ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Demostrativo. Exercicio 2: valores das formas


  1. Aquel: substantivo, aspecto, aparencia.

  2. Aquel: substantivo, motivo, causa.

  3. Aquel: substantivo, xeito, graza.

  4. Aquel: substantivo, encanto, graza.

  5. Aquela: substantivo, coidado, tino.

  6. Aquela: substantivo, interese.

  7. Aquela: substantivo, coidado, agarimo.

  8. Aquela: substantivo, aspecto, defecto.

  9. Aquela: substantivo, motivo, causa.

  10. Ese: despectivo.

  11. Iso: despectivo.

  12. Daquela: adverbio, naquel tempo, entón.

  13. Daquela: adverbio, antes, entón.

  14. Daquela: ilativo, pois logo.

  15. Estas: adverbio, de repente.

  16. Nisto: adverbio, de repente, con estas.

  17. Nestas: adverbio, de repente.

  18. Daquela: adverbio, naquela ocasión, aquela vez.

  19. Daquela: adverbio, conxunción: xa que logo.

  20. Aquel: substantivo, motivo, causa.

  21. Aquela: substantivo, interese.

  22. Aquel: substantivo, énfase, interese.

  23. Por esas: adverbio, así.

  24. Esa: enfatizador.

  25. Estas: substantivo, idea ou cousa extravagante.

  1. Ten un aquel que namora.

  2. Co aquel da festa non foi á clase.

  3. A túa compañeira si que ten aquel.

  4. Esa saída graciosa si que ten aquel.

  5. Sempre tratou os libros con moita aquela.

  6. Ese filme non ten aquela ningunha.

  7. Hai que ver con que aquela trata o mozo.

  8. É bo rapaz, mais ten unha aquela que o fai moi feo.

  9. Coa aquela do accidente quedaron todos apesarados.

  10. O individuo ese non me engana a min.

  11. Iso non é un mozo, é un farrapo.

  12. Daquela aínda ti eras pequena.

  13. Cando veu daquela, estábache mellor conservado.

  14. Daquela déixocho na conserxería.

  15. E con estas, esfumouse en cuestión de segundos.

  16. Nisto deixou de chover e saíu o “Lourenzo” todo esplendoroso.

  17. Nestas entra a directora de moi mal xenio.

  18. Conta o que che pasou daquela.

  19. Daquela imos hoxe ao teatro, ver unha versión de O lapis do carpinteiro.

  20. Co aquel do partido do Celta saíron antes da hora.

  21. Véxolle pouca aquela a esta programación.

  22. Con que aquel me contaba as súas aventuras en África!

  23. Non o vas conseguir nin por esas!

  24. Esa si que che foi boa, cóntalla a outro!

  25. E ti agora vésme con estas, anda, vai rañar a barriga por aí!

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com