ogalego.eu
Bernardino Graña, homenaxe de ogalego.eu
Léxico 4: follas
Léxico 2
qr
Foto: Bernardino Graña, escritor galego

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal

LÉXICO 3


1.- Definicións: buscar a palabra

2.- Definir unha palabra

3.- Definicións descoidadas

4.- Atmosfera e utensinlios de cociña

5.- Arquitectura, cores, instumentos musicais

6.- Literatura, armas, pintura

7.- Xentilicios

8.- Indicar o pai e a nai


1. A seguir están 50 definicións que seguen o Dicionário da Língua Galega coordenado por Isaac Alonso Estravís (Ed. Alhena) -ed. en liña-. Trátase de encontrar a palabra correspondente a cada definición. Por se xorden dificultades vai logo unha lista de palabras ordenadas alfabeticamente e que se corresponden coas 50 definicións

  1. Terreo cercado que acostuman ter as igrexas en fronte ou arredor. solucion

  2. Embaixador do Papa xunto dun goberno estranxeiro. solucion

  3. O conxunto das abellas dunha colmea. solucion

  4. Festa anual dos cristiáns que conmemora a Resurrección de Cristo. solucion

  5. Esfera oca de metal que ten dentro dúas ou máis boliñas que, ao axitárense, producen son (lévanas cans e gatos). solucion

  6. Especie de asento que se coloca sobre o cabalo para maior comodidade do xinete. solucion

  7. Aquilo que inventou Gutemberg na Alemaña en 1441. solucion

  8. Arte de adiviñar o futuro examinando as liñas da palma da man. solucion

  9. Dispositivo para amortecer as oscilacións dos resortes de suspensión dun vehículo e que pode ser de fricción ou hidráulico. solucion

  10. Unidade eléctrica equivalente a 1000 vatios. solucion

  11. Aquel que ten unha soa esposa ou muller. solucion

  12. Vicio de comer e beber en exceso. solucion

  13. Lado da embarcación de onde sopra o vento. solucion

  14. Aquilo que se paga par redimir unha persoa secuestrada. solucion

  15. A muller que monta a cabalo. solucion

  16. Composición poética e de asunto triste, que lamenta a morte dunha persoa. solucion

  17. Primeira comida do día despois de se erguer, sen contar a parva ou copiña de augardente. solucion

  18. Utensilio para soprar o lume ou para introducir o aire nos canos do órgano (na gaita do país é de coiro). solucion

  19. Ciencia que trata da natureza e síntomas das doenzas. solucion

  20. Mamífero mariño, cetáceo, o maior dos animais que coñecemos. solucion

  21. Axudante de avogado. solucion

  22. Bebida refrescante e con gas, sen alcohol, preparada con anhídrido carbónico, de moi baixo prezo. solucion

  23. Calquera tecido que se fabrica con liño. solucion

  24. Estado mórbido de tristeza causado pola idea de doenzas imaxinarias. solucion

  25. Aquel que se dedica ao comercio de antigüidades. solucion

  26. Acto polo cal un pobo ou estado decide por sufraxio universal e directo o seu destino político sen coacción ou intervención externa. solucion

  27. Soberano dun imperio. solucion

  28. Que nace co individuo, conxénito. solucion

  29. Sinal feito coa cabeza, mans, ollos ou obxectos para darmos a entender o que queremos. solucion

  30. Horror ou temor á auga (tamén designa a rabia). solucion

  31. Quentar unha substancia ata unha temperatura moi alta necesaria para destruír os xermes, como se fai a miúdo co leite. solucion

  32. Prenda con abas para cubrir a cabeza. solucion

  33. Amor excesivo e mórbido á propia persoa, especialmente no aspecto físico. solucion

  34. Campo ou espazo destinado ao pouso ou partida de helicópteros. solucion

  35. Número necesario de votantes para que unha asemblea poida tomar un acordo válido. solucion

  36. A parte central, máis dura, rexa e escura do toro das árbores. solucion

  37. Instrumento dereito, longo e estreito utilizado para trazar rectas. solucion

  38. Arte de recoñecer o carácter dunha persoa a partir do exame da súa letra ou escrita. solucion

  39. Aquel que ten cincuenta anos. solucion

  40. Asociación formada por membros dun mesmo oficio ou profesión para defender os intereses propios (moi abundante entre pescadores). solucion

  41. Ciencia que trata das moedas ou medallas. solucion

  42. Acendedor automático de cigarros, cociñas, etc.. solucion

  43. Espazo de terra rodeado de auga por todas as partes. solucion

  44. Porco moi novo que se alimenta de leite. solucion

  45. Envoltura de certas sementes leguminosas como os chícharos; ou tamén, envoltura de coiro ou metal onde se garda a espada. solucion

