»Fonética e fonoloxía
»Exercicio 3

Exercicio 2. Fonética e fonoloxía: Indicar as abertas e pechadas


En vermello as abertas

 

  1. Veño algo canso e agora quero descansar tombado nese sofá.
  2. Agarda, que logo chega o home e el vaite pór ao tanto dos problemas (as dúas posibilidades) que apareceron.
  3. Onde estabas onte cando botaron pola televisión as cancións máis populares deste inverno?
  4. O teu vello xa non rexe ben; non é raro, ¡con tantas doenzas (as dúas posibilidades) como leva no corpo!
  5. Hoxe veu cedo e atopou as portas do centro abertas.
  6. Non poñas cara de ferreiro que non cho fixemos á teima, foi sen querer.
  7. Colle os papeis que tes na mesa da esquerda (as dúas posibilidades) e lévaos para o despacho do director-xefe.
  8. Para vela ben hai que acender unha vela e tela acesa todo o tempo (as dúas posibilidades); ti tela uns segundos e non ves nada.
  9. Creo que me colleu o sol (as dúas posibilidades) esta tarde, foi por non me meter debaixo do paraugas.
  10. As ciencias modernas teñen abertos novos (as dúas posibilidades) camiños de experimentación grazas ao teu invento.
ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com