ogalego.eu // ogalego.gal son Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, catedráticos de L. e Lit. Galega xubilados |
SUBSTANTIVO-ADXECTIVO
0.- Identificar substantivos e adxectivos
1.- Colocar o artigo
5.- Poñer en plural
6.- Frases en plural
7.- Completar frases
10.- Comparativos
11.- Traducir do castelán
0.- Identificar os substantivos e adxectivos do texto
MIL PRIMAVERAS
Se a lingua galega fose só o que din os sociolingüistas, unha “lingua B minorizada afectada de diglosia en fase de desaparición mediante un proceso de aculturación” non sei se me animaría a escribila. Afortunadamente non o é, ou non o é fundamentalmente. É tamén a lingua de Rosalía, e de Cunqueiro, a do camareiro que me trae este café, a da miña nai, a miña, e a daquel corvo dun bar de Belvís ao que lle aprenderan a dicir “quero tortilla”. Creo que este é o perigo de problematizar excesivamente as cousas: que un acaba aprazando o seu gozo ata que os problemas se resolvan. Esta é a miña humilde reflexión para este Día das Letras Galegas.
O temor a que unha lingua desapareza é coma o temor á morte: é o medo anticipado a algo que sucederá igualmente (aínda que tamén se podería argumentar que a estatística non exclúe a posibilidade de que sexamos inmortais: toda a xente que existiu na Historia, un seis por cento non morreu aínda). O galego desaparecerá sen dúbida. O español tamén, e tamén o inglés. As linguas son organismos vivos e polo tanto están programadas para extinguirse. Pero co temor á morte dunha lingua pasa coma co temor á nosa propia morte: que pode acabar converténdose nunha obsesión que nos impide gozar do que non é morte e que precede á morte, que é a vida. A lingua galega está aquí e está ben viva mil anos despois de impoñerse á que había antes e que tamén morreu. Pode ter problemas de estatus e de saúde (tamén os teñen os que a falan) pero non hai que contemplala a cada paso como se contempla un doente agonizante. Pódese promover máis, pódese divulgar mellor, pero non debemos confundir o idioma coa política lingüística.
Por iso, precisamente Cunqueiro, con moita sensibilidade, pedía para o galego só “mil primaveras máis”. Eran as que tivera antes ca el. Para min, na frase o importante non é o número de anos senón a cuestión das “primaveras”. Coas linguas, coma coas persoas, non se debe aspirar á inmortalidade, que é unha aspiración que non conduce máis ca á melancolía. Ao que hai que aspirar é á calidade de vida, o que antes se chamaba felicidade. Gocemos do que temos e non nos laiemos tanto, non sexa que lle suceda ao galego o que lles sucede aos enfermos de verdade: que cando se lles ofrece unha e outra vez a extremaunción, acaban morrendo de verdade.
Miguel Anxo Murado, Escrito en cafeterías, Galaxia, 2014. pp. 27-28
Corrección completa do exercicio 0
1.- Poñerlles o artigo a cada unha destas palabras
a) Corrección completa do exercicio 1
b) Escoitar o exercicio corrixido:
2.- Indicar o nome da árbore que produce os seguintes froitos:
a) Corrección completa do exercicio 2
b) Escoitar o exercicio corrixido:
a) Corrección completa do exercicio 3
b) Escoitar o exercicio corrixido:
4.- Explicar as diferenzas entre os seguintes pares de palabras
Corrección completa do exercicio 4
5.- Poñer as seguintes palabras en plural
a) Corrección completa do exercicio 5
b) Escoitar o exercicio corrixido:
6.- Poñer en plural as seguintes frases
1.- Ese marroquí é un home que ten unha cultura moi diferente á occidental.
2.- O mércores sempre tomo un café tranquilamente ante a televisión sen ter o mandil posto e mentres fumo un cigarro, xa que é o único día que non debo traballar despois de xantar.
3.- O martes non vou á piscina municipal.
4.- Ese rei ditou unha lei sorprendente: obriga ao coronel e ao cónsul a presentárense o luns e o xoves ante a Comandancia da Garda Civil.
5.- O nivel cultural e económico desa familia é aceptábel: todos teñen anel e len algún libro cada semana.
6.- Ese val é moi fértil e agradábel, e ten de todo. Alí podes ver desde un pónei ou un boi pacendo ata un hindú xogando ao hóckey no xardín do hotel.
7.- Hai un farol municipal no parque infantil, mais como está fronte ao cuartel aínda se vai vendo.
8.- Ese can é un berrón, non fai máis que ladrar.
9.- O gol marcado polo xogador israelí non foi legal.
10.- Din que a estrela de mar non é hostil ao ollomol.
11.- Aquel monxe paúl meteu un libro no baúl de cor azul.
12.- No local social dese organismo tómase moito café.
13.- Puxo un pernil sobre a mesa e dixo que esa era a súa credencial.
