ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 4. Substantivo e adxectivo: pares de palabras


bolso: o de man –bolsa: en xeral

caldeiro: forma troncocónica, para líquidos –caldeira: máis xeral

cancelo: máis pequeno –cancela: máis xeral

caxato: máis xeral –caxata: feita dunha póla

coiro: xeral –coira: pel dun animal

cuartillo: medida –cuartilla: folla de papel

fouciño: de folla máis pequena –fouciña: de folla máis grande

leño: unha unidade –leña: colectivo de leño

machado: máis grande –machada: máis pequena

peso: xeral –pesa: medida de peso

pipo: máis pequeno –pipa: máis grande

porto: o de mar ou montaña –porta: a da casa

pozo: de boca estreita –poza: de boca ancha

rato: máis pequeno, o de campo –rata: máis grande, a do lixo (animais diferentes)

río: corrente de auga –ría: brazo de mar que entra na terra

saco: boca máis estreita –saca: boca máis ancha

teto: mama do ubre dunha vaca, porca...–teta: mama das femias dos mamíferos

tixolo: máis pequeno e con buratos para asar –tixola: a utilizada para fritir

vasoiro: grande e usado nos fornos –vasoira: máis pequena e para a casa

viño: líquido tirado das uvas –viña: lugar onde hai vides

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com