  46. Mesturar os naipes ou cartas. solucion

  47. Resplandor moi vivo e súbito causado por unha descarga eléctrica nunha treboada. solucion

  48. Compilación, antoloxía de anacos literarios de calidade. solucion

  49. Inflamación no pescozo producida polas glándulas salivares. solucion

  50. Corrente de auga pouco voluminosa, río pequeno. solucion

Aceno, adro, almorzo, amazona, amortecedor, anticuario, autodeterminación, axóuxere, balea, barallar, barlovento, cerna, chapeu, chisqueiro, confraría, elexía, enxame, escolma, fol, gasosa, grafoloxía, gula, heliporto, hidrofobia, hipocondría, illa, emperador, imprenta, innato, leitón, lenzo, lóstrego, monógamo, narcisismo, numismática, nuncio, orellóns, pasante, Pascua, pasteurizar, patoloxía, quilovatio, quincuaxenario, quiromancia, quórum, regato, regra, rescate, sela, vaíña

Corrección do exercicio 1


2.- Definir como un dicionario

Agora procurarase definir de xeito semellante ás anteriores esta lista de palabras. Logo convén consultar un dicionario

acoirazado

albanel

anteface

aterraxe

beberaxe

bordel

cranio

crocodilo

desvantaxe

detrito

efeméride

eiruga

entupir

impo

macela

prognosticar

recruta

telefonar

tifo

xeada

 

Corrección do exercicio: libre

3.- Definicións descoidadas, dun primeiro aprendiz de dicionarista. Hai que descubrir a que vocábulo corresponde cada unha (premer nos enunciados)

  1. Aquilo que pomos nas mans para non ter frío, para protexelas.

  2. O que teñen os coches para facelos parar (de pé e de man).

  3. Aquela consellaría ou ministerio encargado dos impostos.

  4. Conxunto de preguntas destinado a saber como pensa a opinión pública sobre certo tema; hai moitas en época electoral.

  5. Punto cardinal por onde sae o sol.

  6. Camas postas unha enriba doutra de maneira que os de enriba deben ter coidado ao baixaren, non se vaian mancar os de abaixo.

  7. Parece unha persoa mais é un boneco e serve para colocar vestidos, traxes, etc. nos comercios.

  8. Aquel a quen lle gusta moito, moito a música; tamén a clásica.

  9. É como se unha nube fose a rentes do chan e hai que acender unhas luces especiais do coche.

  10. Úsano os rillotes (e algún que non o parece) para brincaren e consiste nun aparello que se bota ao aire suxeito cun cordel e logo hai que facelo planear (sen vento non vai nada ben).

  11. Ter proído, picar o corpo.

  12. Aparello que levamos no pulso para sabermos a que hora andamos.

  13. A última parte da tarde, propia para reunións, xuntanzas, fiadeiros.

  14. Chamar polo nome que non lle é propio a alguén, que ás veces lle parece mal.

  15. Así lle chamamos ao día anterior a outro.

  16. Meter diñeiro nun banco, mercar accións para que nos dea un bo rendemento.

  17. Pór os beizos en forma de bucina e soprar, prodúcese un ruído moi común nos partidos do Celta e do Deportivo.

  18. Os ósos da cabeza limpos de carne; se lle metemos dentro unha vela acesa produce ás escuras un efecto arrepiante.

  19. Cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra; hai que pór lentes afumadas para velo.

  20. Pequeno vulto que temos no pé onde empeza a perna, hai que andar con xeito para non escordalo.

Corrección do exercicio 3

4.- Nestas columnas hai corenta palabras relacionadas con fenómenos atmosféricos ou o estado do tempo e corenta nomes de utensilios de cociña. Indicar a que campo pertence cada unha e buscar no dicionario as que non se coñezan

barómetro

abridor

friaxe

escumadeira

chover

abridor

furacán

ballón

raio

lentura

vento

forno

choiva

folerpa

ciclón

vendaval

espremedor

chuvasco

intemperie

xeada

mantel

frigorífico

tixola

balanza

clima

fogaxe

nevada

arco da vella

orballo

culler

pote

ola

lavalouza

chuviscar

arroiar

batedeira

cafeteira

vinagreira

fonte

coador

lóstrego

salgadoiro

garfo

pingas

relador

trono

borrasca

coitelo

froiteira

neboeira

travesa

temporal

sarabia

saleiro

escampar

azucreiro

cunca

espeto

vaixela

néboa

tempestade

cazo

muíño

trepia

gramalleira

remuíño

copa

cazola

macheta

botella

trebón

viruxe

brétema

nube

funil

vaso

prato

morteiro

nubrar

alfa

 

