ogalego.eu
Manuel Portas
Léxico III
Léxico 1
qr
Foto: Manuel Portas, amigo de ogalego.eu

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel 
-ogalego.eu // ogalego.gal

LÉXICO 2


1.- Indicar sinónimos

2.- Ordenar sinónimos I

3.- Ordenar sinónimos II

4.- Ordenar sinónimos III

5.- Botar o intruso

6.- Busacar sinónimos

7.- Ordenar sinónimos IV

8.- Diferenzas nos matices de sinónimos

9.- Indicar antónimos

10.- Ordenar antónimos

11.- Antónimos e sinónimos

12.- Formar antónimos con prefixos


AXUDA: TEORÍA SEMÁNTICA


1.- Indicar algún sinónimo da palabra remarcada (premer sobre e enunciado)

  1. Deulle unha forte aperta.

  2. O demo do can mordeume.

  3. Fun vender un porquiño.

  4. O doutor mandoume durmir sen almofada.

  5. Que ledicia me causaches!

  6. O leite aínda está morno.

  7. Limpa a cinza da lareira.

  8. Sempre se bican ao marcharen.

  9. Non ouses volver por aquí.

  10. Armaron unha boa pelexa.

  11. Mete as camisas no armario.

  12. Acertaches ben co camiño?

  13. Aproxima esa cadeira.

  14. Vou acender o lume, que vai frío.

  15. Agarda un anaco e verás o resultado.

  16. Con esta néboa é moi difícil conducir.

  17. Vive preto de aquí.

  18. Non é fácil facer ben ese problema.

  19. Ten sona de ser moi agarrado.

  20. Desde entón tenme xenreira.

  21. Sempre anda a zugar caramelos.

  22. Que xornal les ti?

  23. Podes gardar o coche nese alpendre.

Corrección do exercicio

2.- Ordenar os sinónimos das dúas fileiras

muxica, sino, bico, colgar, recuar, curmán, comprar, guante, bágoa, acostumarse, golpe

peteiro, primo, raposo, faísca, luva, campá, afacerse, pendurar, mercar, lágrima, cear

Corrección do exercicio


3.- Ordenar os sinónimos das tres fileiras

adival, alegre, berrar, mancar, buraco, cuxo, amañar, abrandar, cacheira, esborrexer, verme

trelo, amolentar, discutir, magoar, pucho, cachucha, compor, contento, furado, escorregar, ronco

rello, burato, cachola, arranxar, ledo, rifar, ferir, becerro, coco, esvarar, amolecer

Corrección do exercicio


4.- Ordenar os sinónimos das catro fileiras

alzar, cadea, fortuna, manchar, cara, contribución, abdome, atrevemento, pelexar, amparo, monte

imposto, emporcar, ventre, montaña, prisión, sorte, erguer, ousadía, auxilio, combater, rostro

elevar, cárcere, trabuco, serra, faciana, audacia, loitar, fado, luxar, barriga, axuda

bandullo, outeiro, destino, face, arroxo, tributo, levantar, alxube, guerrear, socorro, ensuciar

Correción do exercicio


5.- Indicar que dúas palabras sobran en cada serie de sinónimos (solución: achegar o rato á palabra)

  1. abarcar, meter, abranguer, comprender, tomar, conter -ver-

  2. achar, atopar, coller, bater, encontrar, descubrir -ver-

  3. labazada, caricia, cariño, azoute, afago, agarimo -ver-

  4. aflición, pesar, mágoa, nostalxia, dor, contento -ver-

  5. querer, alcanzar, atinxir, lograr, conseguir, tentar -ver-

  6. enxergar, albiscar, ollar, fitar, divisar, avistar -ver-

  7. morte, crime, pasamento, falecemento, óbito, homicidio -ver-

  8. orgullo, soberbia, teima, valía, vaidade, arrogancia -ver-

  9. catástrofe, desgraza, desdita, desventura, infelicidade, sorte -ver-

  10. deserto, despoboado, ermo, carente, ruín, solitario -ver-

  11. pulo, chouto, salto, caída, pirueta, brinco -ver-

  12. rubio, azul, vermello, encarnado, marelo, colorado -ver-

Corrección do exercicio

6.- Indicar un novo sinónimo para cada serie. No texto seguinte hai un para cada unha; se che fai falta, procúrao (premer na serie)

  1. falecer, finar, perecer

  2. liña, ringleira, serie

  3. folgo, bafo, sopro

  4. avoengos, ascendentes, devanceiros

  5. suave, mol, tenro

  6. demencia, tolemia, tolería

  7. sombrizo, tenebroso, calixinoso

  8. lacazán, nugallán, lerchán

  9. soportar, padecer, sufrir

Foi un acedo momento o de morrer e irse reunir cos seus antepasados. Botou o último alento e incorporouse preguizoso na fila de ánimas que peregrinaban a Santo André de Teixido. Camiñando por escuros vales e cruzando infinidade de regatos, aturando a humidade e o frío da noite, marchou purgar aquela loucura que fixera anos atrás desprezando o que non debía para algún día poder descansar no brando leito da eternidade.

