Exercicio 9. Verbo 1. De copretérito a pretérito
Eu non puiden con aquel saco de cemento.
Cando ela quixo, puxo unha cara de defunto estarrecedora.
Daquela nunca dixestes unha verdade.
Segundo ti, eu fun o que mellores notas levou/levei.
Como non lle coubo todo na botella, bebeu o sobrante.
Como non puidestes conseguilo, non vos interesou.
Como fomos de vagar, non nos molestou a xeada.
Cando a situación se recompuxo, houbo unha nova crise mundial.
Cando me contradixeron, saltáronme os nervios.
Non souben eu o que pasou de alí en diante.
Fuches ao traballo cando te avisei da folga.
Mentres trouxemos os tixolos, eles foron facendo a masa.
Vin eu tan despistado, que batín de fociños cun semáforo.
En 1963 Alba tivo unha casiña na Lanzada.
Como non conviñemos nada, disolveuse a xuntanza.
Eu non podía con aquel saco de cemento.
Cando ela quería, puña unha cara de defunto estarrecedora.
Daquela nunca diciades unha verdade.
Segundo ti, eu era o que mellores notas levaba.
Como non lle cabía todo na botella, bebeu o sobrante.
Como non podiades conseguilo, non vos interesaba.
Como iamos de vagar, non nos molestaba a xeada.
Cando a situación se recompuña, houbo unha nova crise mundial.
Cando me contradicían, saltábanme os nervios.
Non sabía eu o que pasaría de alí en diante.
Ías ao traballo cando te avisei da folga.
Mentres traïamos os tixolos, eles ían facendo a masa.
Viña eu tan despistado, que batín de fociños cun semáforo.
En 1963 Alba tiña unha casiña na Lanzada.
Como non conviñamos nada, disolveuse a xuntanza.
2005-2022 |