casa Paz Andrade, homenaxe de ogalego.eu

Libros en galego que se deixan ler

Teoría

@
qr
Foto: Valentín Paz Andrade, escritor galego

ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados

LINGUA GALEGA E LITERATURA. 2º ESO. ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NA REDE
(na memoria de Valentín Paz Andrade, un bo e xeneroso)

Antigo espazo Abalar


Seguimos os apartados correspondentes aos contidos de 2º ESO publicados no DOG LOMCE (que empeza en 2016).
Todas as actividades teñen ligazóns á rede para que o profesorado e o alumnado poidan traballar conectados. Esta guía non é máis que unha axuda, non é un curso completo.

- Espazo Abalar de 2º ESO, Lingua Galega

-Proxecto Cotovía: Lingua Galega e Literatura, 1º e 2º ESO

- ogalego.eu no espazo Abalar


                                                   
  • B1.1. Comprensión, interpretación e resumo de novas de actualidade e de informacións de crónicas, reportaxes e documentais procedentes dos medios de comunicación audiovisual. (Na aula)
  • B1.2. Comprensión, interpretación e valoración de textos orais utilizados no ámbito social e educativo (Na aula)
  • B1.3. Desenvolvemento de habilidades de escoita cunha actitude de interese, cooperación e respecto ante as intervencións orais, sobre todo en exposicións do profesorado ou do alumnado. (Na aula)
  • B1.4. Escoita crítica e reflexiva ante as mensaxes discriminatorias dos medios de comunicación, con especial atención aos programas de carácter informativo: noticias reportaxes e crónicas (Na aula).
  • B1.5. Valoración das producións orais emitidas cunha fonética e prosodia correcta e cunha actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela. (Na aula)
  • B1.6. Produción de discursos orais, en intervencións espontáneas, adecuados á situación e á intención comunicativa desexada, con coherencia, cohesión e corrección. (Na aula)
  • B1.7. Coñecemento e aplicación, con axuda das TIC, de técnicas e estratexias para a produción de textos orais sobre temas de actualidade. (Na aula)
  • B1.8. Participación activa en situacións propias do ámbito educativo e de interese para o alumnado que xeren intercambio de opinión. (Na aula)
  • B1.9. Coñecemento, uso e aplicación de técnicas e estratexias necesarias para falar en público: planificación do discurso nas prácticas orais formais e informais. (Na aula)
  • B1.10. Construción de discursos adecuados a distintos rexistros, coherentes e ben organizados sobre temas de interese persoal ou social da vida cotiá e educativo. (Na aula)

Bloque 2. Comunicación escrita. Ler e escribir

  • B2.1. Coñecemento e uso de técnicas de análise do contido e de estratexias de lectura comprensiva: esquemas, resumos, etc.
    -Texto 13 de Mayor Zaragoza
    -Texto -4
  • B2.2. Comprensión e interpretación de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en ámbitos próximos aos intereses do alumnado: diarios, cartas persoais, avisos e solicitudes.
    -Traballar cos textos 1 a 6: publicidade, cartas, circular, currículo, instancia, acta
  • B2.3. Comprensión e interpretación, en formato papel e dixital, de textos propios dos medios de comunicación (noticias).
    1- O xornal máis lido en galego é Sermos Galiza, semanal en papell. Escoller unha nova e comentala na AV ou no procesador de textos.
    2- O xornal máis completo en galego foi Galicia Hoxe, agora só virtual.
    3- Noticieiro Galego, xornal dixital
    Facer unha análise das seccións que ten e de que tratan.
    Cales son as novas máis importante do día? Por que?
    4- La Voz de Galicia é o xornal en castelán máis lido en Galicia.
    Probar a ler La Voz en galego premendo en lavozdegalicia.es en galego (arriba á esquerda xunto á lupa) e facer un comentario da experiencia (ou directamente).
    Explicación de seccións que ten.
    Os lugueses tamén poden ver en galego El Progreso premendo na bandeira ou directamente
    Os pontevedreses poden optar por ver en galego o Diario de Pontevedra premendo na bandeira ou directamente
    Os coruñeses tamén poden ver en galego La Opinión (versión galego)
    5- O segundo xornal máis lido en Galicia é o Faro de Vigo, que tamén dispón dunha versión en galego
    (á dereita debaixo de suscriptor)
    6. Outros medios dixitais son Praza Pública, Galicia confidencial.
  • B2.6. Actitude reflexiva e crítica ante a lectura para identificar usos lingüísticos discriminatorios, manifestar posturas de acordo e desacordo e expor razoadamente as ideas respectando as ideas dos demais.
    - Buscar nos xornais do apartado 2 textos que traten o tema da discriminación: a muller, a homosexualidade, os inmigrantes, os diferentes...
    - Historias de Galicia: A historia de ser mulleres
  • B2.8. Planificación e revisión do escrito en función da situación comunicativa (tema, fins e destinatarios) para elaborar producións con adecuación, coherencia, cohesión e corrección nas relacións internas e externas dos contidos do texto. (Na aula)
  • B2.9. Produción, en formato papel ou dixital, de escritos propios da vida cotiá e das relacións sociais: diarios, cartas persoais, avisos, solicitudes e participación en foros. (Na aula)
  • B2.10. Produción, en formato papel ou dixital, de textos propios dos medios de comunicación (noticias). (Na aula)
  • B2.11. Produción, en formato papel ou dixital, de textos de carácter educativo: cuestionarios, resumos, informes de tarefas, descricións e explicacións sobre contidos das materias curriculares.(Na aula)
  • B2.12. Produción e síntese, en formato papel ou dixital, de textos de distinta tipoloxía, fundamentalmente, narrativos e descritivos. (Na aula)
  • B2.13. Uso das TIC (procesadores de texto e correctores ortográficos) tanto para a textualización, como para a revisión e mellora do escrito. (Na aula)
  • B2.14. Valoración da escritura como fonte de aprendizaxe e como forma de comunicar experiencias, ideas e coñecementos propios. (Na aula)