14.- O rol desempeñado polo bemol no pentagrama é moi importante. Foi o que dixo ese doutor que é moi hábil no manexo do bisturí.
15.- Aquel capitel representa unha escena celestial.
16.- O martes sempre vén algún rapaz.
17.- O corazón senil tamén pode ser pasional.
18.- O lacón está moi caro segundo o prezo oficial.
19.- Teño que mercar tea para un lenzo branco e un calzón azul.
20.- É un edil admirábel segundo o editorial do xornal dominical.
21.- O e pode ser unha vogal aberta ou fechada.
22.- É unha flor común e fácil de atopar en calquera verxel.
23.- Cacei unha perdiz naquel piñeiral.
24.- Esa fábrica téxtil ten unha parede anil.
25.- Crese que o pardal é capaz de cantar unha hora enteira.
26.- Pon o mantel da mesa grande e vai traendo o pemento cru.
27.- Non me gusta ese cartel, é igual que o do ano pasado e ten unha cor insufríbel.
28.- O caracol de meu irmán gañou o campionato mundial, foi o máis áxil e dócil.
29.- A explosión foi provocada por un gas letal.
30.- A abertura gradual de oficinas bancarias farase tendo en conta a situación da sucursal existente.
31.- Algún proceso febril esixe un tratamento delicado.
32.- Con ese pincel tan mao non vas poder pintar o bergantín que se ve nese libro.
33.- Sempre foi un amoral e un intratábel no asunto mercantil.
34.- O antigo guaraní era moi vital e sempre andaba nu.
35.- Nunca vin home máis papón e lacazán.
36.- Sempre será un heroe ocasional o que resolva a situación de perigo.
37.- Estableceu un símil moi difícil de comprender.
38.- Non me convencerás con esa razón.
39.- Tiña un oficio moi raro, andaba á caza do saltón e íao metendo nun fardel, pero el dicía que lle daba cartos.
7.- Colocar nos ocos as palabras que van entre parénteses fixándose no xénero e número que lles corresponda, engadindo os artigos e facendo as contracción necesarias
Por exemplo, entraron catro ............de ........... (camión, leite, fresco): entraron catro camións de leite fresco
a) Corrección completa do exercicio 7
b) Escoitar o exercicio corrixido:
8.- Indicar os superlativos sintéticos dos seguintes adxectivos
9.- Indicar todas as formas de superlativo que se coñezan
Por exemplo, rico: riquísimo, moi rico, rico abondo, ben rico, superrico, requeterrico, ten cartos como millos, etc.
bo
parvo
verde
custoso
mao
fácil
branco
enfermo
groso
louco
negro
canso
10.- Completar as frases coas formas do comparativo que teñan sentido
a) Corrección completa do exercicio 10
b) Escoitar o exercicio corrixido:
1. El color rojo es mi preferido, tengo la costumbre de ponerme ropa muy original.
2. Enciende ya el fuego para calentar la leche, la miel y las legumbres del almuerzo.
3. Como aquí llueve mucho en el arte gallego está muy presente el agua y sus colores.
4. El origen del problema está en el orden en que declaraban los testigos.
5. Yo distingo los castaños, los manzanos, los perales y las higueras; pero no los almendros, los naranjos y los cerezos.
6. Se parece a su madre en la nariz, la sonrisa y unha señal en la frente y supongo que su sangre será muy similar.
7. El fraile comentó que el yerno le trató siempre como a un perro y le cargaba de trabajo como a una yegua.
8. La reina paró en Xinzo y se comió unha codorniz de primero, ancas de rana de segundo.
9. Estaban una catalana, una alemana y una orensana discutiendo quién era mejor ciudadana, máis cristiana y de moral sana.
10. Los generales españoles compraron miles de fusiles y puñales, cañones, aviones, misiles, para conquistar una ciudad llena de hoteles.
11. Con tales leyes non se protegen las pieles de los animales salvajes de algunos países africanos.
12. Se ha hecho un análisis para determinar la dosis de antibiótico que debe tomar para vencer su amigdalitis.
13. Desde su garage se puede empezar un hermoso viaje por el paisaje costero que se recoge en un cortometraje televisivo.
14. Dimitió por darle una coz a un diputado y gritarle que tenía dos baúles azules llenos de dinero negro procedente de los controles comunitarios.
15. Para evitar la cárcel por los avales bancarios vendió unos anillos y unas diademas de la dote de su abuela.
16. Después se descubrió que la ladrona era una joven que había sido campeona de atletismo del margen izquierdo da la Ría de Vigo.
17. La labor de extraer sal marino y subirlo a la cumbre en la que está la villa fue cosa de personas casi gigantonas.
18. Las cuestiones eran fáciles y ellas eran ágiles respondiendo. La primera era sobre símiles, la segunda sobre túneles de velocidad.
19. La niña china coge una sola zanahoria cruda y se la come entera.
a) Corrección completa do exercicio 11
b) Escoitar o exercicio corrixido:
2005-2024 |
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional. |