ogalego.eu // ogalego.gal son Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados |
FRASEOLOXÍA galega
1. Indicar cal das tres solucións significa o mesmo que a resaltada
1. Por levar esa vida anda á miñoca o Pedro.
SOLUCIÓN |
2. Se o vexo, vou ter unhas palabras con el.
SOLUCIÓN |
3. Agarda, que vou facer de corpo e xa volvo.
SOLUCIÓN |
4. Paréceme que a ese lla van armar con queixo se non se move.
SOLUCIÓN |
5. Hoxe o André está que non lle colle un grao de millo no cu.
SOLUCIÓN |
6. A D. Afonso, desta vez saíulle a burra capada.
SOLUCIÓN |
7. Cando escoitei iso, dixen coa miña lingua pequena: vai haber barullo.
SOLUCIÓN |
8. Sabedes o que me contestou? Pois: xa se meteu o demo a predicador.
SOLUCIÓN |
9. Parece que o seu avogado está decidido a tirar da manta.
SOLUCIÓN |
10. Que fai? Pois, ultimamente, anda aos grilos.
SOLUCIÓN |
11. Amigo, penso que con eses métodos vas mallar en ferro frío.
SOLUCIÓN |
12. Non hai que lle facer, é un Xan debaixo da cama.
SOLUCIÓN |
13. A Andrea pretende meterme os dedos polos ollos.
SOLUCIÓN |
14. Se fallas, vaiche caer o pelo.
SOLUCIÓN |
15. Sempre anda a lavarlle a cara a D. Rosendo.
SOLUCIÓN |
16. O mellor vai ser dar sebo aos pés.
SOLUCIÓN |
17. Esquece ese asunto, que sería botarlle aceite ao lume.
SOLUCIÓN |
18. Púxose coma un pito ao saír da escola.
SOLUCIÓN |
19. A ese vanlle calcar as costelas un día destes.
SOLUCIÓN |
20. Veña, que xa me comeza a ladrar o estómago.
SOLUCIÓN |
21. Parece mentira, déitase coas galiñas e anda cheo de sono.
SOLUCIÓN |
22. Vaia, xa botaches a lingua a pacer!
SOLUCIÓN |
23. Se queres conseguir algo del, has de lle untar o carro.
SOLUCIÓN |
24. Pronto me decatei de que María lle enchía o ollo a Martiño.
SOLUCIÓN |
25. Meu avó estaba sempre coas esporas postas mentres viviu alí.
SOLUCIÓN |
26. Ese meu amigo do Salnés tiña dous irmáns bravos que vivían en Santiago (localización do dito)
SOLUCIÓN |
2. Cada locución da primeira columna corresponde á explicación da segunda. Ordenalas
1. Saír a fume de carozo 2. Non ter unha fala máis alta que outra 3. Escoller como en peras 4. Poñer o carro diante dos bois 5. Asar a manteiga na punta dun guizo 6. Dar coa porta nos fociños 7. Dar couces contra o aguillón 8. Esas son fabas contadas 9. Ser un cu de mal asento 10. Entre o coiro e a carne 11. Botar os fígados 12. Verlle as orellas ao lobo 13. Andar coa mosca tras da orella 14. Dar unha no cravo e outra na ferradura 15. Facerlle a cama a alguén
|
1. Tentar facer algo imposíbel 2. Elixir o que se queira e como se queira 3. Despedir de má maneira 4. Non acougar en ningures 5. Saír o máis rápido que se pode 6. No máis vivo, no que máis doe 7. Ver os perigos, os males de algo 8. Facer algo moi á présa, antes do debido, ou ao revés 9. Preparar todo para que algo lle saia mal 10. Non alterarse por nada, ser comedido 11. Ir mesturando o bo e o mao 12. Estar desconfiado, temendo algo 13. Obstinarse con algo imposíbel 14. Tratarse de algo que escasea moito 15. Traballar ou esforzarse demasiado
|
3. Indicar o significado das locucións
Pór toda a carne no espeto.
Sangrar como un carneiro.
Ver o ceo aberto.
Levar o corazón na man.
Deixar co mel nos beizos.
Ter bo dente.
Entrar de gorra nun sitio.
Ir cos da feira e volver cos do mercado.
Saír coas orellas gachas.
Marchar co rabo entre as pernas.
Vivir de moca.
Andar coa area no zoco.
Cacarexar e non pór o ovo.
Andar con pés de la.
Estar en estado interesante.
Facerlle as beiras a alguén.
Facerlle a figa a alguén.
Estar como peixe na auga.
Ser agudo como un allo.
A procesión vai por dentro.