Corrección do exercicio

7.- Ordenar en series de sinónimos estas palabras, pode haber de dous a catro

  1. abade

  2. cortizo

  3. vagalume

  4. lucecú

  5. bambán

  6. crego

  7. arrandeadoiro

  8. cura

  9. gouña

  10. bolboreta

  11. verme da luz

  12. trobo

  13. paxarela

  14. sacerdote

  15. papoia

  16. carabuña

Correccion do exercicio

8.- Diferenzas nos matices dos sinónimos mediante exemplos
Por exemplo: matar: tirar a vida a un ser vivo. Xa matei o capón de Nadal.
asasinar: tirar a vida a traizón a un indefenso. Meu curmán foi asasinado na Arxentina
.

abundante: que abunda, que hai en abundancia
abondoso: que ten a propiedade ou virtude de producir abundancia

enfermidade: falta de forzas, debilidade
doenza: estado doloroso do corpo

acordar: cesar o sono, recobrar os sentidos despois dun sono normal
espertar: interromper o sono profundo a horas desacostumadas pola influencia de algo ou alguén

adormecer: deixarse vencer do sono
durmir: conservarse entregado ao sono

alugar: refírese a bens mobles e urbanos
arrendar: refírese a bens rústicos

decapitar: cortar a cabeza por sentenza da xustiza
degolar: cortar o pescozo ou cabeza dun animal por calquera motivo

futuro: que se espera e está lonxe de suceder
vindeiro: que se espera e sucederá pronto

leña: considerada en relación ao lume para arder
madeira: considerada en relación á construción

palabra: termo, vocábulo
verba: conxunto de termos, conversa

chan: superficie, pavimento, terra plana
solo: terra, considerada nas súas calidades produtivas e como camadas diferentes

último: final, que vai despois de outros
derradeiro: último dunha serie ou enumeración

lume: labarada, ardor, claridade
fogo: usado no referente a armas e explosións

morriña: nostalxia de algo ou alguén querido e concreto
saudade: nostalxia máis xeral, máis existencial

gusto: un dos cinco sentidos que reside sobre todo na lingua

sabor: propiedade que teñen os corpos de excitar unha sensación no órgano do gusto

afastar: pór para lonxe
arredar: tirar do pé ou pór para atrás

apartar: pór á parte
separar: refírese ao que estaba unido ou mesturado

Correción do exercicio: libre

9.- Indicar o antónimo da palabra resaltada (premer no enunciado)

Corrección do exercicio

10.- Ordenar as dúas fileiras para que resulten antónimos

abaixo

amañar

bulir

soltar

encoller

doce

faltar

lembrar

limpar

tirar

atopar

afrouxar

mentira

levar

bo

estirar

traer

apertar

estragar

esquecer

perder

acougar

verdade

mao

agarrar

empurrar

amargo

luxar

sobrar

arriba

Corrección do exercicio


11.- Na 1ª e 3ª fileiras hai dous sinónimos desordenados e na central hai un antónimo para cada par. Ordenalos.

brando, atar, refugar, preto, enxugar, alegre, vida, apagar, quentarse, longo, pechar

curto, arrefriar, mollar, duro, aceptar, branco, ida, ceibar, triste, acender, abrir

negro, ledo, vinda, largo, rexeitar, quecer, secar, mol, prender, fechar, matar

Corrección do exercicio


12.- Formar os antónimos das seguintes palabras antepondo os prefixos des- ou in- (premer sobre a palabra)

abotoar

popularidade

real

humano

coidar

moralidade

culto

regular

arroupar

persoal

par

enterrar

paciencia

cansar

modestia

activo

mobilidade

aparecer

perfecto

tapar

agradecemento

cubrir

amañar

relixioso

pintar

cortesía

orde

popular

orientar

parcial

coñecemento

previsto

diferente

racional

posibilidade

facer

embarcar

obedecer

aproveitar

voluntario

culpa

compor

corrupto

reflexión

empatar

abrigar

intelixíbel

hábil

compatíbel

aconsellar

oír

envolver

gustar

resolución

habitar

agradábel

igualdade

honestidade

certeza

necesario

infectar

produtivo

acougar

perceptíbel

capaz

material

lexítimo

calzar

dobrar

cómodo

coser

confianza

usar

apto

certeza

consecuente

casar

acción

amarrar

advertencia

honra

amontoar

legalidade

fiel

pureza

colocar

respirábel

responsabilidade

vertebrado

interese

equilibrio

aparecer

suficiente

acostumar

afacerse

revogábel

Corrección do exercicio completo


Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com