ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Preposición. Exercicio 5: con, de, so


  1. De: situación no tempo.

  2. De: situación no tempo; da: relaciona o substantivo co adxectivo.

  3. Coas: oposición; coas: oposición.

  4. De: modo.

  5. Con: causa.

  6. De: materia.

  7. Con: modo.

  8. De: procedencia; de: partitivo.

  9. Cun: instrumento.

  10. Das: posesión.

  11. Coas: compañía; de: partitivo.

  12. So: inferioridade en sentido abstracto.

  13. Connosco: preposición rexida polo verbo; de: materia de que se trata.

  14. Coa: preposición rexida polo verbo; de; preposición rexida polo verbo.

  15. Coa: preposición rexida polo verbo; do: preposición rexida polo verbo.

  1. Agora mudou de oficio e traballa ... día.

  2. Érguese ... noite e marcha arranxarlle a casa á boa ... a tía.

  3. Onte xogaron ... as de Celanova e hoxe ... as de Bueu.

  4. Se te pos ... costas non ves o monitor.

  5. ... esta viruxe non hai quen se atreva a saír.

  6. Regaláronme un reloxo suízo ... ouro.

  7. Anda ... tino, que pisas terreo perigoso.

  8. Veño ... Pontevedra, fun ver os touros e comer algo ... marisco.

  9. Tiveron que levantar o coche ... un guindastre.

  10. Aquel veleiro é ... as miñas irmás.

  11. Está ... as fillas pasando uns días e tomando un pouco ... aire.

  12. Prohibido cazar ... pena de prisión menor.

  13. Terás que cangar ... nós, que sempre estamos a falar ... fútbol.

  14. Falei ... a profesora e cambiou ... parecer.

  15. Cando empeces ... a obra non abuses ... o viño.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com