Ramón Piñeiro, homenaxe de ogalego.eu
Desvíos
Ortografía
QR
Foto: Ramón Piñeiro, intelectual galego

Anxo González Guerra // Vitoria Ogando Valcárcel -ogalego.eu // ogalego.gal-

FONEMÁTICA

1.- Indicar se a vogal tónica media é aberta ou fechada: I e II
2.- Sinalar ditongos e tritongos
3.- Definición de fonemas
AXUDA teórica?

1.- Indicar se a vogal tónica e/o é aberta ou fechada (semiaberta ou semifechada) -están sen acento diacrítico-

toca: do verbo tocar

toca: que lle falta unha man

pega: do verbo pegar

pega: paxaro

fora: tiña sido

fora: na parte exterior

roda: especie de sacho

roda: dá voltas; peza circular

abella: a que produce mel

avella: do verbo avellar

oso: animal plantígrado

oso: parte do corpo

polo: o norte ou sur

polo: galo

bola: de pan

bola: esfera

ves: do verbo ver

ves: do verbo vir

pe: letra

pe: extremidade inferior

mollo: presente de mollar

mollo: feixe

rego: cal, suco

rego: presente de regar

besta: animal

besta: arma

corda: asisada

corda: cordel

podo: do verbo poder

podo: do verbo podar

corvo: paxaro

corvo: que ten curva

mes: parte do ano

mes: cereais

choro: do verbo chorar

choro: pranto, salouco

presa: rapidez

presa: prendida ou manchea

Corrección do apartado

2.- Indicar se a vogal tónica e/o é aberta ou fechada (semiaberta ou semifechada)

  1. Veño algo canso e agora quero descansar tombado nese sofá.
  2. Agarda, que logo chega o home e el vaite pór ao tanto dos problemas que apareceron.
  3. Onde estabas onte cando botaron pola televisión as cancións máis populares deste inverno?
  4. O teu vello xa non rexe ben; non é raro, ¡con tantas doenzas como leva no corpo!
  5. Hoxe veu cedo e atopou as portas do centro abertas.
  6. Non poñas cara de ferreiro que non cho fixemos á teima, foi sen querer.
  7. Colle os papeis que tes na mesa da esquerda e lévaos para o despacho do director-xefe.
  8. Para vela ben hai que acender unha vela e tela acesa todo o tempo; ti tela só uns segundos e non ves nada.
  9. Creo que me colleu o sol esta tarde, foi por non me meter debaixo do paraugas.
  10. As ciencias modernas teñen abertos novos camiños de experimentación grazas ao teu invento.
Corrección do apartado

3.- Sinalar os ditongos e tritongos indicando se son crecentes ou decrecentes

  1. Á beira do río non te deites, que hai moita lentura e poderías pillar unha doenza.
  2. Luís saíu moi cedo á rúa e topou coa curmá de Matías.
  3. Cambiou de música e constituíu a maior gaiteirada diúrna do Paraguai.
  4. Partiu como puido toda a leña do souto aínda que non tiña experiencia.
Corrección do apartado

4.- Definición de fonemas

  1. Quen vén hoxe?
  2. Mañá chove seguro
  3. Unha guerra feroz
Corrección do apartado
2005-2017
Licenza Creative Commons
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.