ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Léxico 2. Exercicio 6: Indicar un novo sinónimo para cada serie. No texto seguinte hai un para cada unha; se che fai falta, procúrao


  1. morrer

  2. fila

  3. alento

  4. antepasados

  5. brando

  6. loucura

  7. escuro

  8. preguizoso

  9. aturar

  1. falecer, finar, perecer

  2. liña, ringleira, serie

  3. folgo, bafo, sopro

  4. avoengos, ascendentes, devanceiros

  5. suave, mol, tenro

  6. demencia, tolemia, tolería

  7. sombrizo, tenebroso, calixinoso

  8. lacazán, nugallán, lerchán

  9. soportar, padecer, sufrir

Foi un acedo momento o de morrer e irse reunir cos seus antepasados. Botou o último alento e incorporouse preguizoso na fila de ánimas que peregrinaban a Santo André de Teixido. Camiñando por escuros vales e cruzando infinidade de regatos, aturando a humidade e o frío da noite, marchou purgar aquela loucura que fixera anos atrás desprezando o que non debía para algún día poder descansar no brando leito da eternidade.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com