobis
Regína Confessórum, ora pro nobis
Regína Vírginum, ora pro nobis
Regína Sanctórum ómnium, ora pro nobis
Regína Sine labe origináli concépta, ora pro nobis
Regína in cælum assúmpta,  ora pro nobis
Regína sacratíssimi Rosárii, ora pro nobis
Regína pacis, ora pro nobis

Agnus Dei, qui tollis peccáta mundi, parce nobis, Dómini.
Agnus Dei, qui tollis peccáta mundi, exáudi nos, Dómini.
Agnus Dei, qui tollis peccáta mundi,  miserére nobis.
Ora pro nobis, sancta Dei Génitrix. Ut digni efficiámur promissiónibus Christi.

Orémus. Concéde nos fámulos tuos, quæsumus, Dómine Deus, perpétua mentis et córporis sanitáte gaudére: et gloriósa beátæ Maríæ semper Vírginis intercessióne, a præsénti liberári tristítia, et ætérna pérfrui lætítia.

No poema de Uxío Novoneira son os galegos unidos que pregan, afirman a súa fe en Galicia. Recréase libremente a forma do rosario católico, presente en moitas das familias galegas da época.

A aparición dun oso no Courel deu pé á publicación desta tira de banda deseñada na prensa:

2005-2017