ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

4. Indicar o significado da locución remarcada

Dáse unha posíbel explicación, pode haber outras.

  1. Naquel sitio o sol quentaba moito.

  2. Iso é imposíbel.

  3. Xa podes irte preparado.

  4. Un sol abrasador.

  5. Desde a guerra non conseguiu sobreporse.

  6. A ese hai que lle dicir a verdade claramente calquera día.

  7. Déixao, que hoxe non ten humor para nada.

  8. Sempre se foi amañando co que lle daban os tíos e agora dá gusto velo.

  9. Cando viu que o caixeiro morreu, desapareceu.

  10. Mentres coidas das ovellas, eu vou beber á casa.

  11. Antes non se levaban ben, agora respéctanse unha á outra.

  12. Primeiro enganáronte e agora déixante tirado.

  13. Ese libro non ten interese aínda que o profesor o eloxiou moito.

  14. Creo que ese libro é moi vello.

  15. Deixa pasar uns anos e verás como todo desaparece, e acaba morrendo só.

  16. Como non cambie de actitude, vai levar un chasco.

  17. Curar, curaches; mais quedaches moi delgado.

  18. ¡Que barbaridade! Mellor che sería estares calado.

  19. Iso é unha trapallada, non interesa.

  20. Vai andando se queres, mais haiche un anaco bo.

 

  1. Naquel sitio o sol aburaba as pedras.

  2. Iso é como coller auga nun cesto.

  3. Xa podes ir botando a barba a remollo.

  4. Un sol deses que fai abrandar as pedras.

  5. Desde a guerra non ergueu cabeza.

  6. A ese hai que lle acusar as corenta calquera día.

  7. Déixao, que hoxe non está para festas.

  8. Sempre se foi gobernando co que lle daban os tíos e agora dá xenio velo.

  9. Cando viu que o caixeiro estarricou a pata, tragouno a terra.

  10. Mentres ti miras polas ovellas, eu vou mollar a palleta á casa.

  11. Antes estaban como o can e o gato, agora téñense lei unha á outra.

  12. Primeiro déronche gato por lebre e agora déixante na estacada.

  13. Ese libro é todo palla aínda que o profesor o puxo polas nubes.

  14. Dáme o corpo que ese libro é mais vello que andar a pé.

  15. Deixa pasar uns anos e verás como todo se vai en fume, e acaba morrendo como un can.

  16. Como non cambie de actitude, vai levar cachote.

  17. Curar, curaches; mais quedaches feito unha espiña.

  18. Outra vaca no millo! Mellor che sería estares calado.

  19. Iso é un farrapo de gaita, non interesa.

  20. Vai andando se queres, mais haiche a carreiriña dun can.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com