Fernando Miranda
Foto: Fernando Miranda, libreiro de Bueu amigo de ogalego.eu

ogalego.eu - ogalego.gal son Vitoria Ogando Valcárcel // Anxo González Guerra, catedráticos de galego xubilados

Tema anterior ogalego.gal Tema seguinte: Educación literaria

Lingua Galega e Literatura. 2º Bach. Lingua e sociedade, ABAU, tema 4. As linguas da Península Ibérica


Exame: 2 imaxes ou textos (escoller un) e pregunta sobre eles.

Ver como foi o exame en 2023


1.Linguas oficiais.
-O idioma oficial de Xibraltar é o inglés usado polas institucións, a televisión pública e o ensino. A lingua coloquial de moita xente é o llanito, mestura de español, inglés e outras linguas.
-Andorra é o único estado que ten como idioma oficial o catalán, tamén se fala moito o castelán e o francés.
-O idioma oficial de Portugal é o portugués, por número de falantes nativos é a sexta lingua máis falada do mundo. Para os lusistas é a mesma lingua que o galego, para os non lusistas é unha lingua irmá. É lingua oficial en Brasil e outros estados africanos. Desde 1999 tamén é oficial en Portugal o mirandés, usado por uns 15.000 falantes.
-A lingua oficial do Estado español é o castelán ou español, a cuarta lingua máis falada no mundo, oficial en moitos estados americanos. É a lingua oficial única en moitas comunicades autónomas e cooficial noutras.
2. Linguas cooficiais.
-O catalán é a lingua oficial duns dez millóns de persoas en Cataluña, Illas Baleares e, segundo algúns, na Comunidade de Valencia.
-O valenciano é lingua oficial na Comunidade Valenciana. Existe unha controversia entre os que consideran o valenciano como unha variedade do catalán e os que o consideran unha lingua diferente.
-O aranés é unha lingua occitana usada por varios miles de persoas no Val de Arán pero considerada cooficial en toda Cataluña.
-O éuscaro é a lingua oficial no País Vasco e unha parte de Navarra (Euskal Herria). Non é unha lingua románica.
-O galego é a lingua oficial en Galicia. Fálase tamén no occidente de Asturias, no Bierzo, e en Seabra.
Non teñen consideración como oficiais o asturiano ou bable, o aragonés e a fala de Estremadura ou galego do Val do Ellas


Tema anterior ogalego.gal Tema seguinte: Educación literaria
2005-2024
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.