Léxico 2. Exercicio 1: Indicar algún sinónimo da palabra remarcada
Deulle un forte abrazo.
O demo do can traboume.
Fun vender un bacoriño/ranchiño/maranquiño/ochiño
O doutor mandoume durmir sen cabezal.
Que alegría me causaches!
O leite aínda está tépedo.
Limpa a borralla da lareira.
Sempre se beixan ao marcharen.
Non ouses voltar por aquí.
Armaron unha boa liorta.
Mete as camisas no roupeiro.
Atinaches ben co camiño?
Achega esa cadeira.
Vou prender o lume, que vai frío.
Espera un anaco e verás o resultado.
Con esta brétema é moi difícil conducir.
Vive cerca de aquí.
Non é doado facer ben ese problema.
Ten fama de ser moi agarrado.
Desde entón tenme odio.
Sempre anda a chuchar caramelos.
Que periódico les ti?
Podes gardar o coche nese pendello.