ogalego.eu
Celso Emilio Ferreiro, homenaxe de ogalego.eu

Conxunción

Adverbio

qr
Foto: Celso Emilio Ferreiro, escritor galego

ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados

PREPOSICIÓN


Completar con preposicións 1 // 2 // 3 // 4 // 5 // 6 // 7 // 8


1.- Sinalar as preposicións e locucións preposicionais

  1. Non viñeron á discoteca por mor do exame do instituto.

  2. Co gallo do Día das Letras Galegas fanse cousas que se deberían facer todo o ano.

  3. Senta aquí, cabo de min ao pé do lume, temos que conversar con tempo.

  4. Púxoo sobre o banco, logo colleuno con noxo e tirouno pola xanela.

  5. Pono a rentes do chan para que non lles estorbe aos nenos.

  6. Traballou moito a prol da xustiza e pagáronllo coa indiferenza e o esquecemento.

  7. Agora voume situar decote diante do Miguel e a carón do Daniel.

  8. En vez de levalo, déixao dentro do armario.

  9. Desde onte anda fóra de si cun xenio de mil demos.

  10. Non poñas cara de ferreiro por quedares debaixo de min, xa sabes que xogo con vantaxe pola experiencia.

Corrección do exercicio 1

2.- Completar as frases usando as preposicións ata, deica, contra e a locución preposicional cara a (e indicar o seu valor en cada caso)

  1. Habería ... cincuenta mil cabezas de gando.

  2. Agora a volta ciclista vai ... Lugo pola N-VI.

  3. Entón poñían os nenos de xeonllos ... a parede.

  4. Mañá xogan ... os de Peroxa.

  5. O Sol sairá ... a seis.

  6. Cariño está ... Ortigueira.

  7. Marcho, que é tarde; ... mañá.

  8. Estivemos a sachar na viña ... as nove e cuarto.

  9. Faltan unhas cinco horas ... a chegada do avión.

  10. Hai ... trinta deputados dispostos a votaren afirmativamente.

  11. Pois querían pór unha central nuclear alá ... Xove.

  12. Hai uns douscentos quilómetros ... a casa máis próxima.

  13. Sempre andaban en guerras ... os franceses.

  14. Foi andando ... o peirao e non cansou.

Corrección do exercicio 2

3.- Completar as frases usando as preposicións para, sen, sobre, desde (e indicar o seu valor en cada caso)

  1. ... onte non probou bocado.

  2. Son as once e aínda tes os exercicios ... facer.

  3. Deu unha conferencia ... as influencias celtas na arte galega.

  4. Este verán non irei ... Baiona pasar a vacacións.

  5. Esta cervexa non é ... ti, que ten alcohol.

  6. Coido que os cans me deixaron ... comida hoxe.

  7. O autobús de Ribadeo chega ... sete.

  8. ... Tui ata aquí haiche a carreiriña dun can.

  9. Esqueceu o chisqueiro que estaba ... a miña mesa.

  10. Decidiuse a facelo ... a miña aprobación.

  11. Non deu unha peseta ... a cacharela de san Xoán.

  12. ... a semana vou ter que pedir cartos emprestados.

  13. ... o día catro non caeu unha pinga.

  14. Anda a estudar ... médico e vai ... dous anos que está en primeiro.

  15. ... cando é logo ese casamento?

Corrección do exercicio 3

4.- Completar as frases usando as preposicións a, ante/perante, entre, tras, baixo (e indicar o seu valor en cada caso)

  1. Iso dismo fóra e ... testemuñas.

  2. Deixeicho ... a porta para que non o vexan.

  3. Esconde os zapatos ... a porta.

  4. Os alemáns déronlle unha propina ... o porteiro.

  5. Nunca se entenderon moi ben ... eles.

  6. Viñeron cear ... a miña casa.

  7. Taboada está case a medio camiño ... Lugo e Ourense.

  8. O partido do Teucro comeza ... as cinco e media.

  9. Para que saia ben hai que facelo ... todos.

  10. ... hoxe e mañá pouco vai quedar sen arar.

  11. Atopei ... a María moi mellorada.

  12. Pono ... o sol para que seque.

  13. Púxose ... cantar unha aria.

  14. ... este punto de vista todo parece marabilloso.

  15. Non te volvas presentar ... min tan desleixado.

Corrección do exercicio 4

5.- Completar as frases usando as preposicións con, de, so (e indicar o seu valor en cada caso)

  1. Agora mudou de oficio e traballa ... día.

  2. Érguese ... noite e marcha arranxarlle a casa á boa ... a tía.

  3. Onte xogaron ... as de Celanova e hoxe ... as de Bueu.

  4. Se te pos ... costas non ves o monitor.

  5. ... esta viruxe non hai quen se atreva a saír.

