ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Preposición. Exercicio 4: a, ante/perante, entre, tras, baixo


  1. Ante/perante: en presenza de.

  2. Ante/perante: situación fronte; ou tras: situación na parte traseira.

  3. Tras: situación na parte traseira.

  4. Ao: introduce o obxecto indirecto.

  5. Entre: reciprocidade.

  6. Á: punto final dun movemento.

  7. Entre: situación intermedia.

  8. Ás: coincidencia temporal.

  9. Entre: participación conxunta.

  10. Entre: suma de elementos.

  11. Á: introduce o obxecto directo de persoa.

  12. Ao: situación nun lugar.

  13. A: nexo dunha perífrase.

  14. Baixo: de acordo con.

  15. Ante/perante: en presenza de.

  1. Iso dismo fóra e ... testemuñas.

  2. Deixeicho ... a porta para que non o vexan.

  3. Esconde os zapatos ... a porta.

  4. Os alemáns déronlle unha propina ... o porteiro.

  5. Nunca se entenderon moi ben ... eles.

  6. Viñeron cear ... a miña casa.

  7. Taboada está case a medio camiño ... Lugo e Ourense.

  8. O partido do Teucro comeza ... as cinco e media.

  9. Para que saia ben hai que facelo ... todos.

  10. ... hoxe e mañá pouco vai quedar sen arar.

  11. Atopei ... a María moi mellorada.

  12. Pono ... o sol para que seque.

  13. Púxose ... cantar unha aria.

  14. ... este punto de vista todo parece marabilloso.

  15. Non te volvas presentar ... min tan desleixado.


Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com