ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Léxico 2. Exercicio 9: Indicar o antónimo da palabra resaltada


  1. A comida está salgada.

  2. A calor excesiva non é boa.

  3. O café está moi quente.

  4. Non é difícil saír de aquí.

  5. A botella do aceite está chea.

  6. Ergueuse ás catro da mañá.

  7. Aparta un pouco ese cinceiro.

  8. Aforrou moitos cartos ese ano.

  9. Nesa corte hai un boi manso.

  10. Este peixe está ben cru.

  11. Se pos a folla do revés, verala mellor.

  12. Saíume unha liña ben torta.

  13. Olla para o lado esquerdo.

  14. Hoxe tes cara de san.

  15. Vou espir a boneca.

  16. Gañou moito diñeiro no bingo.

  17. Enfrontáronse pola venda da casa.

  18. Saíu correndo por aquela porta.

  19. Hai que premialo por esa acción.

  20. Creo que vai baixar o prezo do gas.

  21. Aquí sempre me divertín moito.

  22. Sairemos ao atardecer.

  23. Sempre camiñaba diante de nós.

  24. Sempre remata os discursos co mesmo saúdo.

  25. Cacei unha perdiz femia.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com