  6. Regaláronme un reloxo suízo ... ouro.

  7. Anda ... tino, que pisas terreo perigoso.

  8. Veño ... Pontevedra, fun ver os touros e comer algo ... marisco.

  9. Tiveron que levantar o coche ... un guindastre.

  10. Aquel veleiro é ... as miñas irmás.

  11. Está ... as fillas pasando uns días e tomando un pouco ... aire.

  12. Prohibido cazar ... pena de prisión menor.

  13. Terás que cangar ... nós, que sempre estamos a falar ... fútbol.

  14. Falei ... a profesora e cambiou ... parecer.

  15. Cando empeces ... a obra non abuses ... o viño.

Corrección do exercicio 5

6.- Completar as frases usando as preposicións en, por, segundo (e indicar o seu valor en cada caso)

  1. ... meu tío isto non ten solución.

  2. Ese vídeo nunca foi visto ... min.

  3. Aínda están as contas ... facer.

  4. Que ben bebe ... o leite o cadeliño!

  5. Vai ... a Coruña buscar o billete para o avión.

  6. Nunca che expuxen as cousas tan ... serio.

  7. Contoumo todo ... o miúdo.

  8. Mándame os paquetes ... barco, que veñen máis seguros.

  9. A casa de Otero Pedraio está ... Trasalba.

  10. Estamos ... o ano máis frío do século.

  11. Busca ... aí, que escoitei un ruído.

  12. Vai sempre ... o camiño máis curto.

  13. ... ese tempo aínda ti non saíras da casca do ovo.

  14. ... o que din, non estudas nada.

  15. Déixasmo ... a mesa da sala.

  16. Eses barquiños tan lindos fainos só ... diversión.

  17. Custoulle moito e tivo que vendelo ... catro cadelas.

  18. Vai ... a veiga apañar ... as patacas.

  19. Terei que gardar cama ... un ano, así que non agardes ... min.

  20. Foi ... os vasos para servir a laranxada.

Corrección do exercicio 6

7.- Completar as frases coas preposicións adecuadas

  1. Non estou contenta ... o coche, estou disposta ... cambialo ... outro, se o podo mercar ... mesmos cartos.

  2. O vaqueiro sacou ... pistola e preparouse ... o asalto.

  3. Entón non se preocupaba ... nada, só tiña interese ... pasalo ben.

  4. Sorprendeuse ... a miña xogada e púxose ... mirar ... o compañeiro .... cara seria.

  5. Fixo un estudo ... o subsolo ... a bisbarra e viu que era pobre ... ferro e carbón.

  6. Manqueime ... unha perna e non teño ganas ... traballar nin creo que fose beneficioso ... a ferida.

  7. Xa están fartos ... loitar .... o racismo, mais teñen .... continuar aínda moito tempo.

  8. Os que falaron mal ... el, que se ateñan ... as consecuencias e se deixen ... andar ... a orella agachada.

  9. Hai un señor que pregunta ... Pedro, quere falar ... el ... participaren xuntos ... un negocio.

  10. Está ansioso ... esquecerse ... o asunto e acabar dunha vez ... os remorsos que lle produce.

  11. Anda ... apañar ... os tomates, que é ... o que vive, mais logo virá xa que ten que coidar ... a tía que está ... a cama hai dous anos.

  12. Gústalle tanto o baile que soña ... ser un cantante famoso e saír ... a televisión.

  13. Lembreime ... ti porque seica tes influencia ... o consello ... administración.

  14. Olla o neno, está agarrado ... a mesa roendo ... unha onza de chocolate e xa tirou ... o pan ... o chan.

  15. Deixa ... bater ... a porta e tocar a campaíña que vas abouxar os veciños.

Corrección do exercicio 7

8. Terra, Tanxugueiras

(escoitar a canción no You Tube)

Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-ah
Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-la
Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la
Ai-la-ra-la-la

Esta noite foliada, esta noite hai serán
Agárdoche no turreiro, compañeiriña leal
Compañeiriña leal, compañeiriña leal
Esta noite foliada

Para cantar veño eu coa pandeireta na man
Aturuxa canda min, que nos escoiten berrar
Que nos escoiten berrar, que nos escoiten berrar
(Coa pandeireta na man)

Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-ah
Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-la
Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la
Non hai fronteiras

Canta ti, cantarei eu, co xeito das nosas nais
Festexaremos a vida da xente que está a bailar
Da xente que está a bailar, da xente que está a bailar
(Co xeito das nosas mans)

Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-ah
Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-la
Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la
Ez dago mugarik

Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-ah
Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-la
Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la
No hi ha fronteres

Aí veñen, aí veñen, veñen pra quedar
Esas bravas gorxas de fondo cantar
De fondo cantar, de fondo cantar
Aí veñen, aí veñen, veñen pra quedar

Veñen pra quedar, veñen pra quedar, veñen pra quedar
Veñen pra quedar, veñen pra quedar
Veñen pra quedar, pra quedar, pra quedar, pra quedar
Veñen pra quedar, veñen pra quedar
Veñen pra quedar

Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-ah
Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-la
Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la
No hi ha fronteres

Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-ah
Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la-la
Ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la, ai-la-ra-la-la
No hay fronteras

8.1. Sinalar as preposicións no texto da canción. SOLUCIÓN

2005-2024
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.