Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal- |
Un poema de amor para loitar contra o coronavirus: Xaneiro, 1972. II (Moraima), Celso Emilio Ferreiro.
1.- Ver o vídeo co poema explicado:
Ou tamén se pode ver en versión presentación de diapositivas: descargar
2.- Reler o texto:
XANEIRO 1972, II
O pan é máis útil que a poesía, pro ¿como comer o pan sen o compango da poesía?. A.S.
Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.
Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.
Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non dicir Moraima.
Celso Emilio Ferreiro
3.- Investigar as historias de amor da familia, preguntar a pais, avós, tíos... que nos novelen as súas historias de amor
4.- a) Escribir un texto (ou gravar un texto) coas historias de amor coñecidas.
b) Investigar na rede historias ou poemas de amor.
2005-2021 |
|