ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Preposición. Exercicio 2: ata, deica, contra, cara a


  1. Cara a: cantidade aproximada.

  2. Cara a: en dirección a.

  3. Cara/contra: mirando a.

  4. Contra: oposición.

  5. Cara a/contra: aproximación no tempo.

  6. Cara a/contra: aproximación no espazo.

  7. Ata/deica: límite temporal.

  8. Ata: límite temporal.

  9. Ata/deica: límite temporal..

  10. Ata: límite de cantidade ou cara a: aproximación.

  11. Cara a/contra: aproximación no espazo.

  12. Ata/deica: límite no espazo.

  13. Contra: oposición.

  14. Cara a: en dirección a ou ata: límite no espazo/deica: fin dun movemento.

  15. Cara a: en dirección a.

 

  1. Habería ... cincuenta mil cabezas de gando.

  2. Agora a volta ciclista vai ... Lugo pola N-VI.

  3. Entón poñían os nenos de xeonllos ... a parede.

  4. Mañá xogan ... os de Peroxa.

  5. O Sol sairá ... a seis.

  6. Cariño está ... Ortigueira.

  7. Marcho, que é tarde; ... mañá.

  8. Estivemos a sachar na viña ... as nove e cuarto.

  9. Faltan unhas cinco horas ... a chegada do avión.

  10. Hai ... trinta deputados dispostos a votaren afirmativamente.

  11. Pois querían pór unha central nuclear alá ... Xove.

  12. Hai uns douscentos quilómetros ... a casa máis próxima.

  13. Sempre andaban en guerras ... os franceses.

  14. Foi andando ... o peirao e non cansou.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com