ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Posesivo. Exercicio 1


  1. Os teus falcóns son bos cazadores.

  2. As súas camisas están esfarrapadas.

  3. As túas chaquetas son de la.

  4. As nosas medias son moi finas.

  5. Non encontro os meus xerseis.

  6. Aínda non recolleron os seus calzóns.

  7. As súas saias son vermellas.

  8. Empréstame o teu abrigo.

  9. Podes pendurar aí o seu chapeu.

  10. Bota na pía de lavar os teus calcetíns.

  11. A túa gravata é negra.

  12. Os vosos suxeitadores xa están enxoitos.

  13. As nosas calzas son de boa calidade.

  14. Podes pór a súa bata.

  15. A nosa casaca está raxada.

  16. As vosas mandiletas teñen unhas cores moi sufridas.

  17. O teu cinto é de coiro.

  18. Puxen unha flor na súa lapela.

  19. Son bos cazadores eses furóns teus/eses teus furóns.

  20. Aqueles compañeiros teus estiveron por aquí.

  21. Aqueles rapaces eran amigos seus.

  22. Onte viñeron os meus avós/meus avós de Montevideo.

  23. A túa tía/túa tía é millonaria.

  24. A súa esposa está doente desde hai un mes.

  25. Iso é cousa túa.

  26. Foi culpa súa.

  27. Sempre vai diante túa.

  28. Estaba alí mesmo, por debaixo nosa.

  29. Non o ves, e iso que está detrás vosa.

 

  1. (falcóns de ti) ... son bos cazadores.
  2. (camisas del) ... están esfarrapadas.
  3. (chaquetas de ti) ... son de la.
  4. (medias de nós) son moi finas.
  5. Non encontro ... (xerseis de min).
  6. Aínda non recolleron ... (calzóns deles).
  7. (saias delas) ... son vermellas.
  8. Empréstame ... (abrigo de ti).
  9. Podes pendurar aí ... (chapeu dela).
  10. Bota na pía de lavar ... (calcetíns de ti).
  11. (gravata de ti) ... é negra.
  12. (suxeitadores de vós) ... xa están enxoitos.
  13. (calzas de nós) ... son de boa calidade.
  14. Podes pór ... (bata dela).
  15. (casaca de nós) ... está raxada.
  16. (mandiletas de vós) ... teñen unhas cores moi sufridas.
  17. (cinto de ti) ... é de coiro.
  18. Puxen unha flor ... (en lapela del).
  19. Son bos cazadores eses ... (furóns de ti).
  20. Aqueles (compañeiros de ti) ... estiveron por aquí.
  21. Aqueles rapaces eran ... (amigos delas).
  22. Onte viñeron ... (avós de min) de Montevideo.
  23. (tía de ti) ... é millonaria.
  24. (esposa del) ... está doente desde hai un mes.
  25. Iso é ... (cousa de ti).
  26. Foi ... (culpa de ti).
  27. Sempre vai diante ... (de ti).
  28. Estaba alí mesmo, por debaixo ... (de nós).
  29. Non o ves, e iso que está detrás ... (de vós).
Posesivo
»Exercicio 1
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com