ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

1. Saír a fume de carozo

2. Non ter unha fala máis alta que outra

3. Escoller como en peras

4. Poñer o carro diante dos bois

5. Asar a manteiga na punta dun guizo

6. Dar coa porta nos fociños

7. Dar couces contra o aguillón

8. Esas son fabas contadas

9. Ser un cu de mal asento

10. Entre o coiro e a carne

11. Botar os fígados

12. Verlle as orellas ao lobo

13. Andar coa mosca tras da orella

14. Dar unha no cravo e outra na ferradura

15. Facerlle a cama a alguén

1. Saír o máis rápido que se pode.

2. Non alterarse por nada, ser comedido.

3. Elixir o que se queira e como se queira.

4. Facer algo moi á présa, antes do debido ou ao revés

5. Obstinarse con algo imposíbel

6 Despedir de má maneira

7. Tentar facer algo imposíbel

8. Tratarse de algo que escasea moito

9. Non acougar en ningures

10. No máis vivo, no que máis doe

11. Traballar ou esforzarse demasiado

12. Estar desconfiado, temendo algo

13. Ver os perigos, os males de algo

14. Ir mesturando o bo e o mao

15. Preparar todo para que algo saia mal

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com