4. Indicar o significado da locución remarcada
Naquel sitio o sol aburaba as pedras.
Iso é como coller auga nun cesto.
Xa podes ir botando a barba a remollo.
Un sol deses que fai abrandar as pedras.
Desde a guerra non ergueu cabeza.
A ese hai que lle acusar as corenta calquera día.
Déixao, que hoxe non está para festas.
Sempre se foi gobernando co que lle daban os tíos e agora dá xenio velo.
Cando viu que o caixeiro estarricou a pata, tragouno a terra.
Mentres ti miras polas ovellas, eu vou mollar a palleta á casa.
Antes estaban como o can e o gato, agora téñense lei unha á outra.
Primeiro déronche gato por lebre e agora déixante na estacada.
Ese libro é todo palla aínda que o profesor o puxo polas nubes.
Dáme o corpo que ese libro é mais vello que andar a pé.
Deixa pasar uns anos e verás como todo se vai en fume, e acaba morrendo como un can.
Como non cambie de actitude, vai levar cachote.
Curar, curaches; mais quedaches feito unha espiña.
Outra vaca no millo! Mellor che sería estares calado.
Iso é un farrapo de gaita, non interesa.
Vai andando se queres, mais haiche a carreiriña dun can.
|
Que é unha cousiña cousa que está se hai sol e, se non hai sol non está?
Verde por fóra e rubia por dentro, e moitas grosas no doce centro
Unha vella cun só dente, chama a toda a súa xente.
Teño catro pés e non son animal; bríllanme os ollos na noite e sen beber non podo andar
Que cousiña será para adiviñar, que ten orellas coma o gato, pés coma o cato, rabo coma o gato, ollos coma o gato e gato non é?
Ten lombo e non anda, follas ten e non é planta, sabe moito e nada fala
Ten barbas e home non é, ten dentes e non pode comer
Son moi fermoso por diante e moi feo por detrás; cambio a cada instante e arremedo aos demais
Que cousiña é que se pon na mesa, córtase, repártese e non se come?
Unha saba branca, sen algodón, que cobre o mundo e o río non
Que cousiña é que nunca se pode tocar coa man esquerda?
Por un carreiriño moi mal empedrado, ando e non me mollo e sempre vou mollado
Que cousiña será que por moito que lle dea o sol nunca enxoita a verás.
Que será unha cousiña cousa que pasa polo río e non se molla e pasa polo lume e non se queima?
Longo como un camiño, torto coma un fouciño e corre coma un canciño
Do tamaño dunha cazola e ten ás e non voa
De que hai que encher un pucheiro para que pese menos que baleiro?
Cen e cen fillos ten e todos a leite os mantén
Que cousiña é que canto máis lle poñen máis pequena é e canto máis lle sacan, máis grande é
Anda e non ten pés, come e non ten boca, canta comida lle dan toda lle parece pouca
A miña amiga e mais eu andamos a un compás, coas pernas para adiante e os pés para atrás.
7.- Adiviñas 2 (recollidas de Escolma de Carballedo, Nicanor Rielo Carballo, Ed. Castrelos).
1-Alto me vexo
no laperexo,
ben vexo vir e non podo fuxir.
2-Bótesme tarde,
bótesme cedo,
ata o maio,
non me ves o pelo.
3-Catro corremontes,
catro cichafontes,
un dálle dálle,
e dous tuturulús
4-Cen redondiños
e un redondón,
un saca saca
e un quita pon
5-Dúas nais e dúas fillas,
cubertas con tres mantillas
e ningunha vai sen ela
aínda que son tres prendas
6-Dúas peludas,
un pelado
e un cálcalle no rabo
7-Embaixo da terra,
nun burato metida,
ten barbas e non cara,
dentes e sen boca,
cabeza e sen pés
e ti que tanto sabes,
adiviña o que é
8-Entre dous puños brancos
hai unha flor amarela,
que se pode presentar
diante do rei e da reina
9-Foliquiño andaba buscando,
o
rabo largo estaba mirando
e se non fora polo buratiño,
o que sería do pobre Foliquiño
10-Miña nai é tartamuda,
meu pai é cantador,
teño un vestido branco
e marelo o corazón
11-Que cousa é,
que cousa non é,
cando vai para o monte
vai enguruñada,
e cando vén para a casa
vén estarricada
12-Teño uns tríngulis míngulis
colgados da barriga,
teño libras, teño cuartas
e en min todos se fían
13-Unha vez, a ver se adiviñas,
debaixo do pinguín que pingaba
estaba o roncón que roncaba
e veu o fungón que fungaba,
e o demo do fungón que fungaba
botou de alí ao roncón que roncaba
2005-2024 |
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional. |