Corrección do exercicio 4

5.- Nestas columnas hai corenta palabras relacionadas coa arquitectura, corenta relativas a cores e corenta a instrumentos musicais. Indicar a que campo pertence cada unha e buscar no dicionario as que non se coñezan

tabaco

tuba

pazo

louro

cárdeo

timbal

saxofón

arpa

bóveda

dourado

nave

piar

cunchas

zanfona

clavicordio

roxo

fuste

violonchelo

ciborio

guitarra

gaita

ábaco

cereixa

arco

negro

muro

plano

pandeireta

perpiaño

amarelo

harmónica

beixe

viola

estría

pito

branco

balneario

trompeta

caqui

capitel

carmín

tambor

cobreado

acordeón

crema

arcada

alaranxado

palla

fachada

purpúreo

rosado

atabal

sangue

órgano

rubio

pedestal

cúpula

lira

torre

violín

batería

verde

cruceiro

contrabaixo

igrexa

frauta

castaño

pratos

laúde

piano

cornixa

oxiva

charamela

peralte

cincento

chocolate

rosa

gris

arcobotante

limiar

pilastra

lila

rabel

anil

colariño

azafrán

salterio

imposta

azul

perístilo

arquivolta

encarnado

columna

corneta

granate

cambota

harmonio

tamboril

frontón

pandeiro

bucina

acanto

moreno

clarinete

morado

montante

berimbao

sordina

frontispicio

terroso

trompa

violeta

voluta

ocre

clarín

vermello

pórtico

mate

portada

escarlata

Corrección do exercicio 5

6.- Nestas columnas hai corenta palabras relacionadas coa literatura, corenta relativas a armas e corenta á pintura. Indicar a que campo pertence cada unha e buscar no dicionario as que non se coñezan

mísil

cadro

ensaio

fábula

bésta

dardo

díptico

gradación

frecha

poesía

estampa

chuzo

prosa

seta

lámina

lenzo

sátira

teatro

venabre

épica

pareado

miniatura

drama

espingarda

baioneta

novela

acuarela

navalla

sabre

episodio

escudo

calcomanía

fresco

mina

fabulista

cronista

pastel

tanque

pincel

brocha

canón

ton

escritor

morteiro

lanzagranadas

polígrafo

modelo

arcabuz

posar

poeta

cera

apóstrofe

repintar

mosquetón

pintar

esbozar

limiar

xaspear

conto

pistola

libro

revólver

hipérbole

manchar

perífrase

retocar

rifle

pau

matizar

poema

garrote

óleo

onomatopea

panel

interrogación

pleonasmo

cor

coitelo

retablo

daga

lírica

argumento

tapiz

espada

estilete

deseño

florete

bosquexo

diálogo

machada

biblioteca

prosista

paleta

pinacoteca

rexurdimento

museo

carabina

escarnio

sombrear

verniz

escopeta

metáfora

libraría

díptico

fusil

tiracroios

lanzachamas

asíndeto

caricaturista

cartolina

metralladora

dramaturgo

novelista

metonimia

retratista

mural

polisíndeto

coitela

pedra

estoque

Corrección do exercicio

7.- Sinalar os xentilicios correspondentes
Por exemplo, Galicia: galego; Angola: angolano

A Baía

A Bretaña

A Coruña

A Estrada

A Habana

A Limia

A Rioxa

A Terra Chá

África do Sur

Alacante

Allariz

Alxeria

América do Sur

Arabia

Arousa

Asia

Atenas

Austria

Ávila

Badaxoz

Baiona

Bergantiños

Betanzos

Boiro

Bos Aires

Braga

Bulgaria

Cádiz

Caldas de Reis

Camariñas

Camba

Cambados

Canadá

Cangas

Carballo

Cartago

Castela

Cataluña

Celanova

Ceuta

Chantada

Chile

China

Chipre

Colombia

Croacia

Cuenca

Dinamarca

Donostia

Ecuador

Eivisa

Elxe

Escocia

Eslovaquia

Estados Unidos

Estremadura

Exipto

Ferrol

Finlandia

Fisterra

Fonsagrada

Foz

Grecia

Guatemala

Guinea

Huelva

Inglaterra

Irán

Irlanda

Israel

Lima

Lisboa

Londres

Lugo

Luxemburgo

Macedonia

Madrid

Mallorca

Marín

Marrocos

Melide

México

Milán

Mondoñedo

Monforte de Lemos

Moscova

Mozambique

Mugardos

Múnic

Muros

Nicaragua

Noia

Noruega

O Bierzo

O Carballiño

O Porriño

O Porto

Ortigueira

Os Ancares

Osca

Ourense

Oviedo

País de Gales

País Vasco

Panamá

Paquistán

Pequín

Perú

Polo Norte

Pontedeume

Pontevedra

Redondela

Rianxo

Ribadeo

Ribeira

Río de Xaneiro

Roma

Romanía

Rusia

San Paulo

Santiago

Sardeña

Serbia

Suecia

Suíza

Tui

Ucraína

Uganda

Uruguai

Valdeorras

Venezuela

Verín

Viena

Vigo

Vilagarcía

Viveiro

Xapón

Xirona

Xordania

Zambia

 

Corrección do exercicio 7

8.- Indicar o pai e a nai de cada un

bacoriño

año

becerro

pito

pombiño

cadelo

poldro

perdigón

cabuxo

cágado

lobeto

rato

Corrección do exercicio 8

 

2005-2017