Bloque 3. Funcionamento da lingua

  • B3.1. Recoñecemento, explicación e uso de léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de fraseoloxía e de vocabulario temático a partir de campos léxicos traballados na aula.
    -Práctica léxico 1
    -Práctica léxico 2
    -Fraseoloxía
  • B3.2. A fonética e a fonoloxía do galego, con especial atención a posibles interferencias.
    - Fonética (adaptado a 2º ESO)
    https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/solucions/fonematica/fonoloxia.pdf
  • B3.3. Uso eficaz dos dicionarios e doutras fontes de consulta en calquera soporte, especialmente sobre flexión, relación semántica e normativa.
  • B3.4. Coñecemento, comparación, uso e valoración das normas que regulan os textos orais e escritos, propios e alleos.
  • B3.6. Análise e uso reflexivo da puntuación en relación coa cohesión textual.
    -Práctica.
    -Axuda.
  • B3.7. Recoñecemento da estrutura de substantivos e verbos e da súa caracterización morfolóxica para a mellora da comprensión e produción textuais.
    -Na parte de substantivo e verbo.
  • B3.8. Recoñecemento, uso e explicación dos nexos e conectores textuais (espaciais, de oposición e contraste) e dos principais mecanismos de referencia interna, tanto gramaticais como léxicos.
    -Na parte de preposición e conxunción.
  • B3.9. Coñecemento dos compoñentes sintácticos no nivel da frase para elaborar enunciados, orais e escritos, cun estilo cohesionado e correcto.
    -Adaptado ao nivel de 2º ESO
  • B3.10. Coñecemento, uso e aplicación das estratexias necesarias de autoavaliación, aceptando o erro como parte do proceso. (Na aula)
  • B3.11. Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensión de libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente relacionados cos elementos transversais e nos que se eviten estereotipos lingüísticos ou culturais. (Na aula)
  • B3.12. Identificación e progresiva utilización dos coñecementos sobre as linguas para desenvolver unha competencia comunicativa integrada. (Na aula)

Bloque 4. Lingua e sociedade

  • B4.5. Proceso de normalización. Desenvolvemento de actitudes positivas cara ao proceso de recuperación do galego, favorecemento do xurdimento de vínculos positivos cara ao seu uso e consciencia da necesidade e das potencialidades de enriquecemento persoal e colectivo do uso normalizado da lingua galega. (Na aula)
  • B4.8. Recoñecemento das variantes diafásicas da lingua galega e da función da lingua estándar, uso normalizado da variante dialectal propia da zona e utilización e valoración da variante estándar da lingua en situacións de carácter formal.
    -Vídeos con falas dialectais

Bloque 5. Educación literaria

  • B5.1. Lectura, con regularidade, de obras literarias e desenvolvemento dun criterio lector; emisión dunha opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relación do seu sentido coa propia experiencia e outros coñecementos adquiridos e valoración do uso dos elementos propios de cada xénero literario, o punto de vista empregado e o uso estético da linguaxe.
    - Lecturas recomendadas para este curso:
  • B5.2. Lectura expresiva e comprensiva e audición de poemas recitados ou cantados; determinación do tema principal, a estrutura xeral e os principais recursos estilísticos.
    - En Son de poetas podemos escoller entre unha morea de poemas e fixármonos nos recursos xa que temos son e letra
    - Tamén na Biblioteca Virtual Galega temos un bo feixe de poemas para escoitar
  • B5.3. Lectura expresiva e comprensiva de textos narrativos breves e localización e descrición dos elementos estruturais e formais máis salientables: punto de vista, tempo, espazo e personaxes principais.
    - Tamén na Biblioteca Virtual Galega temos un bo feixe de textos
  • B5.4. Lectura dramatizada e comprensiva, visionado de pezas teatrais e recoñecemento dos compoñentes e procedementos que caracterizan os subxéneros.
    - De nvo na Biblioteca Virtual Galega temos textos drmáticos
  • B5.5. Comparación de textos pertencentes a diferentes xéneros e subxéneros, sinalando as coincidencias e diferenzas, tanto estruturais coma formais. (Na aula)
  • B5.6. Análise de textos literarios, de maneira guiada, identificación dos trazos dos subxéneros e a funcionalidade dos recursos retóricos. (Na aula)
  • B5.7. Produción de textos de intención estética servíndose dos coñecementos literarios adquiridos e dos recursos retóricos traballados na aula. (Na aula)
  • B5.9. Aproveitamento, baixo guía, dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais, para a realización de traballos e cita axeitada destes. (Na aula)
2005-2024
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.