Preposición. Exercicio 7: completar con preposicións
Non estou contenta co coche, estou disposta a cambialo por outro, se o podo mercar polos mesmos cartos.
O vaqueiro sacou de pistola e preparouse para o asalto.
Entón non se preocupaba de nada, só tiña interese en pasalo ben.
Sorprendeuse pola miña xogada e púxose a mirar para o compañeiro con cara seria.
Fixo un estudio sobre o subsolo da bisbarra e viu que era pobre en ferro e carbón.
Manqueime nunha perna e non teño ganas de traballar nin creo que fose beneficioso para a ferida.
Xa están fartos de loitar contra o racismo, mais teñen de continuar aínda moito tempo.
Os que falaron mal del, que se ateñan ás consecuencias e se deixen de andar coa orella agachada.
Hai un señor que pregunta por Pedro, quere falar con el para participaren xuntos nun negocio.
Está ansioso por esquecerse do asunto e acabar dunha vez cos remorsos que lle produce.
Anda a apañar nos tomates, que é do que vive, mais logo virá xa que ten que coidar da tía que está na cama hai dous anos.
Gústalle tanto o baile que soña con ser un cantante famoso e saír na televisión.
Lembreime de ti porque seica tes influencia no consello de administración.
Olla o neno, está agarrado á mesa roendo nunha onza de chocolate e xa tirou co pan ao chan.
Deixa de bater na porta e tocar a campaíña que vas abouxar os veciños.
Non estou contenta ... o coche, estou disposta ... cambialo ... outro, se o podo mercar ... mesmos cartos.
O vaqueiro sacou ... pistola e preparouse ... o asalto.
Entón non se preocupaba ... nada, só tiña interese ... pasalo ben.
Sorprendeuse ... a miña xogada e púxose ... mirar ... o compañeiro .... cara seria.
Fixo un estudo ... o subsolo ... a bisbarra e viu que era pobre ... ferro e carbón.
Manqueime ... unha perna e non teño ganas ... traballar nin creo que fose beneficioso ... a ferida.
Xa están fartos ... loitar .... o racismo, mais teñen .... continuar aínda moito tempo.
Os que falaron mal ... el, que se ateñan ... as consecuencias e se deixen ... andar ... a orella agachada.
Hai un señor que pregunta ... Pedro, quere falar ... el ... participaren xuntos ... un negocio.
Está ansioso ... esquecerse ... o asunto e acabar dunha vez ... os remorsos que lle produce.
Anda ... apañar ... os tomates, que é ... o que vive, mais logo virá xa que ten que coidar ... a tía que está ... a cama hai dous anos.
Gústalle tanto o baile que soña ... ser un cantante famoso e saír ... a televisión.
Lembreime ... ti porque seica tes influencia ... o consello ... administración.
Olla o neno, está agarrado ... a mesa roendo ... unha onza de chocolate e xa tirou ... o pan ... o chan.
Deixa ... bater ... a porta e tocar a campaíña que vas abouxar os veciños.