ogalego.eu
Erica Esmorís
De catro a catro, Manuel Antonio
A Basilio Álvarez, Ramón Cabanillas
qr
Foto: Érica Esmorís, escritora e amiga de ogalego.eu

Poema comentado para alumnado de Literatura Galega

ogalego.eu // ogalego.gal son  Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados

1.- Ver o vídeo co poema explicado:

 

Ou tamén se pode ver en versión swf co navegador: descargar


2.- Reler o texto:

Midi le juste y compose de feux.
La mer, la mer toujours recommencée!

Paul Valery, Cemitière marin

SOL-POR

Acorado e roibo   
durmíase o día  
coa testa deitada  
no colo da ría. 

  As campás beatas
no ceo bulían 
rezando rosarios 
á Virxen María.

  Bogando nas nubens 
cara o ceo ían 
envoltas nos ouros 
do sol que morría. 

  Polo mar, as velas 
eran folerpiñas, 
que da lúa aberta 
nas ágoas caíran. 

  Da beira do río 
chegaban cantigas 
choutando nas leiras 
molladas de risas. 

  Preto do hourizonte 
estrelas obrizas 
frotaban os ollos 
tirando a preguiza. 

E bicando os lonxes 
as foulas ispidas
ó alén nevaban 
de limpas surrisas. 

  Un outo aturuxo 
voando fuxía. 
E os bosques lonxanos 
noite revertían.

 Amado Carballo, Proel, 1927


3.- Se existe a posibilidade de observar a posta do sol desde a casa, pararse a observar. Se non é posible ver na Internet postas de sol.


4.- Escrita: un lugar imaxinario na paisaxe que nos gusta, descrición de todos os elementos humanos, animais, da natureza que contemplamos nun solpor. Que música nos acompañaría?

2005-2024
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.