Exercicio 10. Verbo 1. De futuro para presente
Logo veño polos resultados.
Non cabe todo dentro da caixa.
Xa dá o Paio o sinal acordado.
Dino todo, sen ocultaren nada.
Fas unha ponte para acurtar o camiño.
Estes fan sempre as cousas ao revés.
Non teño máis remedio que esquecelo.
Saben moito, mais non o demostran.
Vou en avión que é moito máis rápido.
Propomos que renuncie a directiva actual.
Logo virei polos resultados.
Non caberá todo dentro da caixa.
Xa dará o Paio o sinal acordado.
Dirano todo, sen ocultaren nada.
Farás unha ponte para acurtar o camiño.
Estes farán sempre as cousas ao revés.
Non terei máis remedio que esquecelo.
Saberán moito, mais non o demostran.
Irei en avión que é moito máis rápido.
Proporemos que renuncie a directiva actual.
2005-2022 |